O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

MAIOS 2010 (III): As coplas de Infantil
ASÍ EMPEZOU TODO:



E APARECERON OS DE TRES ANOS...


OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS TAMÉN O FIXERON XENIAL:


¿E OS DE CINCO? POIS... ¡ESPECTACULARES!


Comentarios (1) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 15-05-2010 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
MAIOS 2010 (II): Coplas e baile
Aquí están dous dos momentos estelares da nosa celebración dos Maios: as coplas de sexto e o baile das cintas. ¡DISFRUTADE!




¡Un traballo excelente! ¡PARABÉNS!


Comentarios (3) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 15-05-2010 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
MAIOS 2010 ( I )
O pasado venres, día 7, celebramos no noso cole a festa dos MAIOS, despois dunha semana de traballo na que recompilamos información sobre a orixe, costumes e distintos xeitos de celebración desta festa, na que elaboramos coplas, aprendemos un complicado baile con cintas e construimos un maio tradicional. Como a choiva non nos permitiu facer uso dos patios, reunímonos no ximnasio para celebrar todos xuntos a chegada da primavera. Este ano houbo varias sorpresas: "maios humanos" e un fermoso baile con cintas ao compás da gaita galega, que tocou primorosamente o noso mestre de cerimonias, o profe Toniño, que como ben sabedes é compoñente do grupo "Treixadura", e que serviu como remate á celebración.
Moitísimas grazas ás familias pola súa asistencia ao acto e polas súas achegas para a construcción do maio.
Aquí tendes algunhas imaxes:




Se premes na imaxe de abaixo poderás ver máis fotos:

E estade atentos porque haberá máis información sobre esta xornada tan especial

E se queredes lembrar como foron os Maios do curso pasado só tendes que premer aquí: MAIOS E VUVOX
Comentarios (2) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 08-05-2010 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
BUSCANDO O CAMIÑO DE SANTIAGO
Para que disfrutedes canto antes do visionado dos vídeos do entroido tiven traballando día e noite a toda a miña roedora familia, incluidos Rato Pérez, Gerónimo Stilton, Ratatouille e algúns máis que queren permanecer no anonimato. E aquí tendes a historia de Santiaguiño e uns despistados viaxeiros e viaxeiras que non atopan o seu camiño...




Moitas grazas ao profe Toniño, creador e organizador do evento; ao profesorado e alumnado, que participaron e colaboraron con entusiasmo; aos membros da Anpa, esforzados socorristas que nos salvaron do tiburón e prepararon unha estupenda merendola; e moitísimas grazas ás familias pola súa contribución de riquísimos doces de Entroido, pola súa masiva asistencia e polos seus garimosos aplausos.



Comentarios (8) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 19-02-2010 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
DESPEGAMOS!!!
Xa ía sendo hora de ver a reportaxe do Entroido deste ano, que vai pasar á historia como o máis trouleiro e divertido de cantos hai. Dende logo vimos cousas ben rariñas, aínda que con iso do Xacobeo non é de estrañar que tanta xente andase a buscar o "camiño". E, claro, o mellor para as viaxes é unha boa compañía aérea cun experto comandante e unha avezada tripulación.
Mágoa que non entendamos as instruccións que nos dan por culpa de tanto plurilingüismo, menos mal que sempre nos queda a linguaxe universal: as señas!!
Aquí vos deixo o primeiro capítulo dunha historia de camiños, "santiagos" e moitas risas.
Así empezou todo:




Comentarios (8) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 19-02-2010 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
SANTIAGO, O FIGURA
Nesta semana andamos tod@s moi atarefados por culpa dun meco moi "elegante" que se instalou na entrada do noso cole. Chámase Santiago "O figura" e non fai máis que lucir fachendoso o seu traxe e argallar "mandados". Sospeito que este personaxe tennos preparada unha boa para o venres pois, de cando en vez, vemos algún estraño peregrino despistado polos corredores. Pero, ¿que farán polo Mestres Goldar uns futbolistas vestidos de branco, uns virus "virosos", uns chilenos e uns cubanos? Non sei, non sei, pero este Santiago "O figura" tenme moi preocupado...


