O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FIN DE CURSO 14/15: CRÓNICA DUN DÍA MOI ESPECIAL
Hoxe tivo lugar no ximnasio do centro o acto de fin de curso co que finalizamos un ano cheo de novas experiencias e aprendizaxes, no que traballamos arreo pero no que tamén nos divertimos un montón. As familias acompañáronnos neste acto sinxelo no que afloraron unha morea sentimentos: alegría compartida, agradecementos, emotivas despedidas... Non é doado dicir adeus a un grupo de nenas e nenos que formaron parte da familia do Mestres Goldar durante tantos anos, pero desexámoslles a tod@s unha nova andaina feliz e fructuosa, chea de éxitos académicos e persoais.
E, por suposto, dámoslle unha agarimosa benvida aos nenos e nenas de sexto de E. Infantil xa que o vindeiro curso comezarán unha nova etapa na E. Primaria.
Aí vai a crónica deste día tan especial:
Comezamos coa entrega de diplomas e agasallos aos axudantes da biblioteca que, xenerosamente, estiveron desenvolvendo un traballo excepcional durante todo o curso:


A continuación, un saboroso aperitivo: catro fantásticas bailarinas de primeiro de EP
Despois, a GRADUACIÓN dos nenos e nenas de sexto de E. Infantil cun precioso baile incluído:
Afectuosas apertas e moitas bágoas coa GRADUACIÓN do alumnado de sexto de EP:
Un compañeiro de cuarto de EP ofreceulles unha fermosa peza coa gaita:
Como agradecemento, agasallaron aos profes que os tiveron nas súas aulas cunha rosa branca. Tamén Alfonso, o noso conserxe, recibiu a súa rosa:

Finalmente, unha divertida coreografía:
MOITAS GRAZAS ás familias que estiveron con nós nun día tan especial:
E a vós, nenas e nenos de sexto, un bico enorme. Agardamos que que o voso paso polo Mestres Goldar vos axude no camiño que ides comezar. MOITA SORTE A TOD@S!!!
Máis fotos AQUÍ
Comentarios (1) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 19-06-2015 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGOU O MAIO AO MESTRES GOLDAR

Xa chegou o "maio" ao noso cole!! Mágoa que o día nos nos permitira facer a celebración no patio pero, aínda así, luciu florido e fermoso no centro do ximnasio. Traballamos arreo co fiuncho, as flores e todos os adobíos cos que creamos entre tod@s unha fantástica obra de arte para festexar a chegada da primavera e o renacer da natureza. E non faltou o "toque" especial relacionado co noso PDI: unha bombilliña moi feituca que alumeaba no alto do maio. Que ben cantamos as coplas e que guap@s estabamos coas nosas coroas, pulseiras e colares!! Pasámolo xenial!!
Queremos dar as grazas ás familias que quixeron acompañarnos este día e a todas as que colaboraron coa achega dos materiais para a elaboración do MAIO. E, por suposto, agradecer aos profes e, en especial, a Toniño o seu esforzo e dedicación na organización da festa. Grazas a tod@s!!!

Así o fixemos:
Durante dous días preparamos o maio:

Quedounos chulísimo!!!

Despois chegou a festa!! Cantamos e tocamos arredor do maio:

Pero aínda temos moitas fotos supersimpáticas:
Para ver como fixemos o maio preme AQUÍ
Para ver como foi a festa, preme AQUÍ

Se queredes ler as coplas premede na imaxe de MIK
E... ATA O CURSO QUE VÉN!!!
Comentarios (0) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 30-04-2015 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
CHEIRA A MAIO!!
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/maios%201415.pdfEstes días o alumnado anda moi cantareiro. Penso que algo están argallando pois soben e baixan continuamente das aulas para o salón de actos, recitan e, sobre todo, rin moito. Teño que poñer o meu traxe de Mik-Holmes e empezar a investigar! Se vos enterades de algo, contádemo. Eu vou estar moi atento, asexando nun curruncho. Pero o meu nariz de rato dime que... cheira a MAIO!!!

Atopei as coplas do profe Toniño na biblioteca. Ai, que despistado é!!! Agardo que se poña contento porque non sei como faría para ensaiar os "maios" sen elas. Déixollas aquí para que non volva perdelas (preme na imaxe de Mik vestido de "maio").
Tamén podes lelas no libriño de abaixo.

