Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Pastoriña e reina |
|
 "A Candidiña"
-Foto da filla primoxénita do poeta: Cándida Fernández-Noriega Bello
***
Adiós, terra sempre virxen,
¡canto che ofrendara o inverno!:
maravillosos encaixes,
lucentísimos espellos...
Avagaron as lagoas,
as neves desapareceron,
i outra vez de la vestida,
com'as brañegas, te eu vexo;
mais, si no abril pastoriña
reina serás en xaneiro;
i aínda que o val fastuoso
coide que viñeche a menos,
repara -enxugando os claros
ollos- como fuxe o tempo,
e nos nabales repara,
que coas rozas se entenderon
pra darche agora un refaixo
verde, co rodo amarelo.
Do Ermo
A.Noriega Varela
|
|
|
|
Nosa fala |
|
¿I a que vén ora o brañego?
Ai, amantiños, ben cego
é o que non ve pola criba:
vén a gabar o gallego,
vén pra que o gallego viva.
Nosa fala é un paxariño
que adoita fague-lo niño
no seio do hirsuto monte:
ben na póla dun espiño,
ben á beira dunhfa fonte.
Froliña é que non extraña
os ermos, e ben se engaña
quen se desviva por ela
si entre os toxos da montaña
non se espiñou pra collela.
É rigueiriño que corre
méntra-la sombra o socorre
dalgún mesto piñeiral:
fáltalle o agarimo... e morre
antes de chegar ó val.
É a que requebra á aurora,
prendada da incerta lus,
i en gallego, cando chora,
lle canta Nosa Señora,
pra que adormeza, a Jesús.
O gallego é un suspiriño,
¡é a cousa máis meiga que hai!,
é o lenguaxe amorosiño
en que oín decir: ¡filliño!...
de labios de miña mai.
É faliña que aloumiña,
que o noso corazón move
pra que atallemos axiña
os salouquiños do probe
coa gracia de limosniña.
I é un tan ansioso falar,
que logra sobrepuxar
a saüdosa tristura
da estreliña da fartura
e das noites de lunar...
A devoción i a delor
¡sean sempre ó seu favor!;
eu moito a venero, e creio
que solamente no ceio
pode haber fala mellor.
Do Ermo
A. Noriega Varela
|
|
|
|
NA CELEBRACIÓN DOS 25 ANOS XUNTOS |
|
 Tomás Pascual Gómez-Cuétara
Bárbara López Longarela
Pilar Gómez Cuétara
José López Fernández-Noriega
|
|
|
|
|
|
|
|
|