Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

A fala pura
ESCULPIDO DE ANTONIO FERNÁNDEZ-NORIEGA MEITÍN
(A Manuel In Memoriam)

Para os das mesetas que asi o queiran
todas as verbas en español teñan;
que eu xa amarei as nosas que veñan
polos rigueiriños que as augadeiran.

Os que da nosa fala se esquerqueñan
moitos renegos da terra apalleiran
mais, de contado, se non os alixeiran,
ós galegos coido que nos conveñan.

A cidade, a présa, a tecnoloxía?...;
para nós, a lingua enxebre e amorosiña
da aldeíña e a ecoloxía.

A envexa, o odio? ...coma "tiña"!;
para nós, o rico "caudal de harmonía"
da fala pura e do voo da andoriña.


Día das Letras Galegas 2009
Pepe de Noriega (bisneto de Félix Noriega Varela)
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 18-05-2009 13:37
Ligazón permanente a este artigo
Torneo
ACTUAL CONCELLO DE MONDOÑEDOPra Nazario Abel Corredoira,
con un forte abrazo.


Sallamos ó campo moitos
i entre todos leve a palma,
(despois do ingenuo que dixo:
"Sólo sé que no sé nada?),
quen seña máis bon, máis xusto,
quen conxure máis disgracias,
quen máis agravios tolere,
¡aquel que enxugue máis bágoas!.

A. Noriega Varela
Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 16-05-2009 21:45
Ligazón permanente a este artigo
Cadro conforme, amigo...
FILLO DO POETA A. NORIEGA VARELA
Cadro conforme, amigo: hai moitas portas
cerradas prá probeza;
pero as do presbiterio non se conte,
nin tampouco as da igrexa.

Bríndalle as do espital piadoso amparo,
e, sin forzalas, entra
donde se afirma o crimen, i onde a morte
se mofa da soberbia.

As do ceio, esas... ¡ai!, tapiarllas queren;
mais ¡Dios maldiga a empresa!,
que as do ceio sorte é que as vexa o probe
de par en par abertas.


A. Noriega Varela
Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 16-05-2009 21:44
Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0