Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Rarezas

Pase eu, fidalgos, por raro,
mentras gozoso declaro
que me namora lembrar
á vista dun pazo, un niño,
i a gloria dun remansiño
frente ós vagallós do mar.

Nin dun alpendre son dono
nin me fascinara un trono,
cúrvome diante unha cuna
i extático miro á aldea
si, a furto da lus febea,
lle fai festiñas a luna.

¡0utros apañen as rosas!;
eu xunto froles selvosas
¡pra facer mimos con elas:
dándollas, Jesús non chora!,
i a Virxe, nosa Señora,
vaime axudando a collelas.

Noraboa as catedrales
sean templos ideales;
¡co iermo el-Señor me invita!,
e solo esperar me toca
que aló non falte unha roca
e sobre a roca, unha ermita.

Máis que o secular carballo,
prácenme as doas de orballo
i o bico dun paxariño;
un insecto me embelesa,
i aprendo coa montañesa
xente a falar de mansiño...

?Do Ermo?
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 09-07-2012 22:03
Ligazón permanente a este artigo
Na cruz daquel rosario...

Hai na cruz daquel rosario
unha contiña de vidro,
dentro da contiña un meigo
remanso, i a par dun lirio,
Jesús, cos brazos abertos
i os olliños pensativos...

?Do Ermo?
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 09-07-2012 22:00
Ligazón permanente a este artigo
Cultura e Ocio

É unha ledicia disfrutar doutra nova xanela mindoniense, aberta ao mundo da man do noso amigo Marcos Candia.

Laboura rigurosa e altruista, doblemente meritosa, dunha persoa que ama a súa terra e dá a coñecer especialmente o seu eido.

Parabéns nesta nova andadura. Ese é o meu deseo.

Grazas pol-a súa fervorosa admiracioón do "Bardo de Montaña" Antonio Noriega Varela en nome de toda a familia Noriega.

Pepe de Noriega

Comentarios (1) - Categoría: PÁXINAS MINDONIENSES - Publicado o 09-07-2012 00:51
Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0