Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ó rompe-lo día |
|
 É cousa máis que de risa:
a penas o día apunta,
tódalas casas da aldea
lucen brancas colgaduras.
¿Que colgaduras son esas?
¡Camisas de estopa burda,
que as vellas sacuden moito,
pra que se vaian as pulgas!
Agosto 1911
Poemas non recompilados
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
Sen título |
|
 O rapaz mais airoso da montaña,
gala dos fiandós e rei da sega,
que, si ás veces bailaba ó son da frauta,
moitas iba cavar, ó sol que queima;
aquel que prestamente viña á vila
vender lotes, e se iba escontra a xeva,
sin pasar faragulla, con dez cartos
amarrados no fondo dunha media;
o orfo máis sumiso a unha velliña,
que o recolleu de neno, i está cega,
¡miña xoia!, ¡aló vai con outros moitos,
que non han de volver nunca da guerra!
Arrimado a un couceiro, certa noite
chegou en busca miña a probe cega
cunha carta no seo, i as bagullas
nos ollos -que non ven- e nas meixelas.
"Saberá, lle decía, miña dona,
que un balazo me eivou ámbalas pernas;
mais ¡coa esperanza vivo de abrazala!,
e, pra que o San Cristóbo mo conceda,
axunte pra unha misa, rece moito,
e lévelle ó Santiño algunha vela."
Si o día de mañá, bos conveciños,
chegase o montañés, que foi á guerra,
pedindo á vosa porta unha limosna
pra non esgareceren il i a cega...
Sí, ¡dádella por Dios!, ¡que nunca a patria
lles donou outro lauro ós seus atletas!
05/10/1909
Poemas non recompilados
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
A Vilanova |
|
 Vilanova, a máis fermosa
entre as vilas galicianas,
¡Dios queira que non te anoxes,
xa que da festa non falta
un vate dos irtos montes,
que as vellas tradiciós canta!
O violín esquenceume;
pro, si o San Roque me ampara,
sin violín nin zanfoña
hei te laudar, Lorenzana.
Na porta do teu convento
a miña musa se para;
outras xoias non cobices:
¡ti te-lo convento e basta!
En noites de lúa chea,
diante tantas filigranas,
ben lembrarás outros tempos,
outras piadosas usanzas.
Non precisaron os probes,
que este convento roldaban,
alardes de dinamita,
pra que a caridá cristiana
despertase espavorida
frente ó anarquismo que avanta;
-previsora o mal conxura
sin que a forcen amenazas-;
e dos frades, Vilanova,
herdache o ser campechana,
pois donde están os teus fillos,
sempre hai hora mellorada.
Vilanova, a máis fermosa
entre as vilas galicianas,
cando ó volver das mariñas
te vexo..., róubasme a ialma.
¡E vaia que anque ma roubes!;
eu vivo en ariscas plaias,
sin un palmiño de sombra,
sin fontiñas de auga crara,
sin ver un pomar frolido,
nin unha frondosa parra,
entre mariñaos tan foscos
que, rudos, sin falar pasan.
Ai, ¡quen che ve, Vilanova,
ó alrededor das túas casas,
moitos prados, sempre verdes,
moitos rigueiriños de auga,
e moitas froles, que amencen
coas folliñas orballadas!
E tes un bosque tan mesto,
que outro mellor n'o atoparan
os páxaros prós seus niños,
para retoza-las auras,
Febo para os seus temores,
e Cupido pra asechanzas...
Nesta mimosa terriña
non é milagre que nazan
eses mozos rexoubeiros
i esas rapaciñas majas
que teñen imán nos ollos.
almíbares, nas palabras,
os corazós de manteiga
i asaz flexíble-las almas.
As nenas de Vilanova,
por donde queira que pasan,
ó sol lle dicen: detente!,
i á lúa: ¡non prantes raia!...
Estos versos que hoxe poño
ós seus pés, con humildanza,
son laudes, que ben mereces,
Vilanova, tan sonada,
i on pregón que ceiba ós ventos,
pra que no amucelo caian
algús cortexos que xibran
e nin con xorra se engadan.
Mociños de Vilanova,
¡téde-la sorte ond´a casa!;
neniñas, ¡ó ceio pido
que vos depare compaña!
Eu volvo pra onde ós meus fillos;
¡adiós!, ¡i o San Roque faiga
que antes de que aprete o inverno
vos vexa a todas casadas!
Poemas non recompilados
Festas San Roque-Lorenzana 1907
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
|
|
|
|
|