Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Por ser contigo... |
|
 (De Alonso de Bonilla)
-Virxen, ¿calará comigo
ese Solciño?
-Quizá.
-¡Miña Xoia!...
-Toma o xa,
que chora por ir contigo.
-Levalo vou, abofé,
pois por min está chorando.
-E cando non, aleando
por irse con cantos ve!
-Señora, si quer comigo,
co máis probiño se irá...
-Si, si, pro cóllemo xa,
que chora por ir contigo.
-¡Perdérsevos vai cando ande,
si a tantos gustos atende!
-Non se perderá, que entende
com'onha persoa grande...
-¡Ora esa! ¿E sin o agarimo
do teu fervor dormirá?
-¡Que si!, i anáinamo xa
que morre por ser contigo...
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
No carro |
|
 Vai alto o sol: pousa a cesta,
bubeliña da montaña;
máis feliz que o Rei de España
son eu ó pé desta xesta.
Talla lacón. ¡Viva a festa
do San Cosme!... Daca o xarro
e si a empalma teu bizarro
labrego... ¡aturuxa forte!,
que teño dous bois na corte
pra me levaren no carro.
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
Ouvea o lobo... |
|
 Ouvea o lobo xunt'a cruz de pedra,
¡i o Cristo non se arredra!,
que xa, ó sol posto, non está soliño:
dunha luz, luz de verme, se acompaña,
porque inda hai na montaña
quen lle colma de aceite o faroliño...
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
|
|