O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

O 25 DE NOVEMBRO, NÓS TAMÉN DAMOS A CARA
Hoxe, o alumnado do centro recibiu nas aulas unha visita que sempre é moi celebrada polos nenos e nenas. Sabedes quen?? Pois claro!, era MIK, vestido de científico-investigador, como corresponde este ano, que viña acompañado por Luciña para facernos unha proposta chulísima. Co gallo da celebración do 25 de novembro pola igualdade de xénero, imos facer... un SPOT PUBLICITARIO!!, baseándonos nun que sae pola tele e que nos gusta moito. O noso lema da campaña será "Polas mulleres-luz da miña vida, EU DOU A CARA!!" Primeiro temos que completar un cartaz cun nome de muller que ilumina as nosas vidas. Seguro que tod@s temos moitas, pero hai que escoller unha e explicar as razóns da nosa elección. Vai ser emocionante!! Despois seremos actores e actrices de publicidade e teremos que aprender un pequeno guion para que todo saia ben. Vai ser fantástico!!! GRAZAS, MIK e LUCIÑA!! ENCANTOUNOS ESTA IDEA!!
Aquí tendes o alumnado de cuarto no momento de chegaren á aula os nosos estupendos amiguiños. Celia, como responsable do día, foi a encargada de ler as mensaxes. Logo fixeron un pouco de debate sobre o que entendían por mulleres-luz ou mulleres que ilumnan as nosas vidas, tamén se expresaron sobre o que significa "dar a cara" por alguén. Foi un coloquio moi proveitoso. PARABÉNS!!

PODES VER OS CARTACES QUE IMOS EMPREGAR: CONVOCATORIA - CARTAZ1 - CARTAZ2 - CARTAZ3

PODES VER MÁIS FOTOS AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 13-11-2014 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Because I am a Girl é unha campaña que ten como obxectivo transformar as vidas das nenas mais pobres do mundo. O acceso das nenas á educación e aos dereitos serán os piares que sosteñan a desaparición da pobreza e discriminación no que se atopan as rapazas en moitos países do mundo:

Pero a música e as cancións tamén son un bo xeito de reivindicar os dereitos:

Tamén podedes ler o libro A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES, un libro para reflexionar que nos chega desde Blogesquío

Atoparás moitos recursos para traballar arredor desta data no panel lateral, baixo o epígrafe:
IGUALDADE - COEDUCACIÓN
Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 25-11-2013 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
MÚSICA PARA A IGUALDADE: TEN POUCA DIFERENÇA
TEN POUCA DIFERENÇA
Unha canción do libro-disco "María Fumaça" moi acaído para empregar nas aulas de cara ao 25 de novembro:



Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 21-11-2012 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE NOVEMBRO: LECTURAS PARA A IGUALDADE II
GUÍA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NON DISCRIMINATORIA II
Esta guía, que é unha continuación da realizada no ano 2004, foi elaborada pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX), a instancias da Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Educación, a través do seu Seminario Permanente de Educación para a Igualdade.
Trátase dunha relación de 50 obras da literatura infantil e xuvenil en galego, publicadas nos anos 2005, 2006 e 2007, destinadas aos nenos e as nenas de entre 0 e 18 anos. Tal e como se nos explica na súa Presentación e Limiar, faise unha escolma daquelas obras máis significativas da literatura infantil e xuvenil en galego nas que se recolle claramente o valor da igualdade entre nenas e nenos, o protagonismo feminino ou a ruptura con esquemas preestablecidos e xa caducos en relación con aptitudes e comportamentos marcados polo sexo das persoas protagonistas.

Dirixido fundamentalmente aos mediadores e mediadoras, o documento estrutura as lecturas en grupos de idade, resume as temáticas máis interesantes de cada obra relacionadas coa educación e, para saber máis, propón obras relacionadas que lle permiten á persoa lectora afondar na temática elexida. Para acceder ao documento en .pdf, preme na imaxe.

Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 19-11-2012 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE NOVEMBRO: LECTURAS PARA A IGUALDADE
Dous preciosos álbumes para traballar a igualdade de oportunidades e a coeducación cos nosos alumnos e alumnas:

¿Hai algo más aburrido que ser una princesa rosa? de Raquel Díaz , publicado pola Editorial Thule e A princesa Sabela de Cornelia Funke, editado por Xerais. En ambos casos, as protagonistas, dúas princesas, rompen cos estereotipos sexistas e rebélanse ante a realidade que lles é dada por tradición nos contos. Elas queren ser diferentes: poder subir ás árbores, meter o dedo no nariz,cazar feros dragóns, voar en globo...
A tradición dos contos de fadas, príncipes e princesas desaparece nestas dúas historias, fermosamente ilustradas, que farán as delicias do noso alumnado ao tempo que lles presentamos realidades afastadas dos roles que tradicionalmente lles veñen adxudicando ás mulleres os contos tradicionais.

