Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sen título |
|
 Irmao: ¡eu che axudo!, pousa
tamaña cruz ond´a miña,
partirémo-la fariña
i a sal, ¡non teño outra cousa!
Vai ora en paz, suca a chousa,
trolla. que é bon Dios, o rego
i, ó cabo do ruín trafego,
farto de penas e papas,
¡chámame pra ir ver as guapas,
que xunta na fía o cego!
Poemas non recompilados
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
A M. Curros Enríquez |
|
 Pregrina difunta que bota us soniños
ó rente dos santos, cinguida de groria,
aló á media noite, cando o moucho pía,
pra apañar froliñas ergueuse da cova;
i á luz do Santismo, que bruxuleaba,
sin facer barullo, no mandil xuntounas
pecando de acexo, ¡cousiña galana!,
com´ó rapiñeiro, que agrimado rouba.
"Son da excelsa terra, -murmuxou quediño-,
¡venia ó gran poeta, que inda me recorda!'';
i antes de que o Eterno se desperguizase...,
coas frores no seo volveuse prá cova.
Poemas non recompilados
Antonio Noriega Varela
|
|
|
|
|
|