Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Refraneiro nº 13 |
|
63
No Ceo manda Deus
no inferno quen poida
e neste mundo dos homes
o que máis diñeiro teña.
|
|
|
|
A multa de Sixto |
|
O día dez de Setembro
según a min me contaron,
os motoristas a Sixto
unha multa lle votaron.
Foi o día dos Remedios,
un día moi sinalado,
e moi cerca da igresia
deixóu o coche aparcado.
Había tamén máis coches
dentro do reglamento,
pero o de Sixto non tiña
a luz de aparcamento.
Avisaron os da orquestra
que o puxese a alumear,
mais seguio entreteñido
falando cun familiar.
Colléronlle a matrícula
sen saber de quen era,
puxéronlle mil pesetas
e seguiron carretera.
Sisto andaba tan tranquilo
como se nada pasara,
non sabía que o multaran
polas luces apagadas.
Outro día pola mañá
os de Tráfico baixaban,
e na estación de servicio
taba o coche que multaran.
Perguntaron de quen era
como é cousa natural,
souperon que era de Sixto
a ollala cédula fiscal.
E votaron pra xunto dél
para expricarlle como fora:
-Pois que este era o teu coche
inda o soupemos agora!.
Dixo xa alporizado:
non me volve a pasar,
anque gaste a batería
héino poñer a alumear.
Pro tamén vos aseguro
que a multa héina desquitar,
e ata que a desempeñe
prá festa non volvo a dar.
A todos que tedes coche
mirái ben o que facedes,
que habedes pagala multa
se as luces non prendedes.
S. de Bernabel.
|
|
|
|
ANDRÉS GARCÍA DOURAL |
|
 Estreamos un novo apartado no blogue (DATOS BIOGRÁFICOS) ca ledicia que nos fai saber máis cousas do apelido e da familia Noriega. O artífice é o amabilísimo investigador ANDRÉS GARCÍA DOURAL, que se cruzou un día na nosa senda e como vedes, deléitanos desinteresadamente con traballos documentados que é un pracer ter ao noso alcance.
Dende eiquí o noso agradecemento por tan valiosa información de toda a familia Noriega.
Graciñas de todo corazón, Andrés. |
|
|
|
|
|
|
|
|