Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
FORXADOR DE LIBERDADES |
|
 Escollidos ó chou da Gaia Ciencia
pois n´herdei musas, nin éstros teño
ao ?Forxador de Liberdades? e conciencias
eiquí ledos versiños a traguerlle veño.
Porque din qu´o D. Luís Trigo
de tanto andar nas montañas
adicouse a gardar nos ríos
da Galiza republicana.
Chegando a ser ?O Ferreiro?
dos ?Irmandiños da Raza?
cando nin pombáis da paz había
na loita fera, na loita brava.
Canso de loitar con teima
contr´ós caciques perdeu a vida.
¿Serán de tan mala entraña
istos ?lobos? da Matria Galiza?.
¡Non sei de que serán señores
istos ?lobos? embulleirados,
que non saben que hai frores
nos breñosos cimbros orballados!
E Luís, com´ós bos e xenerosos,
pensadores predestinados,
préganos aos demáis
que lle vaiamos axudando.
Esculcando nas liberdades
que sempre andiveron escasas
xa que as feridas seguen abertas
e poucas trazas hai de pechalas.
¡Raposos,... A loita non para!
Prós desterrados, ¡Suspiros!
E prós opresores, ¡Ráios!
Lembranza para Luís Trigo Chao ?O Gardarríos?, ferreiro dun mundo mellor e forxador de liberdades, na súa honra.
(Na campa de Luís Trigo Chao e Antonia Díaz Pérez in memoriam 22 Xuño 2019)
|
|
|
|
|
|