O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

RIQUÍSIMA CASTAÑA!!!
Xa empezamos a gozar dos resultados dos traballos do alumnado arredor do proxecto documental de centro sobre A ALIMENTACIÓN. Nesta ocasión tivemos a sorte de degustar as saborosas sobremesas elaboradas polos nenos e nenas do primeiro ciclo axudados polas súas familias. Primeiro recolleron as receitas e despois "meteron as mans en fariña" para conseguir uns exquisitos pratos cos que fixeron una "tentadora" exposición. Por suposto, rematou a experiencia comendo a fartar e convidando á festa gastronómica aos compañeiros e compañeiras dos outros cursos. GRAZAS, RAPACES!!! Estaba todo RIQUÍIIIIISIMO!!!

Se queres ver máis FOTOS preme AQUÍ.
Tendes máis información e fotos no Curruncho do 1º ciclo
Comentarios (6) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 18-11-2013 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
A LECTURA TAMÉN ALIMENTA
O álbum que vos deixo aquí é froito da creatividade dos nenos e nenas do terceiro ciclo de EP do Ceip Mestres Goldar de Vigo.
Arredor do PDI deste ano, A ALIMENTACIÓN, xiran moitas das actividades que se levan a cabo no centro. Esta é una delas: versionar ao noso MIK adaptando vestiario, actividade e obxectos de acordo co tema que estamos a traballar. E así naceu este libriño que titulamos ?A LECTURA TAMÉN ALIMENTA?
Agardo que vos guste tanto como a min.




Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 10-11-2013 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
XA ESTÁN TODOS!!
Xa podemos disfrutar a pracer do talento do noso alumnado e das súas familias!! Aquí tendes o resultado da convocatoria para ilustrar o lema da biblioteca: "PON A LECTURA NA TÚA DIETA"
(os rezagados poden entregar o seu traballo mañá durante o recreo)

Se queres ver o álbum completo preme AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 21-10-2013 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
FANTÁSTICO!!
Un curso máis, a creatividade enche os corredores do centro!! O noso alumnado, en colaboración coas súas familias, volveron sorprendernos cuns extraordinarios traballos que ilustran o lema deste ano da biblioteca: "PON A LECTURA NA TÚA DIETA". Mañá remata o prazo de entrega polo que aínda agardamos máis fantásticos cartaces. Moitas grazas a tod@s pola vosa complicidade e dedicación!! (Preme na imaxe de abaixo para acceder ao álbum que iremos completando coas novas achegas): 

Comentarios (1) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 16-10-2013 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
Hoxe, 16 de outubro, celébrase o DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN (proclamado en 1979 polos Estados membros da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). Este ano o lema é "Sistemas alimentarios sostibles para a seguridade alimentaria e a nutrición".
Imaxe do artista austriaco Friedensreich Hundertwasser (1928-2000)

A finalidade desta celebración é concienciar á población sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. (Recollido en Biblioteca escolar Víctor Sáenz).
Desde o CEIP DE PONZOS en Ferrol achégannos esta presentación moi relacionada co tema do día e co proxecto documental que nos ocupa este ano:
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 16-10-2013 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
PON A LECTURA NA TÚA DIETA

Xa empezaron a chegar os estupendos traballos realizados polo noso alumnado en colaboración coas súas familias. Novamente, a orixinalidade e a creatividade invaden os corredores do centro. Velaí vai un "petisco". Axiña poderemos disfrutar tod@s coa exposición "PON A LECTURA NA TÚA DIETA". Estade atent@s!!! (Preme na imaxe para ver o álbum)
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 11-10-2013 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO PDI: A ALIMENTACIÓN
Un curso máis, acordouse realizar un Proxecto Documental Integrado para todo o centro, dada a moi positiva experiencia dos curso pasados, sendo a Alimentación o tema central coa pretensión de crear no noso alumnado unha motivación adicional por aprender e desenvolver as habilidades para buscar e xestionar a información e recursos que lle permitan acadar uns coñecementos concretos e encadrados no currículo ordinario, coa particularidade de que se poderán compartir estas aprendizaxes con toda a comunidade educativa.
 
