Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alegría, Madanela? |
|
 ¡Alegría, Madanela,
que agora xa nos van dando
os aires da nosa serra!
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
Jauja |
|

|
|
|
|
JAUJA |
|
 Jauja
(Sobrietas consiliorum)
Os galegos que se van
prá rica ?Jauja?, fan ben:
alí, como sobra pan,
¡mudo e cocido llo dan
ó que de seu non o ten!...
Do Ermo
Antonio Noriega Varela
***
Métrica: Quintilla, 8 (abaab)
Comentario de X. Ramón Freixeiro Mato:
O poeta ironiza co tema da emigración, sobre a que mantén unha posición reticente por supor a quebra da vida tradicional, que el defende, e por ser manifestación dun espirito inconformista que el non posúe.
Jauja: capital e provincia do Perú situada no val do Mantaro, no planalto de Junín. A lenda fabulosa sobre a mesma procede das primeiras relacións de Pizarro, datadas no lugar chamado Xauxa, conquistado en 1533, que indentificou o nome desta cidade con toda a suposta riqueza do Perú. Foi en Francia e en Italia onde naceu a lenda dunha Xauxa sobordante de leite, viño, mel e árbores de cuxas pólas penduraban leitóns asados; desta maneira pasou a significar país imaxinario no que se supón que reina a felicidade e a abundancia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|