O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ELLOS NUNCA LO HARÍAN


(Visto en Más que libros)


Comentarios (0) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 29-07-2009 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
VER PARA CRER!!
Un fantástico spot publicitario cuns protagonistas moi simpátic@s e moi coordinad@s:



Pero, claro, non todo é o que parece, como se demostra no "making of" (só para os que "destripan" o que se lle poña diante coa intención de saber como funciona. Absterse os romántic@s):



Comentarios (3) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 16-07-2009 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
MIK en ¿Quién quiere ser millonario?

Será que MIK traspasa fronteiras?? Este ratiño non deixa de sorprendernos!!


NOUTRO CANAL:

Como-se-llama-el-ratoncito-de-la-biblioteca-del-mestres-goldar

Comentarios (9) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 08-07-2009 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
OS PERIGOS DOS BLOGS
Os problemas dun pobre home abducido polos blogs (o que tamén trae problemas a un presentador coa risa floxa):


Comentarios (4) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 08-07-2009 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
MARCHAMOS


Hoxe marchamos de vacacións. Remata un ano de traballo, experiencias, penas e alegrías, pero o balance é moi positivo. O Recanto foi a fiestra pola que asomaron os sorrisos e as ilusións de toda a comunidade escolar, pola que entraron ventos doutras escolas, ánimos de moitos amigos e amigas cos que disfrutamos e aprendemos... Pero non pechamos a porta, deixámola entreaberta para que visitedes a MIK, que vos traerá algunhas sorpresas: xogos, curiosidades, adiviñas, noticias... Xa está viaxando polo ciberespazo para atopar cousas interesantes coas que sorprendervos. Tamén podedes escribirlle para facer as vosas suxestións e contarlle as vosas cousas a bibliocole@gmail.com

Comentarios (2) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 05-07-2009 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
FORGES E OUTRAS PERSPECTIVAS
Porque un pouco de humor nunca vén mal, aquí vos deixo este post que ben se podía titular "visión forgiana do noso" ou algo así.





E outras "perspectivas"...




(Preme enriba da imaxe para ampliar)
Comentarios (6) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 24-06-2009 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
ENIGMAS

Para o tempo de lecer, mentres aproveitamos o solciño e repousamos o corpo, podemos activar as nosas neuronas e facer un pouco de ximnasia mental. Déixovos dous enigmas sinxelos para ir practicando, logo virán os de sacar nota.

O PRIMEIRO:
Deberás completar a árbore xenealóxica en base ás pistas que se dan a continuación, referidas só aos integrantes da familia, sendo dous deles Xosé e Francisca.



Pistas:

1. Ana está casada con Pedro
2. Xurxo e Camila son irmáns
3. Felipe e Xurxo son cuñados
4. O 1° apelido de Xan é distinto ao do seu avó
5. Ana ten só dous fillos(as), do mesmo xeito que María e que Pedro
6. Pablo e Felipe son pai e fillo (non necesariamente nesa orde)
7. Constanza ten un irmán menor e unha irmá maior

O SEGUNDO:

Tres amigos teñen unha barca común e queren arranxar de tal xeito que cada un deles poida utilizala en calquera instante sen que ningún estraño poida levarlla. Para iso pensan atar a barca cunha cadea pechada por tres candados, cada un dos cales ábrese cunha chave diferente.
Cada un dos amigos ten unha soa chave, pero con ela pode coller a barca sen esperar a que cheguen os outros coas súas chaves.
Que fixeron para conseguilo?


Comentarios (8) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 30-05-2009 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
IDA
Canto daría DARWIN por coñecer a Ida? Que non sabes quen é Ida? Pois Ida é un parente teu, e meu, e de todos os seres humanos e dos primates, que viviu hai 47 millóns de anos!! En honor a Darwin esta especie foi bautizada co nome ?Darwinius masillae? e son os restos máis antigos relacionados coa evolución humana. Din os seus descubridores que podemos consideralos a ?octava marabilla do mundo?, xa que supoñen unha conexión entre os humanos e o resto dos animais (o elo perdido?). Seguriño que Darwin estaría emocionado pois o seu estado de conservación é excelente e mesmo se atoparon restos fosilizados de comida (froitas, sementes, follas...)
A pobre Ida morreu nova, aos nove meses, debido á fractura dunha man, o que lle impediría procurar a comida ao non poder trepar e ter a súa movilidade moi limitada. Finalmente afundiuse na auga e unhas condicións moi favorables permitiron que se conservara ata os nosos días. Incrible!!
Os restos de Ida foron descubertos en 1983 e vendidos por partes a coleccionistas privados. Unha vez recuperados iniciouse a restauración, que finalizou agora, para disfrute e admiración de todos nós. Poida que Darwin sorría dende a eternidade...

Comentarios (1) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 24-05-2009 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
PONTE A PROBA
E como remate deste día de festa, un xogo de estratexia. Terás que xogar contra o ordenador pero advírtoche que é moi listo e resulta complicado gañarlle. ATRÉVESTE??
Se o consigues podes considerarte dign@ de figurar nos anales da historia... ah! e non dubides en facérnolo saber para concederche a medalla ao mérito intelectual.


Trátase de facer unha liña en vertical, horizontal ou diagonal con cinco X, a máquina xogará con O
(Preme na imaxe para empezar a xogar)


Visto en: Escola de Ismaíl
Comentarios (0) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 18-05-2009 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
AGRADECEMENTOS
Hoxe recibimos de Ler e escribir o precioso selo "Mira que blog Maneiro" polo que queremos aproveitar este momento para dárllelas gracias novamente a todos os que tan garimosamente nos agasallastes con esta distinción:
Ler e escribir
O niño da curuxa (Ceip Os Muiños)
e por suposto a Mario Aller de Contomundi e A escola de Ismaíl por esta e outras mencións.

Tamén quero agradecer o "selo violeta" a cantos nos considerastes merecentes del así como do "caminamos juntas" e "este blog é uma Xóia". Estes agasallos dannos pulo para continuar aportando o noso granciño de area dentro da blogosfera educativa.

MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS!!!

Comentarios (0) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 09-05-2009 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0