O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

VISITA DE FINA CASALDERREY

O 18 de maio, os nenos e nenas de QUINTO de EP, recibiron na nosa biblioteca a Fina Casalderrey, unha escritora xa coñecida polo alumnado por ternos visitado noutras ocasións. Desta vez, o motivo foi a súa preciosa historia A lagoa das nenas mudas. Como sempre, foi unha delicia estar con ela, escoitala e compartir opinións e sentimentos. Moitas grazas, FINA, esperamos verte axiña!!!

Por suposto, tamén asinou os nosos exemplares:

MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CONNOSCO ESTES MOMENTOS TAN AMENOS!!!
Moitas máis fotos, AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 22-05-2017 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMO ENCONTRO CON JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
Mañá, venres, o alumnado de QUINTO e SEXTO de EP recibirán na biblioteca a visita de Jacobo Fernández Serrano, autor do libro MIL COUSAS PODEN PASAR, co que compartirán tempo e conversa sobre a lectura desta obra.
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 20-04-2017 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON MARÍA CANOSA
Os nenos e nenas de TERCEIRO recibiron con moito entusiasmo a visita de María Canosa, autora de Rubicundo, o libro que estiveron lendo e compartindo o pasado trimestre. Moi entregados, escoitaron con atención o relato da escritora e formuláronlle preguntas moi atinadas sobre a súa vida e a súa obra.
Tamén elaboraron un precioso mural co que agradeceron a súa presencia.
Para finalizar o encontro, María asinou todos os exemplares.
GRAZAS, MARÍA!!!
PARA VER MÁIS FOTOS, CLIC AQUÍ
Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 20-04-2017 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMO ENCONTRO CON MARÍA CANOSA
O próximo día 20 o alumnado de terceiro de Primaria recibirá a visita de María Canosa, autora do libro que están lendo e traballando, RUBICUNDO. Seguro que será un encontro moi interesante!!Estaremos pendentes para que nos contedes os detalles!!
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 18-04-2017 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ
Así de contentos e entusiasmad@s estaban hoxe os nenos e nenas de PRIMEIRO de EP durante a visita do escritor ourensán IAGO LÓPEZ:

Fonte: http://ocurrunchodoprimeirociclo.blogspot.com.es/
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 03-04-2017 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMA VISITA DE IAGO LÓPEZ
O alumnado de PRIMEIRO de EP está impaciente por recibir a visita de Iago López, autor do libro co que estiveron traballando e disfrutando, O cociñeiro Martiño. O próximo luns, día 3, será a data do encontro. Xa nos contaredes!!!
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 31-03-2017 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMA VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ
O próximo día 24 de maio, o alumnado de quinto e sexto de Primaria recibirá a visita de Xavier Estévez, autor do libro "O corazón da maxia":
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 22-05-2016 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON ÉRICA ESMORÍS
O xoves, 5 de maio, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria recibían con moitísima ilusión a visita de Érica Esmorís, a autora do libro que estiveron lendo e traballando este trimestre, "Nena e o mar". Como agasallo de benvida prepararon un precioso mural que nos lembraba o argumento da novela e que gustou moito á nosa convidada. Axiña comezou a charla e inmediatamente quedamos engaiolados polo relato ameno e fluido que a escritora, sempre cercana, nos fixo da súa vida e de como influiron nela as tres grandes paixóns que a acompañaron e guiaron desde cativa: os animais, o mar e a escritura. Co apoio dalgunhas imaxes fomos percorrendo a historia de Nena desde o momento en que naceu na imaxinación da escritora ata que se convertiu na obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015. Tamén nos encantou escoitar a fermosa canción que compuxo Matthew, a súa parella, inspirada no personaxe do fareiro. Para finalizar, Érica, asinou moi amablemente os nosos exemplares. MOITAS GRAZAS!!! Agardamos que os ciumes do teu can fagan que axiña poidamos gozar doutro dos teus libros. GRAZAS, tamén, a Matthew por permitirnos compartir o seu talento cos lectores deste recanto. (Podedes escoitar máis cancións no seu canal de YouTube)
Para ver todas as fotos clic AQUÍ
Se queres escoitar a canción do fareiro:
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 11-05-2016 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON ANXO FARIÑA
Unha visita agardada polos nenos e nenas de cuarto convertiuse hoxe nunha sorpresa moi agradable. O escritor e ilustrador Anxo Fariña presentouse na biblioteca un día antes do previsto. Os nervios e a emoción revolucionou a rapazada e nun abrir e pechar de ollos acudiron ao encontro coa ilusión de coñecer ao autor do libro que estiveran lendo con entusiasmo, Os Megatoxos e o aprendiz de druída. Anxo engaiolou a tod@s coas súas historias e cos seus debuxos. Unha experiencia fantástica!!! Ata pronto, Anxo, agardamos que volvas axiña!!!
Para ver as fotos e saber máis cousas sobre este encontro visita o seu blog de aula KANGURINES
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 13-04-2016 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
OLI: ENCONTRO CO ALUMNADO DE 1º E 2º
Os nenos e nenas de primeiro e segundo de EP recibiron hoxe a visita do escritor OLI, autor dos libros que estiveron lendo e traballando este trimestre: O rato avó e o muraño e Leocadio, o león. Primeiro escoitaron atentamente todo o que contou sobre a súa traxectoria como escritor e como imaxinaba as historias que escribía; despois fixeron preguntas e comentarios sobre a lecturas; por último, asinou moi amablemente todos os exemplares. MOITAS GRAZAS, OLI!!! ENCANTOUNOS QUE VIÑERAS VISITARNOS!!!



Máis fotos AQUÍ
Para ver o que eles mesmos nos contan deste encontro visita o seu blog: http://ocurrunchodoprimeirociclo.blogspot.com.es/
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 11-04-2016 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0