Bueno, agora só queda agardar a que chegue o 30 de abril. Imos pásalo xenial. Bicos ratunos para tod@s!!!
Comentarios (24) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 21-04-2015 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO MAGOSTO
Hoxe, por fin, puidemos celebrar o magosto!! Despois de moitos días agardando que a choiva nos dera unha tregua, xa estabamos impacientes por gozar dunha xornada especial. Os cestiños levaban tempo preparados nas aulas e os nenos e nenas tiñan todos os detalles a punto. Así, cando chegou a hora, xuntámonos tod@s no patio dispostos a pasalo de marabilla.Alfonso e a profe Emma encargáronse da fogueira e de asar as castañas:

Mentras eles cociñaban, nós fixemos unha morea de xogos nos que as castañas eran protagonistas. O alumnado de primeiro e segundo xogaron ao "tragacastañas", "carreiras de culleres"...

https://picasaweb.google.com/bibliotics3/MAGOSTO1415_1_2
O alumnado de terceiro e cuarto non parou: xogaron ao "castaña-cesto", "baile castañeiro", "quen ten a castaña?"...

https://picasaweb.google.com/bibliotics3/MAGOSTO1415_3_4
https://picasaweb.google.com/bibliotics3/MAGOSTO1415_3_4
Os nenos e nenas de quinto e sexto tamén brincaron, correron e axudaron aos peques:
https://picasaweb.google.com/bibliotics3/MAGOSTO1415_5_6
https://picasaweb.google.com/bibliotics3/MAGOSTO1415_5_6
E a rapazada de E. Infantil estaba radiante, superguap@s coas súas coroas de castañas luminosas:
https://picasaweb.google.com/bibliotics3/MAGOSTO1415_infantil
E despois de moito xogar, saboreamos as riquísimas castañas. PASÁMOLO XENIAL!!
Para ver o álbum de fotos completo preme
AQUÍ
Tamén podes pasear polas diferentes páxinas do cole:
Kangurines, O curruncho do 1º ciclo, Mi aula e Mestres Goldar
Comentarios (1) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 17-11-2014 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
SEN NADA NA DESPENSA: FIN DE CURSO NO MESTRES GOLDAR
Co lema "Sen nada na despensa", facendo referencia ao tema do noso proxecto documental, esta mañá celebramos o remate do curso cun sinxelo e emotivo acto no que o alumnado de sexto de E. Infantil recibiu o seu diploma da man da súa titora, co que lles desexamos unha feliz andaina na E. Primaria. Pero foi o alumnado que se despedía do cole o que fixo que unha morea de lembranzas encheran os corazóns dunha mestura de sentimentos: ledicia, nostalxia, morriña... Eles tamén recibiron o diploma que lles recordará o seu paso polo Mestres Goldar, que agardamos lles deixara unha pegada que lles axude na súa andaina pola nova etapa educativa e pola vida. MOITA SORTE, NENOS E NENAS!! Desexamos que o camiño que ides comezar estea repleto de éxitos. Unha manchea de bicos para tod@s e ATA SEMPRE!! FOTOS
Comentarios (2) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 20-06-2014 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGOU O MAIO AO NOSO COLE
Este venres sollío celebramos no cole a festa dos MAIOS, despois de varios días de traballo creando coplas, atando ramallos de fiuncho, facendo colares e coroas de flores... Despois do recreo xuntámonos no patio para dar a nosa benvida á primavera. Arredor do noso "maio" todos os nenos e nenas foron cantando as coplas que tiñan preparadas e bailando moi acompasadamente un baile moi divertido. Que ben o fixeron! Daba gusto velos tan engalanados e cheos de flores!
Así empezou todo: as familias achegaron os elementos naturais cos que o alumnado do cole foi recubrindo a armazón dun maio tradicional, preparada de antemán. Todos os cursos, baixo a supervisión dun mestre, foron "vestindo" pouco a pouco o "maio" que loceu no centro do patio, este ano cun "detalle" especial no seu cume, e arredor do que se cantaron coplas e cantigas. Moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración achegando os materiais necesarios para a construción do "maio".
Aquí tendes algunhas imaxes:


