Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Ofrenda floral

Froliñas douro

Dos ribazos de Espiñarcau
e recunchos da montaña,
de escollelas veño, a mau,
coma o que rosas apaña.

Son pro 'Cantor da Montaña'
que xa hai que non vén a elas,
díxome de ir con maña
máis, espiñeime a collelas.



Despois de lidos estes mimosiños e sentidos versiños espalláronse froliñas de toxos, abrulas e cabrinfollos diante do busto de Noriega Varela na alameda do Campo dos Remedios de Mondoñedo coma sempre o día das Letras Galegas.

17 Mayo 2007
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 17-05-2007 09:51
Ligazón permanente a este artigo
Agarimosas verbas

Á musa do 'Cantor da Montaña'

(Froliña humilde dos ermos
que fuxindo dos rigores da serra
non se esquece da fala da nosa terra)

A musa máis xota e moreniña
teimuda a deixalas cumes da serra
é a fonte da fala da nosa terra
que o cantor trouxo ós eidos da Mariña.

Ai! Belida frol, frol ben mareliña,
aturuxo de cando a xente berra
á rapaciña que o corro cerra.
Ai! Meiga frol do cimbro sinxeliña.

Desaparece o galego dos lares?
Non, non viaxou sempre polos catro mares?.
Nosa fala é un penedo do ermo
que leda prendou ós nosos cantores
e de mozo cautivou os meus amores
parindo versos, que eiquí acadermo.

17 Mayo 2007 -Día das Nosas Letras
2007 Ano de Noriega Varela (Concello de Viveiro)
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 17-05-2007 09:05
Ligazón permanente a este artigo
Miñas as súas verbas

En boa hora nos deixou:

-Os sentimentos brutais son incapaces de enxendrar a verdadeira poesía...

-A poesía debe ser o amor e non xamais o odio...

-O amor e a saudade son sentimentos tocantes por excelencia, e os dous fontes eternas da xenuina poesía...

17 Mayo 2007
Día das Nosas Letras.
Comentarios (0) - Categoría: DATOS BIOGRÁFICOS - Publicado o 16-05-2007 17:15
Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [15]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0