Este ano, na SEMANA DA POESÍA, Mik fíxonos una proposta que nos encantou a tod@s: había que xunguir o noso PDI sobre a luz e as cores co goce da lectura, recitado e creación de poesías. De aí naceu o noso MUSEO DE CADROS POÉTICOS que está instalado no salón de actos, pois a nosa biblioteca quedounos pequena para expoñer tantas obras de arte.
Como sempre, o noso amiguiño MIK mandounos unha carta onde nos explicaba a actividade:
E, claro, hobo que escoller as poesías que nos gustaban, lelas, aprendelas para recitar e ilustralas. Canto traballo!! Pero estes nenos e nenas son fantásticos e axiña se puxeron á faena:
Despois de rematar os cadros, leváronse ao noso museo particular que se encheu de cores e poesía:
QUEDOU PRECIOSO!! Agora todo o alumnado pode gozar nas visitas ao museo da arte e da poesía nunha xuntanza moi, moi, artística:
Olaaa!! Xa hai algún tempo que non tendes noticias miñas. A verdade é que estes días andei moi atarefado preparando o precioso museo de cadros poéticos que vós creastes tan artísticamente.
Pero na nosa chulísima biblioteca pasaron moitas cousas co gallo da celebración do Día da Poesía ou, mellor dito, da SEMANA DA POESÍA.Os REBELDES de 3º de EP non perderon o tempo e puxéronse mans á obra rápidamente: leron poesía e xogaron coas palabras creando fermosas poesías para o seu concurso, ilustraron magníficamente o libro de Miguel Angel Álonso Diz, , autor do Cullarapo Croque. Como guinda do pastel tiveron a inesperada visita do escritor, co que gozaron dunha sesión fantástica e superdivertida.
Tendes moita máis información no seu blog de aula KANGURINES
Hoxe rematou a SEMANA DA POESÍA cunha sobremesa moi especial: os fantásticos recitados dos nenos e nenas de E. Infantil. Primeiro foron os peques de tres anos cunha bonita poesía dun pitiño amarelo que nos encandilou a tod@s. A continuación, o alumnado de catro anos contounos con moito entusiasmo o atarefado que andaba un dentista na selva e, por último, os nenos e nenas de cinco anos recitaron e teatralizaron requetebén "O noso corpo quere xogar", de Alicia Borrás. Entre tod@s conseguiron unha perfecta despedida destas xornadas de poesía. PARABÉNS A TOD@S, nenos, nenas e profes!! E... ATA O CURSO QUE VEN!!!
E xa van tres!! Tres días de fermosos recitados a cargo do alumnado do centro. Desta vez foron os nenos e nenas do 1º ciclo os que conseguiron que, unha vez máis, saborearamos deliciosas poesías que nos pasearon en barca, preocupámonos pola a Carapuchiña, tocamos o chifre, camiñamos amodiño como un caracol, choramos cos lagartos, visitamos á avoa Manuela, xurdiu a primavera, naceu un arco da vella..., unha morea de sensacións ían aparecendo cos versos que nos recitaron fantasticamente. PARABÉNS A TOD@S!! PASÁMOLO XENIAL!!
Hoxe gozamos da segunda xornada de "DÍAS DE POESÍA" que protagonizaron os nenos e nenas do segundo ciclo de Primaria. Ofrecéronnos un escollido programa que resultou un espectáculo fantástico cheo de fermosas poesías que recitaron á perfección. O alumnado de terceiro presentou catro poemas titulados "O UN MAILO CERO", de Xosé Rodríguez Ferrer, "CINCENTA", de Ana María Fernández, e "ESTE PICASO É UN CASO" e "CABALLITO DE MADERA" de Carlos Reviejo. A continuación interviñeron os nenos e nenas de cuarto con poesías de Fran Alonso pertencentes ao seu libro "O MEU GATO É UN POETA".
PARABÉNS A TOD@S!! FIXÉSTELO REQUETEBÉN!!
PODES LER A CONTINUACIÓN A PRESENTACIÓN E AS POESÍAS RECITADAS PARA VER ÁLBUM COMPLETO DE FOTOS, CLIC AQUÍ (Estade atentos, axiña teremos os vídeos)
Hoxe comezamos a semanana adicada á poesía cun fermoso recitado a cargo dos nenos e nenas do 3º ciclo de EP. Así nos explican a súa actuación: Como benvida á primavera, un ano máis no colexio celebramos a SEMANA DA POESÍA e reunímonos para compartir os traballos que se realizaron nas distintas aulas.
Hoxe luns comezamos terceiro ciclo e recitamos en lingua castelá catro poemas de Antonio Machado: "Primavera", "Para tu ventana", "Parábolas" e "Pegasos, lindos pegasos". Eliximos este autor por estarse a celebrar este ano o 75 aniversario do seu pasamento.
En lingua galega escollemos poemas de Antonio García Teijeiro, autor do que estamos a traballar o seu precioso libro de poesía "Na fogueira dos versos" e unha das sete cantigas de Martín Códax, de cuxo achado no Pergamiño Vindel se conmemora o centenario este ano 2014. Ademais tivemos a ousadía de continuar dous destes poemas con catro estrofas máis.
Por último, unha nena e un neno leron un poema composto por eles mesmos.(Podemos ler a PRESENTACIÓN e a descrición do traballo de creación AQUÍ)
PARABÉNS, RAPACES, foi unha magnífica inauguración!!!
O día 21 de marzo é a data acordada pola UNESCO para celebrar oDía Mundial da Poesía. Por outra banda, é tamén unha das datas sinaladas no calendario das letras, que recolle os principais eventos anuais relacionados coas letras galegas.
E, como desde hai varios cursos (xa van seis!!), a primavera trae a POESÍA ao MESTRES GOLDAR: a biblioteca do centro organiza unha cita coa poesía nas xornadas de recitados, DÍAS DE POESÍA, do 24 ao 27 de marzo.
Todos os cursos xa están traballando arreo para ofrecernos un ano máis un espléndido espectáculo poético. En fin, que xa estou desexando disfrutar do bo facer destes pequen@s artistas.
Na seguinte ligazón atoparedes unha escolma de páxinas e recursos para traballar a poesía nas aulas. Podedes acceder tamén no panel lateral:
Na semana do 18 ao 21 de marzo celebramos no cole a chegada da primavera cun recitado de poesía no que participa todo o alumnado do centro e que xa vai pola 5ª edición!! Trátase dunha actividade con moito éxito de acollida entre os nenos e nenas que preparan os seus poemas concienzudamente, lendo, analizando, ensaiando, memorizando... Un curso máis, queremos felicitar a tod@s polo ben que o fixeron e polo ben que souberon transmitir toda a beleza da poesía. FOI FANTÁSTICO!!
Preme na imaxe para ver o álbum de fotos
MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA ILUSIÓN E ENTUSIASMO!!
O venres rematou a actividade Días de Poesía, despois de varias xornadas de recitados de poemas que o alumnado preparou concienzudamente, lendo, analizando, ensaiando, memorizando... Un curso máis, queremos felicitar a todos/as polo ben que o fixeron e polo ben que souberon transmitir toda a beleza da poesía. FOI FANTÁSTICO!! Aquí vos deixo os vídeos que faltaban. DISFRUTADE!!
Se premes na imaxe de abaixo poderás ver unha morea de FOTOS