E así rematou a festa:
Os nosos parabéns ao alumnado e de novo o noso agradecemento ás familias que quixeron acompañarnos na nosa particular celebración da chegada da primavera.GRAZAS A TOD@S!Se queredes, podedes ver máis fotos AQUÍ e tamén AQUÍ
Comentarios (3) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 09-05-2014 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
REVIVINDO EMOCIÓNS
Acabamos de comezar unhas moi merecidas vacacións despois de traballar arreo durante todo o curso, pero quedábanos pendente algo que non podía faltar neste Recanto: a crónica e a reportaxe do acto de fin de curso, que foi especialmente bonito e moi, moi, emotivo. Para aquelas persoas que, coma min, non tiveron a fortuna de presencialo "en directo" aquí vos deixo os vídeos que resumen unha xornada inesquecible:




Comentarios (8) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 02-07-2012 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
MAIOS 2012
O pasado venres celebramos no cole a festa dos MAIOS, despois de varios días de traballo creando coplas, atando ramallos de fiuncho, facendo colares e coroas de flores... Despois do recreo xuntámonos no ximnasio para dar a nosa benvida á primavera, ao sol e ao bo tempo, que traerán beleza á paisaxe e riqueza aos campos. Arredor do noso "maio" todos os nenos e nenas foron cantando as coplas que tiñan preparadas. Que ben o fixeron! Daba gusto velos tan engalanados e cheos de flores!
Así empezou todo:


E así rematou:


Se queres, podes pasar un bo rato lendo as coplas AQUÍ

E se aínda vos pareceu pouco, tendes máis fotos e máis información na páxina web do cole e no blog do segundo ciclo.
Comentarios (0) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 18-05-2012 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
AÍ VEN O MAIO!!
No Mestres Goldar xa cheira a maio!!

Empezaron xa os primeiros preparativos para a celebración dos MAIOS no noso cole, unha festa que conleva moita actividade no Centro: preparación de murais, elaboración das coplas, construción do "maio"... As familias achegan os elementos naturais cos que o alumnado do cole irá recubrindo a armazón dun maio tradicional, preparada de antemán. Todos os cursos, baixo a supervisión dun mestre, irán "vestindo" pouco a pouco o "maio" que lucirá no centro do patio e arredor do que se dirán as coplas e cantaranse cantigas.

A festa dos maios é unha festa pagana que naceu ligada ao cambio estacional, cando unha forza natural fai brotar as sementes e unha explosión de cores tingue os campos, despois dunha longa tempada de chuvias e frío.

Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio". Hoxe en día, ademais da forma tradicional, constrúense "maios"artísticos que poden adoptar calquera forma: casas, carros, castelos, figuras humanas...



Moitos escritores da nosa terra trataron o "maio" como tema das súas obras. Tal foi o caso de Manuel Curros Enríquez, que no seu libro de poemas "Aires da miña terra" ten unha poesía titulada "O maio". E para que vaias facendo boca, podes escoitala a continuación, cantada por Luis Emilio Batallán:


(Publicado o 29-04-2008)

Se premes na imaxe de abaixo podes acceder a máis información na páxina do cole:





Comentarios (0) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 18-05-2012 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO 2012
Que ben o pasei o venres no entroido! Os nenos e nenas do Mestres Goldar son uns auténticos artistas e convenceron a todo o público de que os xogos olímpicos se inventaron en Castrelos. A continuación preséntovos ás estrelas do espectáculo (premendo na imaxe podes vela máis grande):
Este é Patatesa (Rubén, 4º EP):
Aquí tendes a Casimiro (Alejandro Barros, 5º EP):
As "xuízas" olímpicas (Claudia, Jimena e Lucía, 5º EP):
As narradoras (Natalia e Sandra, 6º EP):
A súa maxestade Isabel II e os seus gardacostas (Claudia, Rubén e Pablo, 6º EP):

A garda real (Infantil, 5 anos):

As mascotas olímpicas (profesorado):
Unha señora inglesa (Candela Castrillo, 2º EP):
Os ciclistas (Infantil 3 e 4 anos):

Baloncestistas (1º EP):

Marchadores (5º EP):

Ximnasia rítmica (3º EP):

Tenistas (4º EP):

Animadoras (ANPA):

Remeiros (2º EP):

Xinetes (6º):

E, por suposto, o noso mestre de cerimonia (profe Toniño):


Se vos sabe a pouco podedes ver moitas máis fotos neste ÁLBUM; no Curruncho do segundo ciclo tamén teñen unha bonita reportaxe; en Mi aula están moi guap@s os nenos e nenas de 2º de EP; e na páxina web do cole tamén atoparedes imaxes da festa.

Comentarios (3) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 18-02-2012 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0