Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Refraneiro nº 9
55
Bebin ?Alvariño?
por ver se me consoaba,
o viño como era novo
ó ir bebelo... choraba.

56
Entre Marzo
e Xaneiro,
sae o cuco
do palleiro.

O Velliño dos Contos
Comentarios (24) - Categoría: RECOLLEITA DE REFRÁS - Publicado o 19-07-2007 11:27
Ligazón permanente a este artigo
Refraneiro nº 8
48
Solteiriña non te cases
disfruta da boa vida
que eu xa vin unha casada
que ahora chora de arrepentida.

49
Sol madruguín,
muller de moito latín
e mula que faiga ¡in!
nunca traen bon fin.

50
Moito madruga
Xan da Guedella,
moito madruga
e tarde aparella.

51
No campo de Santa Xusta
unha xente á outra busca.

52
No mes de Agosto
corre o sol coma o lóstrego.

53
Por andar de parranda
mira como me vexo,
cas pernas arrastro
coma un cangrexo.

54
As nove déitate home
e as dez, ca muller se a tés.

O Velliño dos Contos
Comentarios (1) - Categoría: RECOLLEITA DE REFRÁS - Publicado o 11-07-2007 11:05
Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0