Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Un vinculeiro
Vive en casa grande,
ten as tullas cheas...
-E ¿que almorza?
-Sorbe
papas sin manteiga.
Pra aforra-los zocos
vai descalzo ás feiras,
ond´ós cochos durme
en sin luz se deita.
¡Este é o vinculeiro
do cimbro da serra!;
vive en casa grande,
ten as tullas cheas;
mais ¡xa pode o demo
cargar coa riqueza!...

Antonio Noriega Varela
Comentarios (15) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 24-07-2008 22:13
Ligazón permanente a este artigo
No enterro de Curros

¡Mala morte mate á Morte!:
veu por Curros, ¡viña tola!,
e Galicia queda sola,
i o Estro Viril sin norte;
mais... ¡leria!, que aínda foi sorte.

prós que o Vate apouvigara:
raposos, ¡a loita para!,
caciques, ¡ollar vos toca
como cai terra na boca
de quen vos cuspeu na cara!.

Antonio Noriega Varela

Día da Patria Galega
Mes da sega do 2008
Comentarios (24) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 24-07-2008 22:12
Ligazón permanente a este artigo
Caso imprevisto

Caso imprevisto:
indo prá rega,
no chibadoiro
topei con ela.
-¿Que fas ?lle dixen-
aquí, Josefa?;
¿non te decatas
que é noite pecha?
-Ouh, meu filliño,
-repuxo a meiga-,
¡fúxame o demo
si quero festas!
-Pois ¿que che pasa?
-Doime a cabeza.
-¿Raio contigo!,
¿seique eres fera?
-Son ?no me toques?.
-I eu... ?retranqueiras?.
-Pois no me acabes
logo a pacencia;
¿quen te chamaba
pra esta merenda?
¡Sigue pra diante!
-Non vou de présa...
¿A que tiveches
algunha perda?
Dime, ¿que esculcas,
pomba sinxela?
-Es ben zunado,
¡caieume a alferga!
-¿Onde a traguías?
-Na faldriqueira.
-¿Si?, ora amosa.
-Ten as maus quedas,
¡ei, que demoño!
-Cala, Josefa...

Antonio Noriega Varela
Comentarios (2) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 24-07-2008 22:10
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0