Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A malla de Coubeira |
|
 Este ano dous mil oito
un veciño de Coubeira
dispuxo facela malla
sazoando unha sementeira.
De feita a outonía
non foi mala a colleita
pois a sazón ben axudou
e temos moi boa meda.
Senllos peteiros de móllos
xuntamos no mes da sega
despois de sega-lo a mau
co que o sol eiquí quenta.
Puxo avisos na bisbarra
taboleiros e tabernas
?O Campechán? fixo obreiros
desta maneira sinxela.
E outros mais desprevidos
saímos a toda présa
á chamada que o maquinista
co bruido deu a seña.
Unha parexa de gando
polas corredoiras leva
presta máquina de mallar
e outra o motor que brega.
Se o bo tempo acompaña
desata o bico da meda
un dos píncaros lixeiros
que é o que mellor se tén nela.
O dono da casa reparte
a xente a cada tarefa
e ós atrevidos ?tragapós?(*)
remuda-los da espalladeira.
Cando vai pola metade
xa fan falla dous na meda,
un pra que achegue os móllos
outro pra que os tire á mesa.
Outro desata o vencello
e outro mete palla mesta;
oubea o bombo se o aburan
e os cabalos tercos brecan.
Decátase o que espalla
cando hai ben polvareda
de que a palla mollouse
cando se fixo a colleita.
E as mozas que atan a palla
teñen ben coidado elas
que coa entrega do móllo
non lles meta algún as tentas.
Ou se o palleireiro vello
coa forcada nas canelas
lle arremetes nos fociños
...andas o palleiro ás présas!.
E a limpadora de mau
máis ben que teña cerca
pra que non se ande moi lonxe
a contravento coas cestas.
Afogaron a máquina
para que a xente beba
auga e viño nunha malla
e a costume non se perda.
E coller moitas ameixas
peras, ou mazás da sega
polos cómaros das hortas
que están ateigados delas.
E estirar un pouco as pernas
tumbándo-nos polas herbas
esculcando nas rapazas
que ás sombras se achegan.
Contando contos dos mozos
que coñeceron nas festas
ou das feiras que hai nas vilas
...de vestidos que elas mercan.
Ferrados de trigo limpo
que na tina de madeira
se palean cada ano
pró pan e paga-las rendas.
Feita de contado a malla
remátase cas aveas
e o palleiro cas barandas
chombado e sen goteiras.
Algún grau entre os recaños
debican pitas marelas
cando se recolle a eira
...da malla xa nada queda!.
Gaitas da ?Pena do Golpe?
que no ermo salouquean
airiños enmeigadores
tran-nos bailes que cimbrean.
A lúa entre lusco e fusco
nos piñeiros se enguedella
na meiguice de Coubeira,
...praceres da Nosa Terra!.
Viva Coubeira!
Que viva quen toca!
Viva Galiza!
Que viva a Nosa Terra!
(*)Xente que recolle a palla na espalladeira, que é onde máis pó hai.
Coubeira-Mondañedo
Para o meu entrañábel amigo Aladino "do Campechán", sinceramente.
Verán do 2008
Pepe Noriega
|
|
|
|
Refraneiro nº 15 |
|
65
Ai! miña neniña
que cansadiña che veño,
trai-me un tallo para sentarme
que de pé non che me teño.
66
San Miguel
das uvas maduras,
canto me tardas
e pouco me duras.
67
Una pulga me ha picado
en la punta del ombligo,
si me pica más abajo
estaba el mundo perdido.
68
¡Suerte te de Dios hombre!,
...que el saber poco te vale.
69
El que no come
por no haber comido
¡...no corre peligro!
70
¿Cielo empedrado?
...suelo mojado.
|
|
|
|
|
|