O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ENCONTRO CON DAVID FERNÁNDEZ SIFRES
O 20 de febrero, o alumnado do segundo ciclo de Primaria, puidemos coñecer ao autor de UN INTRUSO EN MI CUADERNO e ¡QUÉ VIENEN LOS MARCIANOS!, David Fernández Sifres. Gustounos moito escoitalo e compartir con el as nosas impresións sobre a lectura das súas obras. Contounos as razón ?supersecretas? polas que escribe historias tan bonitas e tamén respondeu a todas as preguntas que lle fixemos. Foi moi simpático con nós e agasallounos cuns obxectos moi curiosos. Ao final, asinou amablemente os nosos exemplares. Pasámolo xenial!!! GRAZAS, DAVID!! Agardamos verte de novo moi pronto!


VER ÁLBUM COMPLETO
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 15-03-2014 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
UN DÍA CON MARCOS CALVEIRO
O alumnado de Terceiro Ciclo de Primaria coñecemos estes últimos días a Marcos Calveiro, autor de ?O carteiro de Bagdad? e ?Palabras de auga?, dous dos libros que lemos este curso.
Marcos explicounos como ideou cada unha das novelas: tema, lugares, personaxes?
Resultounos moi interesante por tratar a problemática que sofren hoxe en día nenos e nenas da nosa idade, como Abdulwahid e Amadou, que viven en países con conflitos bélicos ou que son explotados por multinacionais para lucro do ?Primeiro Mundo?, ou sexa, nós.
Dende logo, fíxonos reflexionar e pensar que somos unhas persoas moi privilexiadas.
Grazas, Marcos, pola túa visita
!






Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 20-05-2013 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
ANXO MOURE: O CARBALLO CON BOTAS
Hai uns días gozamos dunha sesión de animación á lectura realizada por ANXO MOURE, o autor do conto ?O carballo con botas?, que conseguiu, grazas á maxia dos seus contos solidarios, prender nos rapaces e rapazas a necesidade de coidar o medio ambiente, de evitar os incendios forestais, de reciclar, de amar a natureza... Unha historia que nos fixo cavilar e aprender a respectar o mundo que nos rodea.
Imaxinación, alegría e preciosas historias fixeron as delicias do alumnado que recibiu con entusiasmo a este contacontos que con tanta mestría nos transmite fermosas mensaxes. MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS UNS MOMENTOS TAN DIVERTIDOS!!



VER ALBUM COMPLETO
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 02-05-2013 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
VISITOUNOS JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
O 22 de marzo tivemos a visita do escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano, que nesta ocasión compartiu conversa co alumnado de 1º ciclo e de 4º de EP arredor das obras que estiveron lendo este trimestre: A pedra e as formigas (2º), A gardería de Dona Bixelmina (1º) e Mil cousas poden pasar (4º)



VER ÁLBUM FOTOS 1º

VER ÁLBUM FOTOS 4º

CRÓNICA DA VISITA NO CURRUNCHO DO 1º CICLO
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 13-04-2013 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTROS CON VIOLETA MONREAL
O 27 de febreiro visitounos a escritora e ilustradora VIOLETA MONREAL que compartiu uns momentos inesquecibles co alumnado de 3º de EP e de E. Infantil. A conversa resultou moi animada e proveitosa xa que poidemos gozar da habilidade e mestría da autora facendo encantadoras ilustracións coa súa peculiar técnica e estilo. MOITAS GRAZAS, VIOLETA!!






VER FOTOS


Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 07-03-2013 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
VAIA TROPA! CON ANTÓN CORTIZAS
O mércores, día 20, o alumnado de 3º de EP recibiu a agardada visita de  Antón Cortizas, autor do libro de poemas que estiveron lendo e traballando neste trimestre, Vaia tropa!
O encontro resultou moi agradable e proveitoso xa que Antón respondeu á morea de preguntas que lle fixeron sobre a súa obra e o oficio de escribir. Tamén lle mostraron os poemas que eles mesmos fixeron baseándose nas técnicas empregadas no libro polo que recibiron moitos parabéns do escritor.
Ao final, Antón firmou os exemplares de tod@s e subiron ás aulas moi satisfeitos coa experiencia e desexando que chegue ás librerías o seu próximo libro "Tastarabás".

