Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

A TRAÍDA DA PENAMOURA


Veciños da ?Penamoura?
aqui están todos presentes,
pra metela a auga na casa
coma tódalas xentes.

Deixádevos de rifar
iso é cousa de mulleres,
non vos quededes sen auga
que en vez de gañar, perdedes.

Veciños da ?Penamoura?
que xa non vos é novedá,
ir a buscala a ?Ramido?
a unha finca de ?Vivá?.

Ouvínvos que por isa auga
él non vos quere diñeiro,
quer que lla poñades gratis,
e as sobras, pró lavadeiro.

Con ?Vivá? polo momento
os veciños estánse quietos,
por que quere reservarlles
os dereitos ós seus netos.

A auga está analizada
e o pozo medio aberto,
agora só lles falta
que o trato sexa un acerto.

O esbozo e o orzamento
?Maseda? foi que volo fixo,
porque Ricardo de ?Claudio?
a min foi quen mo dixo.

So quedan dous sen ela
de seguido volo direi:
Un é o amigo Ricardo
e as outras son ?As do Rei?.

Se da moita ou da pouca,
iso xa non o discuto,
a min según me dixeron
da tres litros por minuto.

Se o pensaran con razón
non quedarían sen ela,
terían que gastar os cartos
coma os máis pra poñela.

O ?contratista? é de cerca
a ?Maseda? me refiero,
que traballa de albanel
e tamén de fontanero.

Como tamén quere a auga,
polo conto que lle tén,
todo o traballo que faiga
terá que deixalo ben.

Con isto xa me despido
sen querervos ofender,
que vosoutros ben sabedes
o que tedes que facer.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 02-04-2009 11:27
Ligazón permanente a este artigo
Dúas traídas de auga-Vilamor

A DE CORNIDE E A DA CARBALLEIRA

A traída de ?Cornide?
está moi ben organizada,
unhos van de fontaneiros
i outros van de pico e pala.

Outros irán de albaneis
i os que non saiban o oficio
terán que ir turnándose
pra lles ir dando o servicio.

Algún xa andivo dicindo:
Vailles resultar moi cara!
é-lles preferíbel bebela
do rego da "Regañada".

A xente que di iso
non está moi informada,
non sabe que nese rego
tiran moita porcallada.

É a traída ?do capricho?
por non querer razoar,
todos queren unirse
para non deixala pasar.

Deben estar todos unidos
pra non ter que lamentar,
que por culpa dunhos poucos
quede a traída sen formar.

O manancial de ?Cornide?
chegará tamén a escuela,
que se non é polo ?Lucío?
quedaba tamén sen ela.

Os da fonte da ?Carballeira?
se non é por dous ou tres,
case teñen que deixala
marchar prá San Andrés.

Sen ofender a naide
nin que lle pareza mal,
quen axudóu a tornala
foi Cristina ?do Barcal?.

Houbos de ?cuello duro?
que se puxeron a favor,
entón desa maneira
conseguírona mellor.

Tiveronse que molestar
e saber moi ben andar,
porque senon isa auga
queríanlle-la levar.

E deron moitas voltas
para podela legalizar,
e desque o consiguiron
puxéronse a traballar.

Trouxéron ó ?Previsor?
para subir o material,
e no segundo viaxe
rompeu a diferencial.

Ó velo ?carrito? roto
a ?Xan Díaz? foron buscar.
Só lles votou un día:
Tiña presa por marchar!.

Logo chamaron a Orlando
que lles chegou ó amencer,
pero na costa do ?Roxo?
tamén lle rompe un palier!.

Ao ollar que lle rompera
puxo o camión a bascular,
toda a pedra que levaba
alí lle la deixou quedar.

Todos tiñan moito apuro
porque querían fundir,
e foron chamar a ?Rexes?
prá que a viñese subir.

E quedaron sen cemento
prá escomezar a traballar.
Chaman a Ramón de "Claudio"
pra que lle lo fose levar.

Algún se queda sen auga
vai ter que tomar medidas;
por que ten alxibe e ten pozo
e máis ten dúas traídas.

O día quince de Febreiro
miudo remate fixéron,
ata as catro da mañán
moito ruido fixéron.

Abofé traballaron xuntos,
por fin téñena rematada.
Agora que Deus lles día
ben salú prá disfrutala.

Bernabel de Vilamor
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 01-04-2009 18:35
Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0