Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

MONTOUTO

¡Montouto!

¡Montouto!, montaña fría:
a auguiña que nela nace
¡que boas rapazas cría!
Comentarios (2) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 26-04-2008 11:32
Ligazón permanente a este artigo
O DEMO
Das millentas falcatrúas
que nos fán e que facemos,
¿A quen se lle vota a culpa
na miña parroquia?.

-O demo.

O demo apaga os candiles,
o demo queima os palleiros,
entra o demo nunha casa
i anda todo os catro ventos.
Non hai reparto de consumos
sin a intervención do demo.
El é o que mata i esfola
i o que revolve o concello.
El é o que me tenta a min
sempre que publico versos,
i as rapazas que están prá diante
tamén as tentou...

-O demo.
Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 26-04-2008 11:31
Ligazón permanente a este artigo
DO SAN JUAN DE ROMARIZ
Do San Juán de Romariz

......................................................

E si queda algún gallego
que non lle perdese o apego
á terra, será feliz
si sube conmigo a Infesta
pra oír o bombo na festa
do San Juán de Romariz.

¿Hai quen veña? ¡Vamos xa!,
que agora, pola mañá
cediño, moito se avanta;
brila unha estrela no ceio,
i entre o meu verde do centeio
o pazpallar ledo canta.

Ben madrugou quen fai lume;
vede ora: rastrexa o fume
sobre os lousados da aldea;
¡vamos!, sin medo ó camiño,
¡levo unha vota de viño,
que inda ha de estoupar de chea!.

Rapaces, ¡Dios nos axude!,
mal poden gozar saúde
tantos que quedan deitados,
nin sei de qué son señores
os que nunca ollan frores
destes montes orballados.

¡Aínda anque naceran cegos!:
pra ser com´algús vilegos,
é millor pedir cun fol...
Logre a nosa ialma a extraña
paz da solene montaña,
que xoto coroa o sol!.

Un goto, ¡meus camaradas!,
quero vervos coloradas
as meixelas. ¡Atruxade!,
que, cando así a xente berra,
coido que se erguen da terra
os petrucios doutra edade.

I eu, que tamén vou pra vello,
heivos de dar un consello,
máis que de amigo, de irmau:
é pró montañés un axe
que o que non viste o seu traxe
chegue coa moca na mau.

Para excusar filateiras,
deixádeas entre as silveiras,
i entraremos com´añiños;
eses lobos das carpazas,
si nos ventan malas trazas,
cómennos a bocadiños...

¡Xuicio!, que o demo argalla,
e canta menos baralla
gastedes, ¡mellor, sin duda!:
¡zorreade!, que ó que é zorro
lévano as mozas pró corro,
e Xudas lle presta axuda.

¿Érguese aire? ¡non tremer!,
Dio-lo manda pra varrer
a brétema que nos molla;
¡ei, pra riba, xuro a Baco!,
i o que non teña tabaco
que pique da miña folla.

.....................................................

¡Albízaras!, no cruceiro
do atrio, runfra o gaiteiro
tocando unha ribeirana,
i on rapaciño da aldea
chouta agarrado á cadea,
que baixa desde a campana.

A unha vella de cen anos
que entre un fato de peisanos
pasou prá misa, ¡hai que vela!:
leva dengue colorado
i on cirio repinicado,
feito de cera amarela.

Fresca i alcendida rosa
me parece a melindrosa
rapaza, que entra na igrexa
mirando ó disimulado
pró montañés, ben portado,
que tras do lume a cortexa.

Rexoubador, un morral
que precisaba aceal...
¡nunca ten os ollos quedos!,
i á moza, que ond´el non para,
bótalle a mau pola cara
e chucha despoi-los dedos.

O vello cura, home xusto,
chega cardando ó seu gusto
ó romeiro sin promesas,
que adoita subir ás cumes
para acexar as costumes,
non sanctas, das montañesas.

Ríe, i eu tamén me río:
os dous non damos un fío
dela polo que non sea
a fornada de mistura,
un traxe de moita dura,
i a gracia de Dios na aldea.

¡Tolo o que cobiza máis!;
lonxe da terra e dos pais
moito rebe e mal se apaña:
¿veu naide mellor tesouro
que a neve i as froles de ouro
con que se viste a montaña?.

¡Ai, dou ó demo o diñeiro,
si á sombra dun sabugueiro
oio as estrofas dos niños
e, ulindo ó celme da xesta,
pasan, bicándome a testa,
os queiroguentos airiños!.

¡Bah!, si os que non se ven fartos
de comenencias e cartos
pensan de levar a palma,
mal saben que nesta vida
non hai riqueza cumprida
e solo é importante a ialma.

¡Un foguete i on repique;
¡mozos!, deixade o palique
das carpazonas que eu canto,
e vamos moito de prisa,
que vai comenzar a misa
i aínda hai que tomar o santo.

.....................................................













Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 26-04-2008 11:30
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0