Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

HOMENAXE
A NORIEGA VARELA

No Día das Letras Galegas

Y... onde está Curros?. Onde as ledas festas?.
Que é de Rosalía e do seu linaxe?.
Voltade, poetas, foi longo o viaxe
e a Galiza chora: Levantade as testas!.

Que as froliñas dos toxos e das xestas
están murchas de medo e de friaxe.
Ven moucheando a noite: Lus salvaxe!.
Oubea o lobo i escorrenta as bestas.

Pra iluminar a morte i a tristeza
abonda un só poeta neste DÍA:
con lembrar a Noriega xa hai grandeza.

Roubou ouro nos toxos, qué riqueza!
e si todo foi ceo e poesía
seu mais grande tesouro foi, pobreza!

1969 Enrique Chao Espina
Comentarios (12) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 17-05-2008 11:52
Ligazón permanente a este artigo
A Orquestra de Masma
Un moimento meus señores
que agora lles vou a falar,
da orquestra da Retorta
que nun intre se vai formar.

O Domingo viñan dicindo
da feira de Vilanova,
que na novedosa orquestra
queren soio xente nova.

Teñen pensado poñerse
práticos como Dios manda,
e se teñen ben saídas
han de facer unha banda.

Constante toca os pratinos
e Rexes o saxofón,
Ríos toca a pandeireta
e Lisardo o acordeón.

Levan tamén dúas trompetas
Alvaro e Pardiñeira,
prá tocar o contrabaixo
ven Redondas de Coubeira.

O Pito da Seara
é o que vai de direutor,
David toca o clarinete
e o Pego de animador.

Luciano toca o trombón
Magín é o guitarrista,
Dositeo da Bouza Vella
é o que vai de eletricista.

Miguel como é bon ferreiro
contratáron-o deseguida,
vai arregla-los istrumentos
cando teñan avería.

Non están moi proparados
pero han-se densaiar,
prá taren ben combiñados
cando seña de ire tocar.

Dixo o Polo do Ludeiro:
eu dóu-vos a razón,
só hai un que sabe a solfa
que é o que toca o acordeón.

Cando che tan ensaiando
prá pararen de tocar,
miran unhos prós outros
e xa paran de solfar.

E xa teñen contratado
prá saliren de viaxe,
levar un coche ben fino,
bos zapatos e bo traxe.

A todos lles gusta o viño
e non é por desprecialo,
tamén ós outros nos gusta
pero é por non pagalo.

Van ensaiar a Retorta
cabo Ramón e cabo Demetrio,
tamén van cabo Venancio
pero é prá beber un neto.

¡Viva a orquestra de Masma
que ten un bo direutor,
músicos seleucionados
...de cada casa o mellor!.

S. de Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 15-05-2008 19:33
Ligazón permanente a este artigo
EXPRESIÓNS-LOCUCIÓNS DE ALDEAS DA MARIÑA
VULGARISMOS:

-Os cálitros
-Os númaros
-Os taléfanos
-O esmáforo

Agarra gallarda!

A reguiñooo!

A somaaa!

Levanta o pé...!

Ergue ó regooo... Oh!

Guri... guri... guriii!

Chiniño, chiniñooo!

Xonza nas dedas!

Comentarios (0) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 13-05-2008 18:58
Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0