MOITAS GRAZAS, ANTÓN!!

E aquí tendes a reportaxe fotográfica:


E aquí un vídeo sorpresa:


Comentarios (11) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 21-06-2012 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE RAMÓN CARIDE OGANDO
O alumnado do terceiro ciclo relátanos o seu encontro co autor Ramon Caride na seguinte crónica redactada por eles mesmos:
O xoves, día 3 de maio, visitou a nosa biblioteca Ramón Caride, autor do libro "Peligro Vegetal", que lemos ultimamente o alumnado de Terceiro Ciclo de Primaria.
Desde o comezo Ramón foi desvelándonos as dúbidas que lle fomos expoñendo, como: en quen se inspirou para crear o personaxe de Sheila, para o que se baseou na súa filla; para Said, foi nel mesmo; para o malvado Beluz, no demo (Luzbel)... Tratando sempre de que calquera persoa que lea a súa obra poida sentirse identificada ou polo menos atraída por algún deles.
Preguntámoslle sobre o muíño que aparece e díxonos que existe na realidade. Como el é natural de Cea, terra de bo pan, a obra está ambientada nesa zona, onde hai varios muíños de características similares.
Sorprendeunos enormemente cando dixo: "A inspiración non existe!" E logo: "As musas non vos andan por aí pasando ideas a quen escribe." El para crear as súas obras recolle a actualidade, observacións, vivencias... que combina cos seus coñecementos de biólogo. É o caso do tema dos alimentos transxénicos tratado en "Peligro Vegetal".
Foi toda unha lección de literatura, ciencia e coñecemento das fermosas terras de Cea e O Carballiño.
GRAZAS, RAMÓN!


Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 18-05-2012 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE SILVESTRE GÓMEZ XURXO

Hoxe o alumnado de 4º de EP mantivo un encontro co escritor Silvestre Gómez Xurxo, autor do libro Ti non xogas! Durante a súa visita compartiu cos nenos e nenas a súa experiencia como escritor e respostou amablemente a todas as preguntas que plantexaron. Despois dunha agradable conversa asinou os pacientemente todos os exemplares.
Silvestre, moitas grazas por compartir con nós a túa presencia e o eu tempo.
Aquí tendes a reportaxe:
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 24-04-2012 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
GRAZAS POR ESTAR CONNOSCO, ANXO!
Aquí está a crónica do encontro do autor e ilustrador Anxo Fariña cos nenos e nenas do 3º ciclo do noso cole. Eles mesmos relatan así a experiencia:
Cun "GRAZAS POR ESTAR CONNOSCO" ben grande que puxemos no taboleiro da nosa biblioteca, o alumnado de Quinto e Sexto de Primaria recibimos o pasado xoves, día 22, a Anxo Fariña, autor e ilustrador do libro "Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa", novela que lemos neste segundo trimestre do curso.
Tiñamos todo decorado con palabras como: fantasía, amor, imaxinación, interese, medo, Venecia... , as que a cadaquén nos suxeriu a lectura desta obra.
Anxo foinos detallando como artella as historias que conta nas súas obras e máis en concreto nesta nova aventura de Faísca, Ninfa, Ruxe e Lúa.
Como tamén é quen ilustra os seus libros, explicounos o proceso que segue e mesmo nos demostrou a facilidade que ten para recrear plasticamente os seus personaxes literarios.

Contestando amablemente as nosas preguntas, desvelounos que algúns destes personaxes creounos baseándose en persoas que el coñece e que aínda son moitas as aventuras que lles quedan por vivir.
Ao remate, asinounos os nosos libros e despedímonos del agradecéndolle a súa visita e o tempo que nos dedicou.
Podedes visitar a páxina dos Megatoxos e estar á última en todas as novidades desta pandilla.
E agora a reportaxe gráfica:

Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 25-03-2012 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE ANXO FARÑA
Hoxe estivo con nós o escritor e ilustrador Anxo Fariña, creador dos Megatoxos. Como a crónica e a reportaxe gráfica aínda están no forno, teredes que esperar para coñecer todos os detalles.
ESTADE ATENT@S!



Vale, vale..., aí vai un aperitivo:


Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 22-03-2012 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0