O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

8 DE MARZO... EN PÉ DE IGUALDADE. RECURSOS ( III )
Seguimos coas nosas pescudas na rede para atopar recursos interesantes para levar ás aulas co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Nesta ocasión presentamos un caderno de traballo cunha completa proposta de actividades que nos chega desde o blog Gándara de Lemos (preme na imaxe):


Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 05-03-2013 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO... EN PÉ DE IGUALDADE. RECURSOS (II): VOUME DEITAR
"VOUME DEITAR" é unha presentación en Power Point que tamén nos pode servir para motivar un debate entre o noso alumnado. Para ver e pensar...


FONTE
Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 05-03-2013 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO... EN PÉ DE IGUALDADE. RECURSOS ( I )
A Concellería de Igualdade do concello de Vigo pon a disposición de todos os docentes, e do público en xeral, unha WEB co título Datas e datos para lembrar... en pé de igualdade... e non esquecer en todo o ano onde se recollen diferentes propostas, recursos e actividades arredor das datas máis celebradas nos centros escolares. Recomendamos vivamente un percorrido por dita páxina aproveitando que en todos os centros estanse a preparar para celebrar o Día 8 de marzo. Para empezar prestade moita atención ao seguinte vídeo que, seguramente, vos levará a unha interesante conversación cos amig@s e coa familia.

E non esquezades que...


Comentarios (1) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 05-03-2013 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO: MULLERES CIENTÍFICAS
Unha interesante presentación con actividades sobre mulleres científicas ao longo da historia, moitas delas loitando cunha sociedade inxusta e discriminatoria que non soubo apreciar o seu talento pero que non puido coa súa vontade férrea e co seu amor á ciencia (podes velo en pantalla completa premendo no icono da parte superior):







Comentarios (2) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 07-03-2012 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
IGUAL QUE TÚ
Curtametraxe do IES Miguel Servet que obtivo o primeiro premio da súa modalidade no VII Festival de curtametraxes de Cinema e Saúde (Zaragoza 2009). O equipo de Servetus Studio 2009 realizou unha película en parte de animación cunha técnica nova. A mensaxe está clara: As cousas da casa son tarefa de todos. A banda sonora orixinal tamén recibiu unha mención especial no devandito festival.
¡DISFRUTA!
Comentarios (2) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 09-03-2011 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO (IV): Butaca con vistas... á muller.
O cine e a televisión reforzaron e lexitimaron todo tipo de estereotipos sobre a muller. En ocasións represéntana en papeis tradicionais, cos mesmos roles que asumiu socialmente desde a antigüidade. Outras veces, presenta mulleres con clara independencia, responsables e autoras dos cambios que a sociedade necesita.
O cine vainos presentando os cambios sociais e reproducindo os roles femininos e masculinos tal e como a sociedade os vai asumindo ao longo do tempo. (De La mujer en el cine. Cine y educación)
A seguintes películas propoñen diferentes miradas sobre a muller:

A muller que supera grandes dificultades:
A million dollar baby
Las flores de Harrison
Un corazón invencible




A muller que loita polos seus fillos e o seu traballo:
Erin Brockovich
Ladybird, Ladybird
Lorenzo's Oil (El Aceite de la vida)




A muller emigrante:
Flores de otro mundo
Princesas
Cosas que dejé en La Habana




A muller discapacitada que busca vivir con normalidade:
Gaby, una historia verdadera
Frida, naturaleza viva
Frida
Bailando en la oscuridad




A muller que se compromete socialmente:
En un mundo libre
Pena de muerte
El jardinero fiel




Mulleres que rompen os esquemas da súa sociedade:
Thelma y Louise
Vámonos Bárbara
Mujer contra mujer
Por encima de todo




Mulleres que se enfrentan ao seu entorno social:
Osama
El color púrpura
Yentl
Mulan




Muller e home en igualdade:
Educando a Rita
Los puentes de Madison




Máis mulleres no cine


Comentarios (4) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 08-03-2011 02:18
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO (III): As mulleres que len son perigosas?
Dun artigo sobre o libro Las mujeres que leen son peligrosas de Stefan Bollmann en El Cultural.es recollemos o seguinte texto para que nos sirva como punto de partida para a reflexión:
Durante siglos han sido muchos los hombres a los cuales las mujeres que leen les han parecido sospechosas, tal vez porque la lectura podía minar en ellas una de las cualidades que, abiertamente o en secreto, a veces sin ni confesárselo a sí mismos, más valoran: la sumisión...
...Es indudable que el acceso a la lectura, que es la principal puerta de ingreso al mundo de la cultura, supuso un gran avance para la mujer, como para cualquier colectivo étnico o social en posición de desventaja y de dependencia. Le dio mayor confianza en su propio valer, la hizo más autónoma, la ayudó a pensar por sí misma, le abrió nuevos horizontes.
(Ler artigo completo)

Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 08-03-2011 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO (II): Un día especial
A celebración do Día Internacional da Muller cumpre 100 anos, polo que a súa celebración neste ano ten unha relevancia especial.
Como é sabido, cada 8 de marzo lembramos a necesidade de continuar traballando pola participación das mulleres en todos os ámbitos da vida e da sociedade, procurando o seu desenvolvemento integral como persoa. E con este obxectivo debemos seguir traballando pois, polo de agora, aínda queda un longo camiño por percorrer...



Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 07-03-2011 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO ( I ): princesas, sereas, porcos e mandóns.
De cara á celebración do Día Internacional da Muller, unha selección de títulos para traballar nas aulas a igualdade de oportunidades e a coeducación. Por suposto, hai moitos máis, esta é unha pequena listaxe que responde a gustos persoais:

Para os que non se conforman, os que plantexan dúbidas e aman outras realidades: ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?


Un precioso álbum da ilustradora sevillana Raquel Díaz, da Editorial Thule.

Las sirenas de Belpescão, escrito e ilustrado por Magali Le Huche, da editorial Flamboyant (ficha do libro):


Historia de tres pescadeiras que, no canto de quedar no porto coas mans cruzadas, deciden saír á mar para perseguir aquilo que máis aman.
Na inmensidade do océano, atoparán unha gran sorpresa... Recoméndoche ler a reseña deste conto no blog de Darabuc, onde atoparás unha presentación con imaxes do libro.

No País dos Mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. O cambio destas normas tan inxustas para crear o novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.


As súas autoras son Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Un conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres. Este libro pertence á colección A IGUALDADE CONTA, editada en galego pola editorial Embora e están dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 6 anos.
(ver presentación elaborada polo Ceip Andrade)

Mi primer libro sobre ellas e Ellas hicieron historia son dous libros dedicados a un grupo de mulleres que, en épocas nas que non tiñan dereito a case nada, atrevéronse a loitar polos seus soños, e chegaron, mesmo, a cambiar a historia.


Nestes dous libros, a autora achéganos a unha serie de mulleres, que xogaron un papel importante na loita por conseguir a igualdade de dereitos. Mulleres como Clara Campoamor, Rosalía de Castro, a condesa de Benavente, a actriz dramática María Guerreiro ou María Moliner.
Dous libros escritos cunha linguaxe sinxela e dinámica no que se mostra o longo camiño destas mulleres valentes. Máis información.

O libro dos porcos, de Anthony Browne, editado por Kalandraka (ver presentación):


Gracias á xenerosidade de Almudena Janeiro podemos disfrutar da versión cantada desta historia para a reflexión, que nos axudará na inexcusable tarefa de educar para a igualdade.
Aquí está:


Podes ler AQUÍ a letra desta divertida canción.

E AQUÍ máis lecturas para a igualdade.

Tamén podes ver as Suxestións de lecturas para a igualdade da editorial OQO ou ben as propostas de KALANDRAKA, Lecturas en feminino.

Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 06-03-2011 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
A BRUXIÑA RITA
Autora: Carmen Gil

O día 8 de marzo celebraremos o Día da Muller Traballadora, un día moi importante que nos lembra que homes e mulleres somos iguais, cos mesmos dereitos e obrigas, e que debemos traballar para que non se cometan inxustizas por razóns de xénero en ningún lugar do mundo.
Pero, ¿pensas que só traballan as mamás "normais e corrientes"? Pois mira o que lle pasa á bruxiña Rita:

Dicen que la bruja Rita
es la mejor del planeta
manejando la varita.
Y, además, hace calceta.


Su oficio le gusta mucho.
Encanta en sólo un segundo
sin mover el cucurucho:
¡no hay otra igual en el mundo!

Convierte un sapo en burbuja
o un neumático en pingüino.
Es que Rita es una bruja
como la copa de un pino.

Entre conjuros y hechizos
corre a casa en media hora,
le echa un ojo a los mellizos
y pone la lavadora.

Vuelve volando al trabajo.
¡Caramba! ¡Qué movimiento!
Rita trabaja a destajo
y no descansa un momento.

.....................

¿Queres saber como soluciona o problema a bruxiña Rita? Pois segue lendo AQUÍ

(Texto e imaxes de Carmen Gil)


POEMITAS.COM
Comentarios (5) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 28-02-2010 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0