O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

XELÍS DE TORO: O TROMPETISTA E A LÚA
Os nenos e nenas de terceiro recibiron hoxe a visita do escritor Xelís de Toro, autor do libro que estiveron lendo e traballando durante varios días. O encontro resultou moi agradable e tod@s escoitaron atentamente o relato da historia de Evaristo. Xelís amenizou a súa charla tocando a trompeta e tivemos a sorte de que nos cantara un rap da súa época de xuventude en Santiago de Compostela. Despois de responder as preguntas e comentarios dos pequenos lectores, asinou moi amablemente os nosos exemplares. Por suposto, tamén deixou a súa pegada no noso libro de honra!!! MOITAS GRAZAS, XELÍS!!!


Para ver todas as fotos, clic AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 01-04-2016 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
AGARDANDO A XELÍS DE TORO
Mañá, 1 de abril, o alumnado de terceiro de Primaria recibirá na nosa biblioteca a visita do escritor Xelís de Toro. Como agasallo prepararon entre tod@s un bonito mural. Agardamos que lle guste!!
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 31-03-2016 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON ANTÓN CORTIZAS
O martes, 2 de xuño, o alumnado de cuarto recibiu na biblioteca a visita de Antón Cortizas, autor de Vaia tropa!, o libro de poemas que estiveron lendo este trimestre. Foi unha experiencia fantástica! Primeiro, o escritor contounos moitas cousas sobre a súa vida e a súa obra. Demostrounos que os limericks do seu libro imitan o ritmo da pandeirada! Tamén nos falou con especial cariño de Memorias dun río, coa que gañou o premio Barco de Vapor, e de O merlo de ferro e A merla de trapo, coas que quixo facer unha homenaxe aos seus pais. Despois divertímonos moito facendo papiroflexia (coa que repasamos matemáticas!) Aprendemos a elaborar un "bico de galo" para xogar ás adiviñas, e algúns de nós logramos facer soar un chifre de papel. Para finalizar, Antón asinou os nosos exemplares cunhas fermosas dedicatorias, todas elas con preciosos rechouchíos. Como agradecemento, tiñamos elaborado un mural no que recollemos os nosos propios limericks, creacións inspiradas nos poemas que lemos, e quedamos encantados cando nos dixo que lle gustaba moito. GRAZAS, ANTÓN!! Pasámolo xenial!!
 
 
 
 

Podes ver máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 03-06-2015 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON RAMÓN CARIDE
Como estaba previsto, hoxe o alumnado de terceiro de EP recibiu a visita de Ramón Caride Ogando, autor de As viaxes de Ruki, o libro que leron durante este trimestre. O encontro resultou moi ameno e agradable e tod@s quedaron encantados coas explicacións sobre a vida e a obra do escritor. Os nenos e nenas agradeceron a visita cun fermoso mural no que recrearon os personaxes e as escenas da simpática historia de Ruki. Ao finalizar a charla, o autor asinou amablemente todos os exemplares. MOITAS GRAZAS!!!
Podes ver a crónica da visita no seu blog de aula Kangurines
Para ver o álbum de fotos preme AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 29-05-2015 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMA VISITA DE RAmÖN CARIDE OGANDO
O próximo venres, día 29, o alumnado de terceiro de EP recibirá na nosa biblioteca ao escritor Ramón Caride, autor da obra que estiveron lendo, As viaxes de Ruki.
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 27-05-2015 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
LEDICIA COSTAS NA NOSA BIBLIOTECA
A mañá do xoves, día 16 de abril, visitou a nosa biblio Ledicia Costas, autora de ?Escarlatina, a cociñeira defunta?, un dos libros que o alumnado de quinto e sexto de Primaria traballamos este curso. Esta obra recibiu o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 da editorial Xerais.
Ledicia presentouse comentándonos datos da súa biografía: a súa orixe viguesa, os seus estudos de Dereito e que exerceu de avogada; aínda que agora só se dedica a escribir, actividade que realiza desde moi noviña, e a visitar os centros cuxo alumnado traballa cos seus libros. Tamén nos comentou a súa afección pola cociña e todo o referente ao mundo de ultratumba, temas que se reflicten perfectamente nesta obra.
Preguntounos se practicaramos realizando algunha das receitas e como nos saíran. Con moita nobreza, recoñecemos que non sempre tivemos éxito, pero que en segundos intentos o resultado foi mellorando.
Preguntándolle soubemos que este libro foi co que máis se divertiu ao escribilo, baseándose en vivencias propias como a impactante disección dun mexillón cando era nena. Entre outros moitos detalles, desvelounos a importancia que tivo para ela o seu avó, igual que para Román, o rapaz protagonista.
Ao remate, asinounos os libros cunhas dedicatorias moi agarimosas.
Moitas grazas, Ledicia!



Máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 20-04-2015 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
LEDICIA COSTAS
Mañá, 16 de abril, o alumnado de quinto e sexto de EP recibirá na nosa biblioteca a Ledicia Costas, autora do libro Escarlatina, a cociñeira defunta.
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 15-04-2015 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON VICENTE MUÑOZ PUELLES
O xoves, 19 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de EP recibiu na nosa biblioteca a Vicente Muñoz Puelles, autor dos libros que estiveron lendo: La gata que aprendió a escribir e Óscar y el león de correos. Despois de falar y de respostar as preguntas que lle fixeron, asinou todos os exemplares. MOITAS GRAZAS!!
MÁIS FOTOS
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 21-03-2015 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
CLASE ESPECIAL DE PLÁSTICA PARA QUINTO E SEXTO
Tal e como estaba programado, o pasado día 5 de marzo, o alumnado de 5º e 6º recibiu no noso cole ao ilustrador Víctor Rivas. Así relatan eles mesmos o encontro:
Este xoves tivemos unha clase de Expresión Plástica que xamais esqueceremos.
Visitou a nosa biblioteca Víctor Rivas, o ilustrador dun dos libros que traballamos este curso: "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Víctor, que é superamable e gracioso, falounos do seu traballo como ilustrador de libros de texto e, sobre todo, de cómic. Cando ten que ilustrar un libro de lectura comentounos o estudo previo da personalidade dos personaxes que ten que plasmar, en coordinación co autor ou autora do libro; pois os seus debuxos deben reflictir os sentimentos e emocións vividos por eses personaxes ao longo da obra.
Desvelounos o proceso que segue para debuxar: primeiro trazos suaves con lapis azul (mellor nun papel dobrado), logo calcar no papel limpo e dar xa os trazos definitivos con negro ou vermello.
Tamén nos ensinou a humanizar elementos comúns: números, letras, froitas... e a debuxar personaxes moi graciosos partindo de formas xeométricas simples.
Ademais explicounos a orixe do "MANGA" e como varía a expresividade dunha cara ao utilizar formas redondas ou angulosas.
Ao final e mentres el nos asinaba os libros, ata practicamos o aprendido e alí mesmo fixemos varios debuxos que nos quedaron superchulos.
Como dixemos, unha clase de Plástica inesquecible.

Máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 08-03-2015 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMO ENCONTRO CO ILUSTRADOR VÍCTOR RIVAS
O próximo 5 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibirá na nosa biblioteca ao ilustrador da obra Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, coa que acadou o premio Merlín de Literatura Infantil 2014, convocado pola editorial Xerais. Nesta ocasión será Víctor Rivas, ilustrador do libro, o que nos desvelará os segredos deste relato que encandilou aos nenos e nenas, xa que, arredor do noso PDI, interésannos moito os aspectos relacionados coas cores, as luces, as sombras..., nunha palabra, a linguaxe das imaxes como contadoras de historias. Agardamos un encontro moi proveitoso.
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 28-02-2015 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0