Ademáis, as familias xa empezaron a recibir unhas invitacións moi curiosas:
E por se fora pouco, "O figura" mandounos aprender esta canción e este baile, baixo ameaza de deixarnos sen Entroido:

¿Que vos parece? Isto é un pesadelo... E marcho correndo, que teño que aprender "O tiburón". ¡Vémonos mañá!

Bicos ratunos,
MIK


Comentarios (6) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 11-02-2010 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
CANTANDO E XOGANDO NO SAMAÍN

Aí chega O SAMAÍN e temos que ir preperándonos para pasar moito MEDOOOOO. As caveiras de cabaza xa están polos corredores do cole agardando a noite de difuntos. Aquí che deixo dúas cancións do grupo Mamá Cabra, moi boas para escorrentar as pantasmas, esqueletes, bruxas e curuxas todas. Apréndea de memoria para cantar e bailar o próximo venres.


LETRA


E despois de cantar podes XOGAR:


Comentarios (3) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 27-10-2009 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
CATAVENTOS E CÍA
Con moita ilusión e como despedida á súa permanencia no centro, todo o alumnado de Sexto de Primaria preparou a representación da obriña de teatro "Cataventos e Cía" de Celia Díaz Núñez, baixo a dirección da súa titora Mariluz.
Houbo dúas funcións: unha o xoves, día 18 pola tarde, para as familias e público en xeral; e outra, o venres 19 en horario lectivo, para os compañeiros e compañeiras do cole. En ambas o agradecido público aplaudiu a rabiar a posta en escena e o talento destes actores e actrices.
Queremos agradecerlles este fermoso agasallo a todo o grupo que, sen disimular a emoción, deixa o centro para incorporarse a unha nova etapa da súa formación.

MOITAS GRAZAS E MOITA SORTE!!




Comentarios (1) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 05-07-2009 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
REPORTAXE FESTIVAL FIN DE CURSO
Ubaldo, orientador do noso centro, fixo unha estupenda reportaxe do festival de fin de curso. Aquí vos deixo unha parte, podedes ver o resto no seu blog.

¡¡GRAZAS, UBALDO!!




O alumnado de sexto co profesorado do seu último ano no cole.

Desexamos que os anos que estiveron connosco permanezan no seu recordo e que ocupemos un recunchiño no seu corazón. Eles/elas están nos nosos.

Sorte a tod@s na etapa que comezades e que teñades moitos éxitos!!
BIQUIÑOS E ATA SEMPRE!!


PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS


Comentarios (6) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 01-07-2009 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
DE XIRA
Hoxe o alumnado de 5º e 6º foi ao Ceip Canicouva a cumplir co compromiso que tiñamos con este centro dende o curso pasado, no que fomos nós os anfitrións e recibimos e disfrutamos do bo facer duns prometedores actores e actrices. Pois ben, nos días anteriores á representación todo eran nervios e ensaios para que todo saíra á perfección. Por fin chegou o día e alá marcharon cheos de ilusión. O resultado foi magnífico, tal e como nos relata na súa crónica e reportaxe gráfica a nosa enviada especial, a profe Cristina:

Hoxe fomos de visita ó colexio "Canicueva".
Alá fomos toda a troup da
"vaca marela". Tíñamos un compromiso con eles dende o ano pasado, corresponder á súa xenerosidade visitándoos coas nosas "cousas" tal como eles fixeran. A acollida foi moi boa, e a pesar dos nervos e das présas, a nosa "vaca" (Hª da Astronomía) gustolle a todos/as e así nolo transmitiron.
Ao rematar, piscolabis para os rapaces e acompañantes e ¡de volta a casa!
(Esta cronista notou que os rapaces de hoxendía non están en forma, viñeron abafados/as todo o camiño de volta e chegaron -según eles- medio mortos)
Moitas grazas ao colexio Canicouva pola súa acollida e esperámolos o ano que vén.

E agora a reportaxe gráfica:



Reiteramos o noso agradecemento ao profesorado e alumnado do Ceip Canicouva .
ATA A PRÓXIMA!!

VER MÁIS FOTOS

Comentarios (0) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 22-05-2009 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0