O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

CANCIÓN DA AUGA


E seguimos coas cancións, esta vez para os máis peques. Estade atent@s e aprenderedes moitas cousas ao ritmo da música (a ver se conseguimos despertar a Mik):
Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 29-10-2012 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
MESAXES DE AUGA

Ao fío do noso PDI, para ir entrando en "materia" nada mellor que a boa música con unha mensaxe suxerente. Aquí tendes a Macaco cantando unha canción que parece que foi feita para nós:

A QUE VOS GUSTOU? Pois se queredes podedes descargar a letra AQUÍ
Moitos bicos ratunos e refrescantes


Comentarios (1) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 28-10-2012 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
FAMILIAS EN ACCIÓN ( III )
E aquí temos máis!! Moitas grazas a todas as familias que con tanto entusiasmo contribuíron cos seus fantásticos traballos á campaña de promoción da lectura organizada pola biblioteca do centro.
PARABÉNS, ARTISTAS!!



ATOPACHES O TEU??

Podes ver todos os cartaces xuntos nas fotos de abaixo:


Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 15-10-2012 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
FAMILIAS EN ACCIÓN ( II )
DEMOSTRADO!! Aquí tedes a proba de que no noso cole hai moitos artistas. Fixádevos ben porque todos os traballos están cheos de detalles orixinais:



PARA VER TODOS OS TRABALLOS XUNTOS, CLIC AQUÍ

Comentarios (1) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 15-10-2012 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
FAMILIAS EN ACCIÓN. ( I )
Xa empezaron a chegar os primeiros traballos realizados en familia para a campaña de fomento da lectura promovida pola biblioteca arredor do proxecto documental de centro. Como ocorre habitualmente, a resposta das familias é masiva, implicándose e colaborando coas nosas propostas, facéndose cómplices no noso empeño por formar lectores e lectoras competentes. Novamente, a imaxinación, a creatividade e a orixinalidade son protagonistas nestes fantásticos cartaces, conseguindo, unha vez máis, sorprendernos a tod@s. Convidámosvos a ver a exposición na entrada e nos corredores do cole. PAGA A PENA!!
Para os que non poidades pasarvos polo centro déixovos un "aperitivo" para que vaiades gozando desta magnífica "choiva" de ideas e talento artístico:


Para acceder ao álbum de fotos preme AQUÍ. Iremos engadindo novos traballos segundo nos vaian chegando. Estade atent@s!!
Comentarios (2) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 12-10-2012 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
CHOVEN LIBROS!!
É ben raro o que está pasando no noso cole!! Desde que hai uns días nos visitou Pinguiña, chove sen parar!!, e non te creas que é unha choiva calquera, que va...!! Dicía Juan Luis Guerra que "ojalá que llueva café...", pois a nós chóvennos LIBROS!! (que non é mala choiva para a colleita que procuramos: bos lectores e lectoras!) E, claro, non é de estrañar que andemos tod@s enchoupad@s na lectura, mesmo as familias do noso alumnado resultaron salferidas (estamos desexando ver o resultado desa "molladura").
Que non o credes? Pois aquí vos deixo a proba de que algo asombroso está pasando no Mestres Goldar (será cousa de meigas ou terá que ver co noso ratiño MIK??):


Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 07-10-2012 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
ENCHÓUPATE NA LECTURA
Despois da fantástica visita de Pinguiña, seguro que xa averiguastes cal será o tema que teremos que investigar este ano, a que si?! Pero, por se hai algún despistad@, hoxe deixeivos un cartel á entrada da biblioteca que acabará con todas as dúbidas... Seguide moi atent@s porque irán aparecendo cousas que vos van sorprender e gustar moito.
Bicos ratunos


Comentarios (2) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 04-10-2012 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0