O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FELIZ ENCONTRO
Que ben o pasamos!! O luns estivemos con Alfredo Gómez Cerdá, un dos escritores de literatura infantil e xuvenil máis recoñecidos, cunha extensa obra que xa ten acadado os premios máis importantes do noso país.
Despois do recreo, tivemos a ocasión de compartir con el as nosas impresións sobre a lectura de tres dos seus libros: El tren saltamontes, Timo rompebombillas e Apareció en mi ventana. Conversamos sobre os personaxes, fixemos preguntas, falounos de cales foron os motivos que o levaron a escribir estes libros e cales foron as súas fontes de inspiración, contounos algunhas anécdotas e gozamos dunha historia preciosa sobre un ratiño de biblioteca que se parecía moito ao noso MIK. Con todo iso quedáronnos moitas ganas de seguir lendo os seus libros e de que volva visitarnos moi pronto. GRAZAS, ALFREDO

Podes ver máis fotos neste ALBUM
Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 28-02-2012 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
GÓMEZ CERDÁ
O próximo luns, 27 de febreiro, o alumnado do 1º e do 2º ciclo de Primaria recibirán a visita do escritor Alfredo Gómez Cerdá, co que poderán comentar os libros que estiveron lendo e traballando este trimestre: El tren saltamontes, Apareció en mi ventana e Timo Rompebombillas. Seguro que será un encontro moi interesante! Xa vos contaremos!




Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 23-02-2012 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
AN ALFAYA, A ENCONTADORA E NÓS

Hai uns días a escritora An Alfaya mantivo un encontro cos nenos e nenas de 5º e 6º. Eles mesmos fan a crónica desta visita:

O pasado venres, día 10, veu visitarnos An Alfaya, a autora do libro "A ENCONTADORA", cuxa lectura tanto nos gustou. An foinos desvelando como crea as súas historias, en xeral, e en particular como artellou a que conta neste libro: datos nos que se baseou, persoas que lle inspiraron os personaxes e como elixiu os seus nomes...
En definitiva, que nos axudou a comprender mellor o libro, a que nos guste máis, a querer coñecer outras obras súas e ata nos animou a crear tamén nós historias.
Foi unha experiencia moi positiva e, como ademais vive preto do cole e é veciña dalgúns de nós, parece que ese marabilloso mundo da LITERATURA nos queda moito máis próximo.
MOITAS GRAZAS, AN!
Alumnado do 3º ciclo de Primaria.




Comentarios (2) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 16-06-2011 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
NATA E CHOCOLATE CON ALICIA BORRÁS
Hoxe, o alumnado do 3º ciclo disfrutou enormemente da compañía da escritora viguesa Alicia Borrás, autora do libro que estiveron lendo, Nata y Chocolate, e coa que compartiron uns momentos moi agradables.
Foi unha reunión cálida e familiar, chea de comentarios garimosos por parte do alumnado, que quería expresar o moito que lles gustara a historia de Sonia, a nena albina.
Parabéns a todos os nenos e nenas pola súa atención e interés, polas súas atinadas preguntas, pola súa sensibilidade...
Gracias a Alicia por agasallarnos cunha historia tan fermosa e, por suposto, por querer compartir con nós as súas vivencias e o seu tempo.
MOITAS GRACIAS, ALICIA!!



Alicia Borrás Sanjurjo traballa como actriz de televisión e de dobraxe. Ademais, imparte clases de interpretación e talleres de teatro para mozos e adultos. Vive rodeada de nenos, aos que di entender mellor que aos adultos, e sérvenlle de inspiración para as súas novelas. (Ficha de autor - Anaya)

FOTOS

Comentarios (5) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 07-04-2011 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
PEPE MAESTRO
Que sorte!! Hoxe tivemos con nós ao escritor gaditano Pepe Maestro, autor do libro que estiveron lendo os nenos e nenas de 4º de EP, El circo de Baltasar. O encontro resultou moi interesante e superdivertido pois o escritor contou moitas historias e anécdotas sobre a súa vida e o seu traballo. Falounos de oficios pasados como domador de pulgas, axudante de circo e... mesmo conseguiu pescar un plátano e hipnotizar á rapazada!! Despois puideron facerlle preguntas e resolver as dúbidas que xurdiron da lectura do seu libro, presentounos outras obras que el escribiu e que nos pareceron moi interesantes, ensináronlle os traballos que fixeron co motivo da lectura e gustáronlle un montón e, para rematar, asinou os exemplares de todos/as estampando nos libros unha ?entrada? para o circo. FOI FANTÁSTICO!!
MOITAS GRACIAS, PEPE, PASÁMOLO MOI, MOI BEN!!
Aquí vos deixo a reportaxe dunha xornada xenial:


FOTOS

Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 06-04-2011 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE ANA ALONSO
Hoxe visitou a nosa biblioteca a escritora Ana Alonso, coa que os nenos e nenas de 2º de EP compartiron uns momentos moi agradables. Contounos moitas cousas interesantes sobre a súa vida e o seu oficio de escritora. Tamén falamos do libro que os rapaces estiveron lendo e traballando durante días, El mapa del bosque, e presentounos uns personaxes moi simpáticos.
Convidounos a facer uns debuxos para poñer no seu blog PEQUELECTORES, que che recomendamos explorar, e gustáronlle moito os nosos traballos sobre o seu libro. Ao finalizar a visita asinou os nosos exemplares, que gardaremos con cariño.
MOITAS GRACIAS, ANA!!
E aquí está a reportaxe gráfica:


