O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

SABOROSÍSIMOS MENÚS PARA O PAPALIBROS
Xa temos os saborosísimos menús preparados polo noso alumnado e as súas familias para o noso particular restaurante PAPALIBROS. Como sempre, a resposta á convocatoria foi moi alta, polo que a creatividade e a orixinalidade enche os corredores da entrada da biblioteca. Moitos grupos de alumnos xa degustaron as exquisiteces que ofrece tan famoso restaurante. Supoñemos que con todas as "delicatessen" que se ofertan a afluencia de nenos, nenas e grandes será numerosísima. Quedades todos convidados a pasearvos polas instalacións e escoller os vosos "pratos" preferidos. Hai para todos os gustos, mesmo para os padais máis esixentes. Que non o credes? Pois aquí tendes a proba:PODEDES VER O ÁLBUM DE FOTOS AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 01-05-2014 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE ALIMENTACIÓN
Actividades interactivas para traballar a alimentación, distribuídas en dous bloques, dentro do Proxecto Documental do centro, dirixidas ao segundo e terceiro ciclos de EP.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_alimentos_bloque1/lim.swf?libro=alimentacion_1.lim


https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_alimentos_bloque2/alimentacion_2.html
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 26-04-2014 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
OS ALIMENTOS ESTÁN DE FESTA
O alumnado do 1º ciclo acaba de publicar no seu blog de aula o conto colectivo que eles mesmos crearon e ilustraron ao fío do Proxecto Documental que se está levando a cabo no centro sobre a alimentación. Como eles din: UN AUTÉNTICO BESTSELLER!! PARABÉNS, RAPACES, ESTÁ CHULÍSIMO!!!
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 04-04-2014 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
PDI: O NOSO HORTO, UNHA DESPENSA NATURAL
O alumnado do segundo e terceiro ciclos de Primaria traballan no horto como auténtic@s profesionais. Ao fío do Proxecto Documental sobre a Alimentación, e dirixidos pola profe Mariluz, están a desenvolver o seu programa: O NOSO HORTO, UNHA DESPENSA NATURAL. Así, están plantando e recollendo os froitos que coidaron con agarimo e que levan para as súas casas para preparar suculentas e nutritivas comidas familiares. PARABÉNS, rapaces por tan boa colleita!!!

VER ÁLBUM COMPLETO
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 16-03-2014 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
EDUCACIÓN DOCUMENTAL: CADERNO DE RECOLLIDA DE INFORMACIÓN - 1º CICLO
Xa temos o caderno de investigación para o alumnado do primeiro ciclo. Os nenos e nenas de primeiro e segundo xa están metidos en faena pescudando moitas cousas interesantes sobre a gastronomía típica do magosto, do nadal, e do entroido.Agora déixovos os cadernos, logo xa veremos os resultados. ÁNIMO INVESTIGADORES!!!

DESGARGAR O CADERNO AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 14-03-2014 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
DEVORANDO NOTICIAS
Aproveitando que estamos coa semana escolar da prensa, estase levando a cabo no centro unha actividade de recollida de noticias sobre alimentación, ao fío do noso proxecto documental. Xa están chegando ás aulas as primeiras e desde logo son ben interesantes. Ao rematar, coas achegas de tod@s faremos un dossier titulado "DEVORANDO NOTICIAS".
Podedes descargar as plantillas premendo AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 14-03-2014 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
CHARLA OBRADOIRO SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Dentro do noso programa de actuacións arredor do Proxecto Documental de centro, o alumnado do segundo e terceiro ciclo de Primaria asistiron no cole a unha charla-obradoiro sobre hábitos alimenticios saudables, promovido polo Concello de Vigo dentro do seu programa educativo municipal en colaboración co Servizo de Pediatría do Hospital Xeral de Vigo.
Durante a exposición estiveron moi atentos e participaron activamente en todas as propostas de xogo que ían xurdindo ao longo da actividade. Pouco a pouco, os nosos nenos e nenas van aprendendo a importancia dunha dieta equilibrada para evitar moitas enfermidades e a obesidade.


VER ÁLBUM COMPLETO AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 09-03-2014 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUNDO CERTAME GASTRONÓMICO
O alumnado do primeiro ciclo, ao fío do Proxecto Documental sobre a alimentación, celebrou un espléndido e saboroso SEGUNDO CERTAME GASTRONÓMICO: O ENTROIDO. E, como tiña que ser, había riquísimas sobremesas típicas desta época. Alí estaban as orellas, flores, filloas recheas de todos os sabores, buñuelos, bicas, galletas, rosquillas... ¡Menuda merendola! E, como sempre, convidaron ao banquete aos compañeiros e compañeiras de E. Infantil e aos outros cursos de Primaria. ¡MOITAS GRAZAS, NEN@S!! ¡¡ESTABA TODO REQUETERRIQUÍSIMO!!VER ÁLBUM COMPLETO
Comentarios (1) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 24-02-2014 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
PDI: A ALIMENTACIÓN
Xa están listos os caderniños de investigación sobre a ALIMENTACIÓN para o segundo ciclo de EP. Son tres bloques temáticos, CONCEPTOS BÁSICOS, PARA SABER MÁIS e OS ALIMENTOS E A ARTE, que se poden traballar de xeito independente, secuenciados e temporalizados segundo se acomode ao currículo e á nosa programación de aula. Nos ANEXOS podemos descargar fichas para complementar os traballos.





VER CADERNO COMPLETO EN PDF

ANEXOS
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 29-01-2014 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
QUE RICO CHOCOLATE!!
Hoxe todo o alumnado do cole foi convidado pola ANPA do centro a un riquísimo chocolate con churros, como agasallo de Nadal e como actividade colectiva dentro do noso Proxecto Documental. Pouco antes do recreo xa sentimos o recendo que enchía os corredores. Deseguida tocou o timbre e poidemos degustar una exquisita merenda compartida. ESTABA BOÍSIMO!! Moitas grazas ás familias que fixeron posible este saboroso momento:

VER ÁLBUM COMPLETO
Comentarios (1) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 19-12-2013 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0