O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

DE LIBROS E DE SOÑOS
Un libro que fala de libros é unha boa elección para estas datas nas que festexamos os libros e a lectura. E para que a celebración fose completa, o día 22 de abril, o alumnado de 2º de EP disfrutou da compaña de Susana Lamela, unha visita que agardaban impacientes dende que acabaran de ler o seu libro. Por fin podían coñecer á autora de "Soños de andel", a historia que os tivera engaiolad@s durante moitos días.
Foi un encontro moi entretido e agradable. Susana falou de libros, contounos contos e contestou moitas preguntas sobre Ani, sobre a bibliotecaria con cara de pingüín, sobre Lemoito, sobre o oficio de escritor...
Ao rematar, asinou os nosos exemplares, mirou os nosos "diarios de lecturas" e fíxonos un fermosísimo agasallo, en lembranza do primeiro encontro dixital de "Soños de andel", unha experiencia fantástica para todos nós
.
¡Moitísimas grazas, Susana! Non te esqueceremos nin a ti nin a Ani.

Se queres podes ver moitas máis fotos AQUÍ

Comentarios (5) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 23-04-2010 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
¡¡NON LEAS!!
¡¡Non leades!!, dicíanos hoxe Fina Casalderrey, ¡¡non comades chocolate!!, ¡¡non comades xeados!!, ¡¡non teñades amigos nin amigas!!... Pero nós diciamos que sí, que queremos comer xeados e chocolate, ter amigos e ler, porque nos gusta gozar coas cousas boas da vida... E foi un pracer escoitar hoxe, na biblioteca, á nosa admirada Fina. Chegou un pouquichiño tarde, pero ben pagou a pena agardar polos seus fermosos contos envoltos na súa garimosa voz. Canto nos emocionou escoitala ao relatarnos a historia de "Eu son eu"! Preguntámoslle sobre Manuel, o avoíño que buscaba unha familia, e por Chamizo, un gato que nos engaiolou. Ao finalizar a charla asinou os nosos libros, que imos gardar con cariño para lembrar este fantástico encontro.

¡¡GRAZAS, FINA!!



Se queredes saber máis cousas de Fina Casalderrey, a súa vida, os seus libros, os premios que recibiu..., visita a súa páxina web

Comentarios (3) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 19-04-2010 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTROS NO RESTAURANTE FARRUCO
Hoxe, o alumnado de 4º de EP tivo unha xuntanza na biblioteca coa escritora Chus Pereiro, autora da obra de teatro Restaurante Farruco. A autora relatounos as circunstancias e as anécdotas que rodearon o proceso de creación desta divertida peza teatral. Foi unha conversa agradable e distendida, na que os nenos e nenas fixeron preguntas e expresaron as súas opinións, moi interesados no que se refería aos motivos de inspiración da escritora á hora de deseñar trama e personaxes. Ao finalizar a conversa, moi amablemente, asinou os exemplares de todos nós.

¡GRAZAS, CHUS!


ENCONTROS NO RESTAURANTE FARRUCO on PhotoPeach



Comentarios (15) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 19-04-2010 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
ANXO FARIÑA

O pasado día 27 recibimos a visita do ilustrador e escritor Anxo Fariña. Resultou unha sesión moi agradable e instructiva xa que o autor explicou ao alumnado o proceso creador de personaxes a partir de obxectos ou inspirándose en persoas reais. Todos disfrutamos moito vendo como cobraba vida un lapis, un afialapis, unha goma... e presenciamos, abraiados, como Pablo se convertía nun ser do "extramundo".

MOITÍSIMAS GRACIAS, ANXO!!





Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 28-04-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE ANXO FARIÑA
O próximo luns, día 27, dentro das actividades programadas para a semana do Día mundial do libro, visitaranos Anxo Fariña, ilustrador, diseñador e ás veces escritor, tal e como el mesmo se define.

Creador das coleccións "Don Quixote e Breogán", "Antón e Pompón", "Os Megatoxos" e "Os Pelelliños" leva escrito e ilustrado arredor dos 30 volumes de literatura infantil e xuvenil.
Dos seus últimos traballos é
A monstroescola, para nenos/as a partir de 8 anos, e O ladrón de palabras.

Por fin o noso alumnado terá a oportunidade de disfrutar da arte do creador da exitosa saga dos Megatoxos, e poderán falar dos segredos destes singulares personaxes.

Podes ver os libros de Anxo Fariña que hai na biblioteca AQUÍ





(Imaxes recollidas na web do autor)


Comentarios (5) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 19-04-2009 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0