Do 5 ao 9 de marzo nos centros educativos galegos celébrase un ano máis a Semana da Prensa na Escola. Con esta efeméride, os escolares complementan os seus libros con exemplares de xornais convertendo a prensa nun elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo actividades que favorecen o sentido crítico do alumnado. E niso andan os nenos e nenas de 1º de EP, traballando na biblioteca rodeados de xornais, lendo, analizando, buscando, recollendo información, elaborando noticias... FANTÁSTICO!!! Parabéns a tod@s polo estupendo traballo!!!
Para traballar a SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA tentamos conxugar nunha actividade a lectura da prensa co noso Proxecto Documental. Deste xeito xurdiu a proposta de recollida de noticias sobre alimentación, dietética..., coa finalidade de elaborar os nosos propios noticiarios, titulados "DEVORANDO NOTICIAS". O alumnado contou cunha semana para revisar, ler e seleccionar aquelas noticias que lle pareceron máis interesantes. Cada recorte debía presentarse nunhas plantillas que se facilitaron previamente. A resposta foi moi numerosa e xa comezamos a encadernar os "noticiarios" por curso. De momento podedes ver o de 1º, o de 3º e o de 5º de EP. Axiña teremos listos os demais, cos que se incrementarán os fondos da sección de Creación Propia. Moitas grazas e moitos parabéns polo traballo tan chulo que fixestes!!
Do 8 ao 12 de marzo todos os centros escolares temos unha cita co mundo dos xornais. Coa Semana da Prensa pretendemos familiarizar ao noso alumnado con este medio de comunicación, que nos achega a realidade, próxima ou lonxana, e que pode ser un bo recurso para fomentar a lectura, introducir ou afianzar o uso de novas fontes de información, descubrir outras formas de comunicar, analizar con sentido crítico...
A biblioteca do noso centro preparou para estes días un caderno de traballo para a educación documental sobre a prensa dixital e que o alumnado do segundo e terceiro ciclo deberá completar en equipo. Realizarán tamén as actividades Lim que nos chegan dende o Cep Dr. Fleming.
CADERNO DE INVESTIGACIÓN: "Investiga con Mik Holmes sobre a prensa dixital":