Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CANTAR POPULAR |
|
Cantar popular
As mozas de San Martiño1
olen ó toxo pisado;
vámonos indo pra baixo2
a esculcas do resalado.
_________________________
1 -San Martiño de Mondoñedo
2 -a Foz
|
|
|
|
PRÁ EXCUSAR BEN TRABALLOS |
|
PRÁ EXCUSAR BEN TRABALLOS...
Prá excusar ben traballos,
dobregarme debín máis que os vincallos
diante dos que aborrecen, ¡vil ralea!,
a quen libre a súa sangre ver desea;
pero ¡non!, meus destinos
parexos corren coa altivez dos pinos,
i o que ben cobicei, ben o deseio,
i a semente xa é flor, que amima o ceio...
|
|
|
|
FILLO DO CORAZON |
|
 Fillo do corazón..
Fillo do corazón, que nas meniñas
dos teus ollos levache os meus amores,
descansa eternamente sobre fores,
que eu non te hei de olvidar entre as espiñas.
Si as bágoas de túa mai i as bágoas miñas
non te rezusitaron... ¡xa n´acores!;
este mundo é o liñeiro das delores,
i o ceio ¡fíxoo Dios prás estreliñas!...
A Virxe te acobexe co seu manto
e, xa que é tan cativa a miña sorte
que no me valeu nada achousar tanto,
¡pide que a triste vida se me acorte!:
mellor quero ir parar ó campo santo,
que vivir recordando a túa morte.
|
|
|
|
|
|
|
|
|