Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Prá ufanía das olas

Prá ufanía das olas
o desamor dos cimbros?
Gábanse a mar i o monte
de non ser bos amigos.

E cando ambos colosos
se miran de hito en hito,
el pensa: ¡que salvaxe!;
dice ela: ¡que bravío!.

Do Ermo
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 31-07-2011 23:23
Ligazón permanente a este artigo
Galernazo

Vías de auga,
velas rotas,
o demo ceibo na barra,
fuxen prá terra as gueivotas,
¡e choran nenos en Corme!,
i a mai que ten moitos fillos
non sei como sono dorme?

Do Ermo
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 17-07-2011 09:01
Ligazón permanente a este artigo
RAMONA FERNÁNDEZ NORIEGA E O CARLISMO
"Levou as armas desde O Cadramón a Lindín (Veremundo Rodríguez Pillado), unha legua desviado de Mondoñedo, e nunha taberna dun afiliado, que despois veu morrer aquí prisioneiro de guerra, e que se chamaba ?O Faeno?, foi o lugar da cita. As catro da tarde, e monte a través, chegou alí Pedro (Xan de Masma), montado no seu cabalo ?Montouto?, unha besta boa e forte. Apeouse o xentil rapaz. Estaba ben locido, cunha zamarra de pelexo de nutria, cunhas botas altas de becerro branco, cun revólver a cintura e cun trabuco colgado da silla que cargaba dazaoito balas".(1)

La vivienda de Antonio Otero Moreda, más conocido como ?O Faeno?, que aparece nombrada varias veces en la citada novela, se hallaba situada en el barrio del Castro de la parroquia de Santiago de Lindín de Mondoñedo, en cuya planta baja, el propietario tenía instalado un establecimiento de bebidas.

Existe una relación de los efectos y dinero ocupados a la partida carlista de Mondoñedo en 1872, más conocida como de ?Cornejo?, en la vivienda del vecino de Lindín y que más tarde fueron entregados por la autoridad militar, según y por el orden que a continuación se expresan:
Efectos ocupados en la casa de Antonio Otero Moreda (A) ?O Faeno?: Ocho sombreros hongos, cuatro gorras de paño viejas, dos escopetas, un revólver, un bote de hoja de lata lleno de pólvora y de peso unas dos libras, otro más pequeño, también con un poco de pólvora, un hasta con otra poca de pólvora, una bolsa de cuero con munición y boquilla de caña del país, y seis capsulas para revólver, que son las que tenía de carga el que se refiere esta diligencia.(2)

(1)- ?Xan de Masma?- A Besta, páginas 191 y 192.
(2)- Archivo del Ayuntamiento de Mondoñedo, carpeta 2518.

Comentarios (0) - Categoría: DATOS BIOGRÁFICOS - Publicado o 10-07-2011 21:28
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0