O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ILLAS CIES, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Científicos e naturalistas galegos destacan a riqueza biolóxica das illas e confían en que a súa declaración como Patrimonio da Humanidade garanta a protección dun hábitat privilexiado. A Alcaldía de Vigo, xunto coa Universidade, CSIC, Instituto Español de Oceanografía, Consellería de Medio Ambiente, Turismo de Galicia e Confederación de Empresarios, entre outras institucións e organismos, expresaron o seu total apoio á proposta ao considerar o arquipélago un "enclave privilexiado, excepcional", ademais de "emblemático para a cidade", que "merece unha consideración mundial".
Para promocionar esta candidatura, o Concello de Vigo, xunto co Faro de Vigo patrocinan un concurso de debuxo e redacción para escolares de EP e da ESO, co lema "Cíes, o paraíso de todos". Se queres participar podes ler as bases AQUI

http://www.farodevigo.es/especiales/islas-cies-patrimionio-humanidad/
Preme na imaxe para acceder a web

Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 14-11-2015 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
SAÍDA EDUCATIVA AO CENTRO CAMBÓN
Dentro das actividades programadas dentro do noso proxecto documental, o alumnado de 3º e 4º de EP estivo hoxe no Centro de Visitantes Cambón, onde gozaron dunha magnífica experiencia que os achegou aos tesouros naturais que acolle o Parque Nacional das Illas Atlánticas. As tres monitoras que atenderon aos nenos e nenas fixeron un estupendo traballo propoñendo xogos e actividades moi interesantes arredor dos diferentes núcleos de información sobre os arquipélagos. PARABÉNS e MOITAS GRAZAS por descubrirnos un mundo marabilloso
Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 28-10-2015 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
GRAZAS, ARTISTAS!!!
Aquí están os fantásticos traballos que fixestes en colaboración coas vosas familias. Moitísimas grazas a tod@s polo voso entusiasmo e a vosa implicación nas propostas da biblio. A vosa colaboración e o voso apoio dános pulo para seguir traballando co obxectivo de conseguir que a lectura sexa un valor fundamental na vida dos nosos nenos e nenas.
Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 24-10-2015 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGOU UNHA CARTA DE MIK!!
A semana pasada recibimos nas aulas unha carta de MIK!!! A verdade é que estamos un pouco preocupados porque non sabemos onde está nin que anda argallando. Non o atopamos pola biblioteca nin o temos visto polo cole facendo das súas falcatrúas. Xa estamos desexando que chegue o Día das Bibliotecas Escolares pois na súa carta falábanos de moitas sorpresas superdivertidas. Agardamos que para ese momento el xa estea de regreso de quen sabe onde e que a festa de reapertura da biblio sexa tan chula como nos anos anteriores. Claro que vós e as vosas familias tamén teredes que colaborar e facer esa tarefa "vigorizante" que vos encomendou o noso ratiño. Seguro que serán uns traballos fantásticos!!!
Aquí tendes algunhas fotos


Se queredes ler de novo a carta de MIK e as normas para participar na convocatoria, facede clic nas imaxes de abaixo


Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 10-10-2015 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
RAP EN VIGO, RAP VIGUÉS, RAP DE TODOS...
Desde o xoves hai na entrada do cole uns carteis cunhas preguntas de MIK sobre un personaxe: AID. Xa sabes quen é? Se o averiguas podes participar no concurso escribindo a resposta e meténdoa na caixa de correo de MIK. Se aínda non o fixeches mira na entrada de abaixo para informarte. Dáte présa pois axiña rematará o concurso!!!
ALGUNHAS CURIOSIDADES SOBRE AID:
  • En xuño de 2012 publicou Rapoemas, un libro-disco que versiona a ritmo de rap e música urbana clásicos da literatura galega como Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Curros Enríquez ou Álvaro Cunqueiro.
  • En xuño de 2014 recibiu o premio "Xeración Viguesa".
  • É xogadora de tenis desde 2004.
  • Exerce de locutora de radio e eventualmente de reporteira nunha televisión local.
  • É enxeñeira de Telecomunicacións.


Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 03-10-2015 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
QUEN É AID???!!
Hoxe no panel da biblioteca apereceron dous retos sobre unha persoa. Eu pensei que ía ser un reto moi difícil pero algún de vós, que andades moito polo Recanto, axiña destes coas respostas correctas. Que list@s sodes!!! Pero seguro que aínda queda algún de vós que lle anda dando ós miolos.
Pois VOUVOS AXUDAR!! Se queredes averiguar cousas sobre AID premede AQUÍ.
Andadelixeir@s porque moitos nenos e nenas xa deixaron as súas respostas!!!
VEÑA!! A PARTICIPAR E A CANTAR!!
Comentarios (1) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 02-10-2015 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
VIGO DÁ MOITO XOGO!!
VIGO EN MARCHA!!Dentro das actividades planificadas arredor do PDI sobre a nosa cidade, o departamento de EF organizou a visita ao noso centro de varios representantes da Escola Municipal de Tenis de Mesa, no que xoga Natalia, unha ex-alumna do colexio.
A actividade ía dirixida ao alumnado de 2º a 6º de primaria. Primeiro estivemos moi atentos ás explicacións e á demostración que nos fixeron. Despois tivemos a ocasión de demostrar as nosas habilidades. PASÁMOLO XENIAL!!


Podedes ver máis fotos na Web do centro
E aínda quedan moitas sorpresas!!!
Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 16-09-2015 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0