O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

25 DE NOVEMBRO: A PORTA VIOLETA
O 25 de novembro é a data escollida pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller. Con esta celebración preténdese concienciar a toda a sociedade, denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Esta convocatoria comezou o 25 de novembro de 1981 en lembranza da data en que foron asesinadas, en 1960, as tres irmás Mirabal, activistas dominicanas que loitaron polos dereitos das mulleres en contra do dictador Trujillo. Foron alcumadas co precioso nome de AS BOLBORETAS.
Co gallo desta celebración, o noso alumnado traballará coa canción de ROZALÉN, La puerta violeta, para aprendela e cantala tod@s xunt@s nese día.
Abaixo tendes varios vídeos nos que podedes ver varias postas en escea da mesma canción: canción en directo con linguaxe de signos, videoclip, e vídeo coa letra da canción. Escolle a que máis che guste e comeza a cantar!!!


Comentarios (3) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 18-11-2018 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
E. INFANTIL DÁ A CARA POLA IGUALDADE
Aquí están os nenos e nenas de E. INFANTIL cos seus preciosos cartaces coas mulleres que iluminan as súas vidas. E, por suposto, berraron ben alto que dan a cara por elas. Aquí os tendes. A gozar!!
Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 17-12-2014 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE
Como remate ás actividades arredor do 25 de novembro, na biblioteca do centro levouse a cabo o obradoiro "CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE", un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixido a nenos e nenas de 2º, 4º e 6º de EP. A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero. A charla resultou moi amena e proveitosa. O alumnado mostrou moito interese e involucrouse activamente en todas as propostas. Podedes ver a crónica da actividade do grupo de 2º de EP no seu blog de aula: O curruncho do primeiro ciclo

Podes ver todas as fotos da actividade AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 10-12-2014 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
SPOT PUBLICITARIO: SEGUNDO DE EP DÁ A CARA POLA IGUALDADE
Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 01-12-2014 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
SPOT PUBLICITARIO: TERCEIRO E CUARTO DAN A CARA POLA IGUALDADE
Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 29-11-2014 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
SPOT PUBLICITARIO: PRIMEIRO DE EP DÁ A CARA POLA IGUALDADE
Comentarios (3) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 27-11-2014 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
SPOT PUBLICITARIO: QUINTO E SEXTO DAN A CARA POLA IGUALDADE
Comentarios (1) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 27-11-2014 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
SPOT PUBLICITARIO: MAKING-OF
Xa temos o making-of do noso spot publicitario. Bueno, serán varios porque neste cole hai moitos actores e actrices que quixeron participar. Traballaron arreo pero están contentísim@s. E o que é mellor, moi sensibilizad@s e comprometid@s. Resultará unha campaña moi bonita a favor da IGUALDADE DE XÉNERO. PARABÉNS A TOD@S por este fantástico traballo!!!
Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 26-11-2014 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE NOVEMBRO: DAMOS A CARA!!!
Este non é un martes calquera, hoxe é 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia de Xénero, polo que comezamos o día colocando na nosa roupa un lazo de cor malva para chegar ás aulas ben adobiad@s para o diálogo e o debate arredor deste problema que avergoña á sociedade. Tod@s se manifestaron dispostos a dar a cara pola igualdade. Parabéns, rapaces!! Vós sodes os adultos do futuro e os que faredes que desapareza esta lacra social. Por suposto, MIK tamén puxo o seu lazo, ao igual que todo o persoal do centro, docente e non docente:
E aquí están tamén os cartaces de quinto e de segundo de EP. CHULÍSIMOS!!!

Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 25-11-2014 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
POLAS MULLERES-LUZ DA MIÑA VIDA...
Hoxe comeza a campaña de sensibilización pola igualdade de xénero que se desenvolverá no noso cole baixo o lema "Polas mulleres-luz da miña vida, EU DOU A CARA!", baseada no anuncio que a empresa Atresmedia difunde pola televisión. O alumnado do centro completou uns cartaces cos nomes das mulleres polas que dan a cara e as razóns polas que elas iluminan as súas vidas. Mamás, avoas, tías, irmás, profes..., moitos nomes de muller rotulados con cores brillantes aparecen nos seus traballos. Pero non acaba aí a cousa! Mañá tod@s luciremos na roupa lazos malva e o mércores comezarán as gravacións dos spots publicitarios. Porque no noso cole... DAMOS A CARA POLA IGUALDADE!!!
E AQUÍ ESTÁN OS CARTACES:




E MAÑÁ, MÁIS!!
Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 24-11-2014 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0