O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

23 ABRIL: DÍA DO LIBRO




Non deixes de pasar pola biblioteca pois xa sabedes que...
EN ABRIL, LIBROS MIL...



Autor:  Peter Reynolds
Procedencia da imaxe: http://bibliolectors.tumblr.com/


En abril os libros florecen nas árbores (ilustración de Eva Garcés)

Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 15-04-2013 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS OLÍMPICOS
Dentro das actividades programadas para celebrar o Día do Libro, a biblioteca do centro convocou un certame de creación de "Marcapáxinas olímpicos", ao fío do proxecto documental de centro. A resposta das familias foi estupenda, como ven sendo habitual cada vez que solicitamos a súa participación, e como resultado temos na entrada do centro unha magnífica exposición cos traballos presentados. Convidámosvos a que a visitedes, seguro que vos vai encantar!
Para aqueles que non poidan acercarse a vela, aquí vos deixo as imaxes:

MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!!
Comentarios (1) - Sección: Día do Libro - Publicado o 18-05-2012 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
COMPARTINDO LECTURAS

Por fin chegou o día esperado tanto polos padriños e madriñas como polos afillad@s, e aínda que o tempo non nos permitiu disfrutar dos libros ao aire libre, tivemos a nosa sesión de lecturas compartidas no ximnasio.
Mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Pouco despois, o aire encheuse de historias fantásticas que facían sorrir aos máis pequenos e que levaban moi lonxe os pensamentos. A imaxinación viaxaba ao tempo que os padriños e madriñas lían con agarimo páxina tras páxina... Pero mellor que as palabras son as imaxes e aí volas deixo, para que dalgún xeito compartades con eles eses momentos tan especiais:


Comentarios (1) - Sección: Día do Libro - Publicado o 24-04-2012 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DOS PADRIÑOS E MADRIÑAS
Cun precioso cofre que gardaba unhas fermosísimas tarxetiñas para facer o sorteo de padriños e madriñas lectores, o curso de 2º de Primaria recibiu moi ilusionado a visita do alumnado de 4º. Cun sinxelo pero moi emocionante acto, levamos a cabo as presentacións. Por suposto, os nenos e nenas de 2º están moi agradecidos e contentos porque o luns, 23, Día do Libro, escoitarán entusiasmados as historias que estes estupendos padriños van compartir con eles. Aquí vos deixo as imaxes duns momentos tan especiais:


E aquí a visita dos padriños e madriñas á aula de 1º de EP:


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Free picture collage generated with Smilebox

No blog do segundo ciclo tedes máis fotos.
Comentarios (1) - Sección: Día do Libro - Publicado o 21-04-2012 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
BIENVENIDAS VUESTRAS MERCEDES A AQUESTE SIN PAR SITIO...
Aquí valerosos caballeros podréis leer el libro, escucharlo y descargarlo y realizar la actividad de rellenar los huecos del principio de la obra. Podréis conocer más a Don Quijote y a todos los protagonistas de la obra y colorear sus caras, y conoceréis más a fondo a Don Miguel de Cervantes, el creador del Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha.
Así mesmo podréis convertiros en Don Quijote y en Sancho Panza para ver con sus ojos la realidad tal cual la vieron. Y todas estas hazañas serán harto divertidas ya que podréis aprender jugando, jugando al memory, haciendo sopas de letras, puzzles y crucigramas, une los puntos ?. Y al final de la gran aventura, probad caballeros todo lo que habéis aprendido respondiendo las preguntas del Gran Test del Quijote.
A QUE ESPERAS?? PREME AQUÍ PARA ENTRAR!!
Podes atopar moitos máis recursos no panel lateral, no botón igual que o de abaixo:


Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 19-04-2012 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Á ESPERA...
Xa se achega o 23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, no que realizaremos, un ano máis, a actividade que tanto nos gusta "Madriñas e padriños lectores". Durante esta semana os padriños elexiron con moito coidado os libros que lerán aos seus "afillados" ese día. Mañá serán as "presentacións" nas que os padriños e madriñas visitarán as aulas dos afillad@s onde se concretará a cita para o gran día. Que emoción!!
Pero... sabedes por que se celebra o 23 de abril o Día do Libro? Pois veña, a INVESTIGAR!! Por se non tendes moita idea aquí vos deixo unha pista (preme na imaxe):


Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 19-04-2012 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
QUE ARTISTAS!!
QUE MARABILLA!!
Iso é o que din os que visitan a exposión dos traballos realizados polas familias para o Certame de recreación plástica co gallo do Día Internacional do Libro. Despois de ter demostrado en moitas ocasións o artistas que son, conseguiron sorprendernos de novo coa súa creatividade e orixinalidade. Aquí tendes a proba das súas habilidades, da súa imaxinación, e do seu interese e a súa implicación nas propostas do centro. MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
E agora, xulgade vós mesmos:


Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 11-05-2011 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
LENDO E COMPARTINDO
Un ano máis, celebramos o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor cunha actividade que xa ven sendo unha tradición no noso centro, o apadriñamento lector. O venres pasado, o patio do recreo encheuse de libros e de nenos e nenas dispostos a compartir emocións e lecturas cos máis pequenos. Durante os días anteriores fixéronse os preparativos: escoller os contos na biblioteca, preparar a lectura e visitar as aulas dos "afillados/as" para explicar a actividade e facer as presentacións. Cando chegou o día todos acudiron á cita, sabedores de que a "hora de ler" dese día ía ser moi especial:


FOTOS:



Comentarios (1) - Sección: Día do Libro - Publicado o 01-05-2011 02:52
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA XORNADA MOI ESPECIAL: APADRIÑAMENTO LECTOR
Aquí vos deixo as imaxes dunha xornada moi especial na que novamente volvemos experimentar a emoción e o pracer da lectura compartida. Padriños e madriñas fixeron de excelentes contacontos e os afillados corresponderon prestando moita atención e agasallandoos, ao finalizar o relato, cunha piruleta que levaron como sorpresa. Ao rematar a actividade, alumnado e profesorado regresamos ás nosas aulas cunha agradable sensación e co desexo de que esta iniciativa sexa a semente que faga agromar en todos nós un permanente interés polos libros e a lectura.



Comentarios (22) - Sección: Día do Libro - Publicado o 29-04-2010 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
UN RAP PARA O DÍA DO LIBRO
Cantar, ou "rapear", é un bo xeito de celebrar o Día do Libro. Iso deberon pensar os nenos e nenas do Ceip Barrié de la Maza- Santa Comba (A Coruña) que, coa axuda de JHARECK (Iago Rey), fixeron un rap coa intención de homenaxear aos libros. Fíxate ben na letra, verás como fala de preciosos motivos para achegarnos á lectura. Libros, música e poesía, unha mestura perfecta.


Grazas, Carmen
Se queres aprendela, aquí tes a letra (preme en FULL SCREEN para velo en grande)


Comentarios (1) - Sección: Día do Libro - Publicado o 23-04-2010 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0