ATOPARÁS MÁIS LECTURAS PARA A IGUALDADE AQUÍ e moitos RECURSOS no menú de navegación:

Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 17-11-2012 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
REGALA IGUALDADE


Desde primeiros de decembro xa se pode ver nas rúas o material correspondente á campaña "Por un uso non sexista dos xogos e xoguetes" da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
Así presentan a campaña na súa páxina web:

A través do xogo imítanse condutas, transmítense valores, modelos de comportamentos, actitudes, etc, que van configurando a educación que reciben as nosas fillas e os nosos fillos. Sabemos que todo isto é determinante para a formación e o desenvolvemento da súa personalidade, e para a construción da súa identidade como home ou como muller na sociedade na que van vivir.
A idades moi temperás (0 a 3 anos) nenos e nenas xogan indistintamente con diversos tipos de xoguetes que pouco tempo despois uns e outras descartan por considerarlos doutro sexo, perdendo cada un deles e delas a oportunidade de aprender novas capacidades que lles favorezan a convivencia entre sexos, e as e os enriquezan como persoas. Este cambio prodúcese normalmente a partir dos 3 anos, coa incorporación na escola e coa asignación de roles e estereotipos diferenciados para nenas e nenos.
A través da imaxe da campaña que vos enviamos, a concellería de Igualdade persegue sensibilizar á cidadanía fronte ao uso sexista que se está a facer dos xogos e dos xoguetes e vai dirixida a axentes socializadores como a familia, a escola , os medios, as xogueterías , as superficies comerciais..., pois durante todo o ano familiares e amizades mercan xoguetes con motivo de múltiples celebracións: aniversarios, Nadal, fin de curso, etc. Ningún dos axentes socializadores citados debería etiquetar os xogos ou xoguetes, segundo o sexo da/o destinataria/o.



Comentarios (2) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 24-12-2011 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
25 NOVEMBRO: materiais e recursos
De cara á celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero deixo a ligazón a algunhas páxinas con recursos e materiais:
  • Unha fantástica selección de recursos para traballar nas aulas a educación en igualdade e a violencia contra as mulleres, recollida na páxina Educación en valores:
MÁIS RECURSOS:


Comentarios (1) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 20-11-2011 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
YO CUENTO, TÚ PINTAS, ELLA SUMA


A escola non é un espazo neutral. Nela transmítense valores, modelos e estereotipos, e convírtese nun lugar ideal onde sementar a erradicación das desigualdades. De aí xorde a necesidade deste material didáctico, que pretende ser unha ferramenta para coeducar en Educación Primaria.
A publicación foi impulsada polo Instituto Asturiano da Muller, a Consellería de Educación e Ciencia e a Consellería de Saúde e Servizos Sanitarios do Principado de Asturias, e é froito dun grupo de traballo composto por diferentes persoas expertas en coeducación, provenientes das institucións participantes, de Centros do Profesorado e de Recursos, de distintos centros educativos e de Fundación Mulleres, entidade especialista na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
O material abarca cinco áreas do currículo: Coñecemento do Medio, Educación Artística, Educación Física, Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas. En todas elas, partindo de contidos curriculares, propóñense actividades a desenvolver na aula. Ten, por tanto, varios colectivos destinatarios: o profesorado de Educación Primaria, que atopará ideas, suxestións e motivación para integrar na súa práctica cotiá unha perspectiva coeducadora; o alumnado de Educación Primaria, as nenas e nenos que deberán ser mulleres e homes capaces de relacionarse en igualdade; e as familias, cuxa implicación se suxire en moitas das actividades. (Clic na imaxe para acceder ao documento en Pdf)
Fonte
Ver anotación en SM Conecta 2.0

Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 19-11-2011 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
OING, OING!!
No noso grupo de Bibliokolegas temos a sorte de contar co talento de Almudena Janeiro, quen nos agasallou na última xuntanza cunha fermosa primicia: unha nova canción, esta vez arredor do conto de Anthony Browne, 'O libro dos porcos. Como xa nos ten demostrado, a música e os libros fan unha fantástica mestura polo que ao goce de ler engadímoslle o gusto de escoitar e mesmo de cantar. Velaí unha saborosa receita: Contos en cantos, a primeira obra da nosa compañeira, que nos fixo disfrutar de moi bos momentos a pequenos e a grandes.
E gracias á súa xenerosidade agora temos esta nova canción que conta, nun tono acorde ao público que vai dirixida, unha historia para a reflexión, que nos axudará na inexcusable tarefa de educar para a igualdade.
Aquí está:



Podes ler
AQUÍ a letra desta divertida canción.A QUE MOLA?

GRACIAS, ALMUDENA!!!

E a continuación podes ler o conto nunha atractiva presentación realizada por
bibliobeade:


Comentarios (1) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 30-11-2010 01:41
# Ligazón permanente a este artigo
EU COIDO DE TI
Un suxestivo cartaz para rexeitar unha terrible lacra social




Este foi o cartel gañador do concurso convocado pola Concellería de Igualdade, elexido entre as 16 propostas presentadas, e cuxa autora é Mónica Bar Cendón. Respecto aos criterios que se tiveron en conta para escoller o cartel gañador, titulado ?Eu coido de ti?, a concelleira de Igualdade mencionou a súa calidade e orixinalidade, a transmisión dos valores da igualdade e a non violencia, que fuxise de ?imaxes tétricas? e que non só puxese o foco na vítima, senón tamén no agresor. Explicou tamén que os carteis presentados deberían incluír o lema da convocatoria deste ano ?Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas?.
Atoparalo espallado polas rúas da nosa cidade. Deteñámonos a pensar.


IGUALDADE - COEDUCACIÓN

Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 26-11-2010 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0