Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Virxen da Pena
Á Virxen da Pena

(Patroa das canteiras)

Vamos á "Virxen da Pena"
á "Virxen da Pena" vamos,
porque Rosendo a pena
quere que nós lla rompamos.

Vamos á "Virxen da Pena"
á "Virxen da Pena" vamos,
porque a sede non da pena
se bebemos e troulamos.

Vamos á "Virxen da Pena"
e tamén á "Santa Isabel",
se Dios nos deixa ó San Ramón
pra rematar co "San Manoel".

Fumos á "Virxen da Pena"
despois á "Santa Isabel",
a excusarnos dunha mágoa
con xamón, viño e mantel.

Fumos á "Virxen da Pena"
despois á "Santa Isabel",
¡Adeus festa, adeus mágoa,
adeus xamón e adeus mantel!.

A nosa "Virxen da Pena"
en Vilamor á deixamos,
nunha casiña Da Pena
i o trono entre os ramos.


Comentarios (6) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 27-05-2007 21:47
Ligazón permanente a este artigo
O xastre

Había unha vez un probe infeliz, que era un trampas, e debíalles cartos a todos os viciños, como o aburrián pedíndolle o diñeiro, finxeu unha enfermidade e meteuse na cama. Os viciños ó saber que enfermara pois foron visitalo, sentábanse arredor da súa cama e, compadecidos, escomezaban a dicirlle:
-O que é por min, non teñas présa. Eu perdóoche todo o que me debes.
-Probiño! E eu tamén.
-Pois eu non quero ser menos e tamén perdóoche todo o que me debes.
E einsí foron todos, menos un: o xastre.
-A min débeme un ral, e a min págamo eh!.
-Pero, home, ten un pouco de caridá!. Ti non ves que está morrendo o probiño?.
-Se morre, que morra. Pero a min, xa o creo que me paga!.
Tanto se aborreceu o enfermo ca teima do xastre, que o home finxíu que morría, pra que non se salise coa súa. Metérono na caixa, puxérono nas andias e fixéronlle o enterro. Colocaron o cadavre na igrexa, e o xastre, que non pensaba noutra cousa máis que en cobrar o seu ral, e escondeuse nun confesionario. E aconteceu que esa noite chegaron doce ladróns á igrexa e puxéronse a contar o ouro que levaban nun saco. Máis aínda que eran doce, o xerifalte fixo trece montós, e era tan bravo e sen entranas, que para afacer os seus foraxidos as máis grandes atrocidades, sinalou o montón que sobraba e díxolles:
-Doulle ese montón ó que lle meta unha puñalada a ese cadavre.
Érguese un foraxido daqueles, saca o seu coitelo e vaise pra cabo do finxido morto. O probe morto desta non morreu de medo de puro milagre; máis ó ver que o perigo se lle asomaba, deu un brinco e berroulle ó xastre que seguía agochado no confesionario:
-Vide difuntos, vide!...
O xastre remexeuse dentro do confesionario de tal maneira que o tirou polo chan armando tal estarabouzo que lle contestou ó morto berrando:
-Alá imos todos xuntos!...
Os foraxidos votaron todos a correr de tal xeito que non pararon ata chegar a unha fraga. Alí acougaron un pouco lembrándose do tesouro que deixaban na igrexa. Entón o xerifalte mandoulle a un que volvese pra se enterare do que alí acontecera.
O foraxido voltou todo cheo de medo ata chegar ó adrio da igrexa no intre en que o cadavre e o xastre estaban a axudicarse cada un a súa parte do tesouro. Rematado o reparto, o xastre, que non se esquecía da deuda, díxolle a o outro:
-Ben, agora dásme o meu ral...
E cando o foraxido escoitou isto púxose a tremar coma unha vara de abelao e arrancou outra vez a toda mecha por onde veu.
-Non hai que pensar en voltar polo tesouro ?dixo case que sen alento a o seus compinches-, pois ¡son tantos os difuntos que hai na igrexa, que só tocan a un ral!

Dixen.
O Velliño dos Contos

Comentarios (7) - Categoría: CONTOS - Publicado o 27-05-2007 21:42
Ligazón permanente a este artigo
A intención xa abonda

Foi un labrego unha vez confesarse e díxolle ó crego:
-Mire, señor cura, o outro día ó pasar por diante dunha cancela da eira do viciño vin un cabritiño moi bo e quíxeno coller, pro como a cancela da eira estaba pechada non o puiden coller.
-¡Ai, fillo, a intención xa abonda pra pecar!. ¿Canto valería o cabrito?.
-Siñor, andaría por unhos pesos.
-Pois logo tes que traerme un peso pra descargar unha misa polas benditas ánimas do Purgatorio. De non ser eisí, non che podo botála absolución.
-Logo xa lle traguerei o peso, respondeulle.
O labrego foi a casa buscálo peso, pro en vez de darllo pola porta, dáballo pola reixa das mulleres.
E en vista de que non cabía por ela, dille o labrego:
-Ai señor cura, a intención abonda; tampouco o cabritiño collía polas baldas da cancela.

Comentarios (15) - Categoría: CONTOS - Publicado o 26-05-2007 20:03
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0