Hoxe tivo lugar a segunda xornada de DÍAS DE POESÍA, a cargo do alumnado do segundo ciclo de Primaria. Axiña teredes cumprida conta de todo o que aconteceu nestes días, onde os nenos e nenas do noso centro volven facer gala do seu saber estar e da súa arte recitando aos poetas máis recoñecidos, tanto en galego como en castelán. Pero, para os impacientes, xa podedes disfrutar cuns vídeos que atoparedes na páxina web do centro: Días de poesía con 4º - Días de poesía con 3º. Mañá tocaralles ao primeiro ciclo, que xa están moi preparados. Aquí os tendes nunha sesión de ensaio:
Coa primavera, as flores, a alegría..., chega a POESÍA. O día 21 de marzo é a data acordada pola UNESCO para celebrar o Día Mundial da Poesía (podedes ler AQUÍ a mensaxe de Irina Bukova, directora xeral da Unesco, co gallo desta celebración). Por outra banda, é tamén unha das datas sinaladas no calendario das letras, que recolle os principais eventos anuais relacionados coas letras galegas. E, como desde hai varios cursos, no Mestres Goldar tamén temos unha cita coa poesía nas xornadas de recitados, DÍAS DE POESÍA, que comezarán o 23 de marzo. Non esquezades visitar a exposición de libros de poesía que temos na biblioteca. Na seguinte ligazón atoparedes unha escolma de páxinas e recursos para traballar a poesía nas aulas. Podedes acceder tamén no panel lateral:
O venres rematou a Semana da Poesía, despois de varios días de fermosos recitados cos que os nenos e nenas nos agasallaron, facendo, novamente, alarde do seu bo facer e da súa ?profesionalidade?. Durante estas xornadas achegámonos a diferentes autores/as, á súa vida e á súa obra, ao texto poético, ao seu ritmo, á súa musicalidade...
Queremos felicitar a todos/as pola súa entrega, a súa dedicación e, por suposto, polo ben que o fixeron e polo ben que souberon transmitir toda a beleza da poesía. MOITOSPARABÉNSATODOS/AS!!FOIFANTÁSTICO!!
Se queredes volver disfrutar da nosa Semana da Poesía, aquí tendes os vídeos destas inesquecibles xornadas poéticas:
Todo comezou coa chegada de dous piratas moi especiais, cos que nos metemos nun mar de poesías como as que ofreceu o alumnado do terceiro ciclo (para ver o vídeo sin interrupcións deixa que cargue enteiro: dálle ao play e detén a reproducción, espera que se encha a línea vermella de abaixo e a continuación volve darlle ao play):
Os nenos e nenas do 1º ciclo de EP tamén o fixeron moi requetebén:
Seguimosentempodepoesía... A próxima semana terá lugar a Semana da Poesía, xornadas de recitados de poemas que o alumnado ven preparando todos estes días, lendo, analizando, ensaiando, memorizando... Bueno, que xa estou desexando que chegue o día para gozar da man destes pequenos artistas que, coa súa sensibilidade, saben apreciar e transmitir toda a beleza da poesía. Durante a "Hora de ler" cada ciclo ofreceranos o seu recitado, en galego e en castelán, de varios autores/as (podedes ver AQUÍ o programa ou premendo na imaxe).
Ah! E ide preparándovos para invocar ás musas e convertirvos vós tamén en poetas e poetisas... Xa vos contarei!!
E se queredes ir facendo boca, podes ver AQUÍ a reportaxe da Semana da Poesía do curso pasado. Foi FANTÁSTICO!!
Hoxe quedaron inauguradas oficialmente as xornadas dedicadas á poesía. Para este acto contamos coa colaboración de dous actores fantásticos que nos fixeron gozar cunha historia de piratas na que non faltou de nada: esqueletos, cofres do tesouro, mapas... e, por suposto, poesía! pois alí estaba un pirata poeta que nos recitou aquel famosísimo poema de Espronceda que comeza así: ?Con cien cañones por banda??, lembrades?
Eu penso que non se pode empezar mellor, xa que o teatro e a poesía fan unha mestura excelente. Pasámolo estupendamente e agora estou desexando vervos a vós, na semana dos recitados, pois seguriño que todos imos quedar abraiados co ben que o faredes.
Aquí vos deixo a reportaxe. ¡DISFRUTADE!
Para que poidas escoller as túas lecturas poéticas, na biblioteca tes unha exposición con libros de poesía, en galego e en castelán, na que che será moi fácil atopar o que a ti che gusta.
E xa sabes, tal e como di o cartel da biblioteca, estamos en
Aquí tendes a reportaxe gráfica da SEMANA DA POESÍA. ¡Foi fantástica!
Unha vez máis, estes nenos e nenas demostraron que son uns artistas. Todos estes días estiveron traballando arreo para agasallarnos con estes fermosos recitados. Resultou unha semana do máis poética, na que descubriron o pracer de ler poesía e a satisfacción de compartila. Pero a última sesión de recitados viña con sorpresa: o profe Carlos recibiu unha inesperada chamada telefónica cando iamos comezar. Todos quedamos abraiados, e máis cando soubemos quen nos chamaba:
E isto foi o que pasou. Agora toca esperar pero, claro, estamos moi, moi impacientes e desexando recibir canto antes as noticias de MIK.
A primavera e a poesía chegan xuntas ao Mestres Goldar e, para celebralo, a Biblioteca organizou a "Semana da poesía", do 22 ao 26 de marzo. Durante a "Hora de ler" cada ciclo ofreceranos un recitado de poemas, en galego e en castelán, de varios autores/as (podedes ver AQUÍo programa).
Todos os cursos están traballando arreo na súa selección, analizando métricas, rimas, ritmos, entoación... En fin, que xa estou desexando disfrutar do bo facer destes pequen@s artistas.
A verdade é que ando entusiasmado con isto da poesía, ¡palabras que teñen música!, e estou por pedirvos que fagades de poetas e poetisas. Estade ben atent@s, axiña haberá novidades.