Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A miña terra |
|
 A que a ialma me cautiva,
a que a inspiración me exalta,
a que me acolleu piadosa,
a miña terra é a montaña.
¡Trusgáralle os ollos!, i ela,
despois de moito rondala,
no seu pedragoso seio
brindoume a groria: unha casa...
Casiña tan sumptuosa
dudo, paisanos, que a haxa:
catro palliñas a cobren!,
unha iedra ma engalana;
mais palacio se me antoxa
visto que dentro non faltan
a santa paz i o preciso
pra sortea-la desgracia.
Deste espléndido refugio
salirei, si Dio-lo manda,
de improviso; ¡pero a morto
han de tocar as campanas!
Pesaroso o considero
e no me saltan as bágoas,
porque, ben mirado, a norte
máis me ha de unir coa montaña.
?Do Ermo?
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
Viveiro, vila alegre |
|
 «Santa Marta, vila farta,
vila de Viveiro alegre...»
(Popular)
Inda que é rudo o cantor
entre as túas rosas prá fror
dos toxales, que che eu rinda,
¡un cantiño, terra linda
de Nicomedes Pastor!
Si a casiña onde eu vivía
está nunha lomba fría
i alta, breñosa, deserta,
frente a frente da túa ría
quedeime coa boca aberta...
¡De noite a vin!, e daquelas
luces me prendei, que ó velas
faiscar, de cando en cando,?
lembran pilares de estrelas
á fror da auguiña boiando.
Xa antes de anclar a alborada,
sobre a túa ponte sonada
(humildosiña, contrita),
pasa a xente, arrodillada,
do Ecce Homo cara a ermita.
Prá de Loürdes Señora
tes devotas escollidas:
o mar, pulando, as nemora
e veias, celosa, a aurora
de neve e de azur vestidas.
«Vila alegre», á túa entrada
(brioso rasgo de esplendor),
máxica, ¡inmortal Portada!,
que outrora foi consagrada
ó Gran Rei-Emperador.
«Vila alegre», vila pía,
ríndeslle a Dios preitesía
en San Francisco (¡un portento!),
i estache Santa María
brincando no pensamento...
O Landro ós teus pés suspira
e a voces demanda a lira,
maga e xentil, que che cante
si a Porto-Chau vas de xira
sobre o seu lombo xoiante.
Astros, ou ramos de frores,
alternan cos remadores,
e do seu rico atavío
queda un ronsel de colores
na tona, inquieta, do río...
Pra que prós bailes te atuses,
pra que, manífica, os uses
i as festas non teñan fin,
espléndidos autobuses
che pon á porta Chavín.
Incostante, toda amores,
repárte-los teus fervores
entre o incensario e o pandeiro:
vas pra monxa en Valdefrores
i es bacante no Naseiro.
Quen doas de luz che enfila
e c'aquel edén cavila,
torna a confesar, sumiso,
que n' hai máis «alegre vila»,
nin máis meigo paraíso.
¡Mal haxa quen mal opine!,
quen, vila, te recrimine,
porque, fastuosiña, ufana,
vas ó teatro i ó cine
i a donde che dá a real gana.
Deute el-Señor de tal modo
que, en frente dun pordioseiro,
xamais dixeche:¡non podo!;
tu tes diñeiro pra todo,
¡i aínda che sobra diñeiro! ...
Pois xubilosa te mudas
pra donde un festín te invoque,
aténtante, pra que acudas,
de Pedeboi, o San Roque,
de Celeiro..., ¡as cabezudas!
E si con nimphas te emboscas
pra tirar lucro das feiras,
¡non das tornáda-las moscas!...
Máis dulces que as túas roscas,
«vila alegre», as rosquilleiras.
Xunt'ós que choran te prantas,
entre as olas te axigantas,
si te belliscan, rabuñas,
e, ánxel de luz cando cantas,
¡ére-lo demo si alcuñas! ...
Retumba (¡pra que te movas!),
o mar, o mar que se estrella
contra os Castelos de Covas!,
i anda por alí «A Doncella»
que pide preseas novas.
Xoíñas que necesita
a limpa, e firme, e infinita
praia, de altismo renome,
núbil, cordial, imui bonita!,
pro, imalpecado!, sin home...
I aínda que é rudo o cantor
entre as túas rosas prá fror
dos toxales, que che eu rindo,
¡un cantiño, verxel lindo
de Nicomedes Pastor!
?Do Ermo?
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
Pombiña brava |
|
 Aquela que me namora
sirve pra ver, ¡i hai que vela!,
cunha sayiña rabela
gardando a habenza -é pastora-;
si ó sol posto -mística hora-
canta, nos ollos lle leio
fondas maguas... Pra ir ó ceio
reza, de noite, o resario
i amosa un escapulario
a caronciño do seio.
?Do Ermo?
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
|
|
|
|
|