FOTOS

Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 05-04-2011 01:47
# Ligazón permanente a este artigo
ANA ALONSO E PEPE MAESTRO
Xa metidos de cheo nas actividades do mes de abril, na próxima semana recibiremos a visita dun escritor e dunha escritora que fixeron as delicias do noso alumnado durante o segundo trimestre.
Ana Alonso estará o día 4 cos nenos e nenas de 2º de Primaria para compartir as experiencias e as sensacións que provocou neles a lectura do seu libro El mapa del bosque, da colección Pizca de sal (entra na web de Pizca).
Se queredes saber moitas cousas sobre ela e as súas obras podedes visitar o seu blog.
O día 5 estará na nosa biblioteca, cos nenos e nenas de 4º de Primaria, o contador de contos e escritor de narrativa e teatro, Pepe Maestro. Neste encontro terán ocasión de dar resposta a todas as preguntas e curiosidades que suscitou a lectura do seu libro, El circo de Baltasar, cos seus personaxes entrañables, que entenden como norma de vida o traballo en equipo e o respecto ao entorno (guía de lectura).

Pois xa sabedes, dentro duns días podedes compartir cos autores dos vosos libros as vosas inquedanzas. XA ME CONTAREDES!



Comentarios (3) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 31-03-2011 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE RICARDO ALCÁNTARA
Tomé e o lapis máxico
Hoxe o alumnado de 1º e 3º de Primaria tivo a oportunidade de compartir uns momentos moi agradables co escritor Ricardo Alcántara. A charla cos nenos e nenas foi moi amena e distendida e todos eles superaron as probas ás que o autor os ía sometendo para comprobar se serían bos escritores e ilustradores. Tamén nos falou da súa traxectoria, contestou ás preguntas que xurdiron da lectura dos seus libros e, por suposto, firmou amablemente os exemplares de tod@s.

Moitas grazas, Ricardo, por compartir con nós estes momentos.



VER TODAS AS FOTOS

Comentarios (18) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 22-02-2011 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
MARCOS CALVEIRO E O CARTEIRO DE BAGDAD
O venres, día 21, puidemos disfrutar da visita do escritor Marcos S. Calveiro, dentro das actividades programadas pola biblioteca para o mes das Letras. Aínda que comezou a publicar non hai moito, Marcos Calveiro xa ten recibido moitos premios e forma parte dun grupo de autores de literatura infantil e xuvenil que escriben en galego cunha cualidade incuestionable e recoñecida pola crítica e os editores.
Durante máis dunha hora mantivo unha amena charla co alumnado do 3º ciclo de Primaria na que falaron da excelente novela O carteiro de Bagdad, ( pola que acadou no 2007 o Premio Aladelta de literatura infantil e xuvenil), e que os tivera engaiolados durante moitos días. ¡Había tantas preguntas sobre aquel país, sobre os protagonistas, sobre o proceso creativo...! Marcos respondeu cada unha delas e falounos das súas viaxes, das súas fontes de inspiración, da súa infancia, dos seus gustos e afeccións, do seu amor á lectura e á nosa lingua... Nun relato cheo de anécdotas e de chiscadelas á rapazada confesounos que nun principio quixo ser arqueólogo, debuxante de cómics, músico e arquitecto, pero acabou exercendo de avogado.

Despois dunha longa conversa, Marcos asinou pacientemente os nosos exemplares.
¡GRACIAS, MARCOS, POR UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!
Para os maiores que queiran coñecer a súa obra, podemos recomendarvos a lectura de Festina lente, unha novela histórica publicada por edicións Xerais.
Tamén podes visitar o seu blog persoal Alfaias



Se queres ver todas as fotos preme na imaxe de abaixo:

E podedes ver os magníficos traballos que fixeron os nenos e nenas do 3º ciclo no blog: TI TAMÉN CONTAS

Comentarios (15) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 22-05-2010 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
VIOLETA MONREAL
Dentro das actividades de animación á lectura que organiza a BIBLIOTECA do centro, o día 13 de maio visitounos a escritora e ilustradora Violeta Monreal. Nunha primeira sesión mantivo un encontro co alumnado de Infantil e a continuación foron os nenos e nenas do 2º ciclo de Primaria os que disfrutaron cos seus traballos e comentarios. Mentres contestaba as numerosas preguntas do alumnado sobre os libros que leran e a súa protagonista (Pamela Panamá ya no cree en cuentos de Hadas e Pamela Panamá y el hechizo final) ela ía creando uns preciosos murais coa orixinal técnica do papel rasgado, demostrando unha admirable destreza e unha portentosa imaxinación.





PODEDES VER O ÁLBUM DE FOTOS PREMENDO NA IMAXE DE ABAIXO:



Se queres coñecer máis cousas sobre esta gran ilustradora e escritora aquí tes algunhas ligazóns interesantes:
UNHA ENTREVISTA A VIOLETA MONREAL
A SÚA VIDA
OS SEUS LIBROS

Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 19-05-2010 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0