Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Receta magosto
Miñas donas e siñores
que facéde-lo magosto
cóntovo-la receitiña
dunha xente de bo gosto.

Nun lugar de Soutogrande
provincia de Pontevedra
cociñábanse as castañas
e facíanse recheas.

Precísanse tres kilos delas
un coitelo ben afiado,
dous kilos de chiculate
e leite recén quentado.

Cócense sen casca
fáiselles un buraquiño,
vótaselles chiculate
derreitido no leitiño.

Comentarios (28) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 11-06-2007 17:17
Ligazón permanente a este artigo
Refraneiro nº 6



43
Se Marzo acabou
e o cuco non chegou,
algo ó cuco lle pasou.

44
O que ten mal vestir,
ata a roupa lle quere fuxir.

45
Na casa do ferreiro,
coitelo de pao,
e na do carpinteiro
sentarse no chao.

Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE REFRÁS - Publicado o 08-06-2007 18:11
Ligazón permanente a este artigo
Outro proverbio galego

Non fagas todo o que podas,
por que o que fai todo o que pode,
moitas veces fai o que non debe.
Comentarios (0) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 08-06-2007 18:08
Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0