Xa están preparadas as MOCHILAS VIAXEIRAS, que mañá comezarán a súa andaina polos fogares de todo o alumnado de Infantil e Primaria e que non regresarán ata o mes de maio. Esperamos que os materiais seleccionados sexan do voso agrado e que gocedes en familia destas lecturas compartidas.
NON ESQUEZADES FACER AS VOSAS ANOTACIÓNS NOS CADERNOS VIAXEIROS!!
O pasado luns, día 4 de outubro, comezamos a actividade ?Hora de ler?, tal e como se ven facendo no noso centro desde hai varios cursos. Nos días previos, en cada aula fixéronse todos os preparativos: libros, colorear marcapáxinas, carteis para as portas da aula, decoración do recuncho dos materiais, establecemento das normas..., para que nada fallase e tod@s puidésemos gozar cada día, despois do recreo, dos nosos marabillosos 25 minutos de lectura silenciosa.
Ademáis do pracer que nos proporciona o feito de ler aquilo que nos apetece, o que nos interesa, o que nos divirte, o PLSS (Programa de Lectura Silenciosa Sostida) ten outras virtudes:
- A persoa progresa na lectura ao seu propio ritmo
- Desenvolve a lectura segundo os seus intereses (pode saltar parágrafos que non lle agraden ou deterse naquilo que motiva a súa imaxinación)
- Pode reler cando non entende algo.
- Pode deterse por cansazo, polo tempo, etc.
- Diminúe a inseguridade que produce a lectura oral.
- Diminúe a ansiedade de ler rápido pola competencia
- Permite desenvolver a habilidade da escritura.
- A lectura é asimilada a partir da concentración e a atención, mentres que na lectura en voz alta céntrase na pronuncia, o ritmo e a entonación.
- Non resulta molesta cando as demais persoas non están involucradas.
O que nos induce a pensar que son uns 25 minutos moi ben empregados.
Dentro das actividades que se levaron a cabo co motivo do Día do Libro organizáronse no Centro varias sesións de CONTACONTOS. Foron os alumnos do 3º Ciclo de Primaria os encargados de realizalas, preparando con moito entusiasmo as lecturas que ían ofrecer aos máis pequenos do cole. As lecturas resultaron moi amenas, mesmo nos sorprenderon con algúns materiais de fabricación propia cos que apoiaban as narracións, fixeron pequenas explicacións e incluso unha dramatización. Todo un éxito!!
Hoxe, os nen@s de E.I. de 5 anos tiveron unha sesión de contos e poesía coa súa profe Belén. Disfrutaron dos poemas sobre o mar que foron traballados plásticamente polo alumnado do Centro, estiveron moi atent@s ao conto que a profe lles contou e pasárono moi ben. E, claro, engadiron a súa poesía á exposicion de traballos "O mar en verso". Que ben estamos na BIBLIOTECA!!!
Esta semana empezan o seu percorrido as mochilas viaxeiras. Polo de agora circularán entre as familas do segundo ciclo (3º e 4º de EP).
Esta actividade promovida pola Biblioteca pretende unha maior implicación familiar no proceso lector do alumnado dende unha perspectiva lúdica e novidosa: sacar a Biblioteca fóra do Centro e levala ata os fogares. Incluimos diferentes materiais e soportes para dar unha visión máis completa da Biblioteca como centro de recursos, que alberga diferentes tipos de documentos en distintos formatos.
Margarita, unha pequena elefantiña que non podía poñerse rosa...
Rosa caramelo
"A la avalancha de necedades, cursilerías, electrodomésticos en miniatura, halagos tendenciosos, sabios consejos y advertencias amenazadoras que sumerge a las niñas desde muy temprano, oponemos un ejemplo y una esperanza : Margarita, la pequeña elefanta que no se puso rosa." ( vía Du côté des filles )
El País publicou o sábado, día 8, baixo o título "A la conquista de nuevos lectores" unha lista de 14 recomendacións dirixidas ás familias para fomentar o hábito lector e o gusto pola lectura.
É verdade que o labor que se leva a cabo na escola non é suficiente. A familia desempeña un papel fundamental na adquisición do hábito de ler. Ao igual que noutros aspectos, o entorno familiar influirá decisivamente na actitude frente aos libros e a lectura. Sería necesario, polo tanto, que dende a escola e dende as bibliotecas escolares se promovese a lectura no ámbito das familias, elaborando estratexias de achegamento ao igual que facemos co noso alumnado.
Hoxe empezamos en 2º de EP a actividade "Hora de ler" e tod@s estabamos un pouco impacientes por ver como resultaba. A experiencia foi moi agradable. Levamos a cabo todo un "ritual" antes de comenzar: ao primeiro toque da campaíña tod@s deixamos a tarefa que estabamos a realizar e recollemos e limpamos as mesas. Cando a campá soou por segunda vez, os nen@s levantáronse por grupos a escoller o libro da estantería. Co terceiro toque empezamos a ler, en silencio. Algún parecía querer comentar algunha cousa pero resistiu a tentación. Eu estaba tan emocionada ao ver a resposta dos nen@s que casi non me podía concentrar no meu libro. Cando finalizou o tempo, colocaron os marcapáxinas que tiñan preparados e levaron os libros á librería, ata o día seguinte.
¡Foi estupendo!