O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ENCONTRO VIRTUAL CON MARÍA REIMÓNDEZ
A tecnoloxía axuda en momentos especiais!! Aquí tendes un dos encontros virtuais que o alumnado do centro ven mantendo ao longo deste trimestre cos autores e autoras dos libros que estiveron traballando. Aquí están os nenos e nenas de terceiro de EP xunto con María Reimóndez falando do seu libro "A formiga destemida":
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 18-05-2021 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DA POESÍA E MES DO LIBRO
O noso amiguiño MIK trouxo unha proposta fantástica para todo o alumnado do centro co gallo da celebración de dúas datas moi especiais para a nosa biblioteca: O DÍA DA POESÍA E O DÍA DO LIBRO. Con esta actividade xunguimos estas conmemoracións coa enorme creatividade dos nosos nenos e nenas. Así, cada grupo xogará e recreará libremente un poema do libro de poesía que lles foi adxudicado polo noso ratiño e que servirá para facer unha exposición que decorará os espazos do noso centro. XENIAL!!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 18-05-2021 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
BOLBORETAS E CONTACONTOS
O noso Mik sabe todo o que acontece na nosa escola e, como non, tamén que en catro anos estamos a descubrir moitas cousas sobre as bolboretas. Foi por iso que quixo sorprendernos con dous agasallos moi especiais: uns vermiños de seda para que vísemos en vivo e en directo o ciclo vital deste máxico insecto, comprobando así todo o descuberto nos libros e nos vídeos, e un conto titulado "Rita", que a nosa contacontos experta, interpretou para nós:
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 11-04-2021 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
CONTO DE MEDO PARA O SAMAÍN
Os nenos e nenas de 3º de EP inventaron un conto terrorífico polo SAMAÍN. Aquí tendes o vídeo onde nos agasallan coa súa lectura. PARABÉNS A TOD@S!!! Sodes uns grandes escritores e uns magníficos lectores!!!! (Fai clic na imaxe para ver o vídeo)
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 14-12-2020 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
QUE SOE A MÚSICA!!!!!
Xa sabedes que non paro de argallar cousiñas para compartir con vós. Aquí vos deixo un aperitivo musical para empezar a todo ritmo co noso proxecto anual sobre a música. ÁNIMO!!! A CANTAR E BAILAR!!!!

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 28-11-2020 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
QUE VIVA A MÚSICA!!!!!

 Ola de novo a tod@s!!!!

Xa sei que vos estades preparando para aprender, xogar e investigar arredor do tema deste curso do noso PDI: A MÚSICA!!! Que guai!!! A min encántame a música, tocar, bailar, cantar... e mesmo escoitar. Este ano faremos un percorrido pola historia da música e dos artistas máis importantes relacionados con esta arte. Estades dispostos? Eu xa teño lista a miña guitarra!!!!

A GOZAR CON MOITO RITMO!!!!


Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 28-11-2020 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
OLA A TOD@S!!!!!!

 Ola, amiguiños e amiguiñas!!!! 

Moitos parabéns a tod@s polo estupendo traballo que estades facendo ao cumplir extraordinariamente todas as normas para manter a raia a ese maladrín tan pesado e que non tardaremos en botar fóra para sempre. Sodes uns auténticos heroes e heroínas e estou moi orgulloso de vós e do voso comportamento exemplar. ÁNIMO, VALENTES!!! Eu, igual que vós, estou ben preparado para pasalo ben e continuar propoñéndovos tarefas moi guais ao longo deste curso tan especial.

Alá imooooooooooos!!!!!


Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 28-11-2020 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO ESPAZO PARA GOZAR DA LECTURA!!!
Ola, rapazada!!!! Estou supercontento porque a partir de setembro teremos outro recunchiño moi guai para gozar das nosas lecturas. Como tiven que estar confinado por mor da pandemia, aproveitei para traballar arreo coas miñas "axudantas" e prepararvos este espazo tan feituco. Para que vaiades facendo boca déixovos o vídeo no que podedes ver como fomos avanzando nas tarefas e o ben que nos quedou ao rematar. Estrenarémolo en setembro!!! Ata ese momento, gozade do verán e das vacacións!!! MOITOS BICOS RATUNOS!!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 13-07-2020 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
CÓNTALLO A MIK!!!!
Se che apetece facerlle algún comentario ao noso amiguiño MIK, sigue as instruccións do seguinte VÍDEO e... a practicar!! MIK vaise poñer supercontentísimo!!! (se fas clic no cadradiño que está ao lado da palabra YOUTUBE, verás en pantalla completa)
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 12-05-2020 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
HAI CARTA DE MIK!!!!
Hoxe chegounos unha nova mensaxe de MIK!(clic na imaxe para agrandar)

Este ratiño rebuldeiro ten unhas ideas fantásticas!!!
XA VEÑEN AS LETRAS GALEGAS!!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 07-05-2020 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0