Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

As froliñas dos toxos
Quero expresar publicamente (e que endexamais esquecerei nentramentras viva) o meu fondo agradecemento, ademiración e agarimo a Ana María Fernández-Noriega Almansa pola fermosísima declamación que nos adicou fai un ano na homenaxe ao seu pai Antonio Noriega Varela, co gallo de lembrar os sesenta anos do seu pasamento:

As froliñas dos toxos

¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!
Eu venero as froliñas dos toxos.

Dos toxales as ténues froliñas,
que sorríen, a medo, entre espiñas.

Entre espiñas que o ceio agasalla
con diamante-las noites que orballa.

¡Oh do iermo o preciado tesouro!:
as froliñas dos toxos son de ouro.

De ouro vello son, mai, as froliñas
dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!...


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 02-07-2008 16:21
Ligazón permanente a este artigo
A bendición da mesa

Bendición da mesa
Bendecíde-nos, Señor, a mesiña que puxémos, i-abastámos, segundo a vosa vontade, e, como un invisible convidado, non vos separedes xamáis da nosa beira.
Estes sabrosiños froitos a os vosos campíñol-os debemos, que están aseñoreados por tanto ceio.
Ós vosos deleitosos campiños, que fan a nosa humanidade tan mesquiña, tan probe, sempre que os atravesamos.
O pan mudache en Carne, i-en Sangre volvích-o viño?
Torna as nosas paroliñas en amores, e no nos falte, cando d´eiquí sallámos, a limosna dun voso recadiño, s´inda daquela fósemos desencamiñados. Para que nosa Señora, a Virxe María, nos vexa axuntadiños na vosa paz eterna, sempre nova.
¡¡Trál-as tempestades!!
Ramón Suriñach Sentíes

Prosa do escritor catalán traducida por Antonio Noriega Varela.
Comentarios (0) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 01-07-2008 18:10
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0