Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Coplas lixeiras |
|
 O burro de "LOUSADA"
Vou-vos contar un caso
se queredes escoitalo;
é a historia dun burro
que morreu debelexado.
Un percance en Tiagonce
que é digno de lamentar,
morreulle o burro a ?Lousada?
e non o puido salvar.
Non morreu do mormo
nin morreu conxestionado,
foi, que tiña moitos anos
é estaba debelexado.
Un día pola mañá
Filomena iba ceibalo,
e chamóu por Siviriano:
-O burro está moi malo!
Traen o vitirinario
que lles dixo ó chegar:
-Ta moi debelexado,
logo se vai finar!
A ouvir a resposta
Filomeniña choraba.
E naquel mesmo intre
o burro xa se finaba.
Foi Siviriano á canteira
en busca dunha pa,
prá enterralo entre os escombros
por non facerlle unha furada.
Pró Eugenio xa lle dixo:
Alá non vamos buscalo,
traimo prá aqui como poidas
bástanos ben enterrralo.
Estiveron cavilando
como habían de amañar.
Foron chamar a ?Murallas?
pra que lle lo fose levar.
Colleu o carro do macho
foino tirar á canteira,
e Javier e máis ?Pelé?
dixeron desta maneira:
-O burro non é moi novo,
pró é lástima enterralo,
se lle sacamos a pel
é mellor aproveitalo.
Nisto Eugenio xa lles di:
Ha de ser prós da canteira
tamén prós da estrada
e tamén prós da louseira!
Ó ovilo o palista
xa escomezóu a protestar:
-Se partimos entre os da empresa
a pouco nos vai tocar!
Tamén dixo Maximino:
-Agora prá cociñalo,
a vir a miña muller
e máis a de meu cuñado.
Xuntáronse os da empresa
prá comer a merendada,
Aurelia e Maribel
fixéron a churrascada.
Os veciños de Tiagonce
todos foron protestar
por lles levaren o burro
e sen podelo probar.
Aquí se acaba a historia
deste dichoso xumento,
que morreu necesitado
con todo o coñecemento.
Bernabel
|
|
|
|
|
|
|
|
|