Desde o punto de vista curricular, constátase que en todos os currículos do sistema educativo dos diferentes países, hai un interese grande nas cuestións nutricionais e alimentarias, non só do punto de vista biolóxico e a súa relación coa saúde senón tamén do punto de vista cultural e social.
Por outra parte, por moi eficientes que sexan os servizos de saúde que unha sociedade poida ofrecerlle á súa cidadanía, a prevención da enfermidade e a preservación da saúde dependerán sempre, nunha grande medida da adopción de estilos de vida saudables por parte das persoas. Estilos de vida que son sobre todo o resultado do combate a comportamentos de risco e da adquisición de coñecementos e competencias para a adopción de hábitos e rutinas saudables. Por outra parte, a relación entre agricultura e alimentación é evidente, e nese contexto xurde o noso Proxecto Documental, adicado á alimentación.

Para reflectir todo o proceso de elaboración e posta en práctica deste proxecto creouse un site adicado a este fin para que familias e comunidade educativa en xeral poidan acceder a toda a información e colaborar con ideas e propostas.
Polo de agora arrincou a primeira fase do proxecto e agardamos que sexa do gusto de tod@s, así que como diría o noso MIK-Chef: BON APPETIT!!!!

Comentarios (3) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 02-10-2013 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO MIK SEGUNDO MANUEL BERNAL
E DITO E FEITO!! Xa temos a Mik metido de cheo na tarefa... e grazas ao ilustrador Manuel Bernal podémolo ver facendo os seus ensaios como labrego, sementando fermosos libros parta obter unha grande colleita de lectores e lectoras; tamén o atopamos "metido en fariña" preparando riquísimas receitas para unha dieta sa na que non ha faltar un momentiño de lectura. A que son ben bonitos estes debuxos??! O noso agradecemento a Manuel que xenerosamente nos brinda o froito do seu talento.
Recoméndovos vivamente que visitedes a súa web onde poderedes disfrutar do traballo deste artista. Tamén podedes seguilo no seu facebook: www.facebook.com/manuelbernal.art 

GRAZAS, MANUEL!!

Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 30-09-2013 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
O CASO DO GORRO DESAPARECIDO
QUE SORTE!! Por fin o noso chef particular xa pode lucir o seu flamante gorro grazas aos nenos e nenas de 5º que llo atoparon no ximnasio esta mañá. QUE CONTENTO SE PUXO!! E aquí o tendes co seu atuendo preparado para comezar a gran aventura culinaria que nos agarda este curso. A QUE ESTÁ MOI GUAPO??!

Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 30-09-2013 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
UN ARGUIÑANO MOI ESPECIAL
Hoxe tivemos unha sorpresa fantástica no noso cole pois veu visitarnos un "Arguiñano" moi especial: MIK!!! Como sempre, viña encargar unha nova misión a todos os nenos e nenas do centro, que xa son uns expert@s investigadores. Na súa mochila levaba as cartas coas primeiras instrucións do traballo. E claro, axiña nos convenceu a todos do importante que é coñecer moitas cousas sobre os alimentos e a nutrición. Antes de marchar para a biblioteca na procura dos libros máis interesantes para vós, pediunos que lle buscaramos o seu gorro de "chef" pois con tanto trafego non sabía onde lle caíra e... non se pode ser un bo cociñeiro sen un enorme gorro branco coma o seu!! E xa andamos percorrendo todos os recunchos do cole para atopar o gorro deste Mik tan despistado.
Tamén estamos desexando disfrutar dos estupendos traballos que prepararedes coas vosas familias e agardamos entusiasmados as novas de MIK. De momento, aquí vos deixo algunhas fotos da visita:


Se queres ler a carta que nos deixou Mik, preme no sobre de abaixo:

VER ÁLBUM DE FOTOS
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 27-09-2013 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0