Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Díxenlle a unha xirifeira...

Díxenlle a unha xirifeira:
-¿quéresme levar ó lado
pra entrar pomposa na feira?
E respondeu de contado:
-xa che levo a faldriqueira!.

A. Noriega Varela
Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 16-05-2009 21:43
Ligazón permanente a este artigo
O boi solto...
?O boi solto ben se lambe?,
penso que dirá aquel mozo,
neniña, cando lle fales
de contraer matrimonio;
mais tu, si xa non lle metes
as espitas polos ollos,
acorde comigo, alega
que mellor lambe un ó outro...

A. Noriega Varela
Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 16-05-2009 21:42
Ligazón permanente a este artigo
Con ferreñas e pandeiro

I
Visto que é o noso destino
arribar ó campo santo
nun cadaleito de pino,

serás meu bo camarada,
discreto, que te fas tolo,
e non te afrixes por nada.

II
Neniña, si áma-lo aseo,
esvía os ollos da terra
i afaite a mirar pró ceo:
sobre o mundo, que Dios fixo,
moito se arrastrou o demo,
e non che hai cousa sin lixo.

III
Afertunados, eu bebo
fódalas feles da vida;
mais ¡compadecervos debo!,

pois, cando a delor vos cope
o que inda é ben gota a gota,
xa o agotaredes dun tope.

IV
¡No me caeu unha bágoa!,
anque brutal foi a mágoa:

dera a alma a Dios... ¡mal querida!,
i hai desgracias de desgracias
que raen o pranto e a vida.

V
Falan cortesanos:

Pra que o príncipe sanara
preciso era que un dichoso
súa camisa lle prestara;

buscámolo a toda prisa
e deparóunolo un santo,
pero ¡non tiña camisa!...

A. Noriega Varela
Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 16-05-2009 21:41
Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0