Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Foufeiro |
|
 Prá que poidan escoitar
silencio pido primeiro,
prá lles contar a historia
do pollino do Foufeiro.
Un día ás seis da mañá
cando o asilado marchaba,
foi ollar o pollino
porqué non se levantaba.
Chamóu o vitirinario
e deseguida llo miróu,
díxolle que ía morrer
e xa non lle recetóu.
De alí a media hora
o burro taba finado,
chamóu a ?Celeirao?
prá que fose enterralo.
Ollando no pollino morto
a Ramiro foron chamar,
prá que viñese repartilo
que o ían aproveitar.
Ramiro replicoulles:
Xa está inyetado,
chamade a Xan do Lamelo
que é o máis acostumado!
Dille a ?Pequeniña?:
Entre os dous logo acabades.
Non ha ser pró barrio todo,
que ha ser só prás amizades!.
Quedarémonos co a mitade
xa que eu son moi prudente,
pois come aquí moitas veces
tamén o meu pretendente.
Ao que Ramiro lle contestou:
A que máis pode un chegar?.
Tanto como presumía
non sei onde a dir parar!.
Hai cousas que non se creen,
xa me quedei aturdido.
E mellor non falar disto
e atender a repartilo.
-A mín dádeme un lacón!
dixo ?Ramón do Canteiro?
desde xa fai moito tempo
teño amistá co ?Foufeiro?.
O outro lacón do burro
é prós dous repartidores,
a Ramiro por inyetalo
déronlle o rabo a maiores.
A ?Vitor da Valadoura?
que veu axudar a amarralo,
darémoslle as ferraduras
porque xa está xubilado.
A pel a ser prá ?Güarnicas?
porque xa veu encargala,
quer facerlle ó asilado
unha albarda, e cabezada.
O probe de ?Celeirao?
quedóuse o home cortado,
porque non lle deron nada
e máis veu enterralo.
Chegou ?María de Cora?:
-A min dádeme a vexiga
que teño a Paco enfermo
prá darlle unha lavativa.
Aquí se acaba a historia
deste xumento exemplar,
como morreu de repente
non se puido confesar.
Lixeiras de Bernabel |
|
|
|
Copla lixeira de Bernabel |
|
 CON MALA SORTE
Atención lles pido señores
un momento por favor
para lles poder expricar
este cadro de moita dor.
Pasóu isto en Vilanova
que é digno de lamentar,
un pollino que morreu
e non se puido salvar.
O amo foi á Arxentina
e tamén a súa muller,
o fillo foi o encargado
de ire dándolle de comer.
Pero tivo a mala sorte:
-...tan traballador como era!.
Que o foi abandoando
por andar de borrachera.
O burro debelexado
de xionllos se tiraba,
pidindo -de corazón-
que a morte o levara.
Cando se deu de conta
que xa non se levantaba,
chamou polo vitirinario
haber que lle recetaba.
Don Carlos miróullo ben
e díxolle no momento:
o burro vaise finar
e sen tardar moito tempo.
Chamade o tratante
que volo veña mercar,
e senon quére compralo
podédesllo agasallar.
Cando chegóu o tratante
que traguía a cabezada,
xa pillou ós peisanos
facéndolle a furada.
Pra sofrir o que sufriu
dixo o tratante sentido:
Inda se foi conservando
que che vai ben coñecido!
Feito con moito secreto
mandárono sen campanas,
prá que naide se enterase
de todas estas macanas.
E dende que se soupo
trataron de repartilo:
-só ha ser prós taberneiros!
dixo o amo tan tranquilo.
Enteróuse Maximino
e xa chegóu o primeiro,
púxose a repartilo
-parecía un carniceiro-.
?Xanciño de Paulo? que
deseguida se enteróu,
na casa mortuoria
co trator se presentóu.
-As raciós deste xumento
todas as hei de carrexar,
e como somos bos amigos
tampouco nas hei cobrar.
A ?Paco de Cabaleiros?
por ser un home formal,
hímoslle dar un pedazo
por xunto ao atafal.
Un xamón é prá Rego
que xa o veu encargar,
enteróuse por Don Carlos
que o burro se iba finar.
Tamén dixo Maximino:
-as orellas son prá ?Nico?,
como xa está xubilado
...que faiga un abanico!.
Á cantina do ?Recreo?
as costelas han de mandar,
e ós obreiros do ?Banco?
tamén han de participar.
A Xerardo e máis a ?Cartas?
hímoslles dar un lacón,
a cabeza ha de ser prá ?Miche?
pró ?Rufino? o corazón.
E a ?Pepe de David?
prá que non quede sen nada,
hímoslle dar os miudos
prá facer unha empanada.
Prá ?Galaxia? e máis pró ?Calvo?
irá un solomillo,
que o repartan con Manuel
e co ?Ché do Ventorrillo?.
O outro xamón do burro
a Rexina llo levaron,
e aquel día os pousadoiros
todos xuntos celebraron.
Tamén o outro lacón
?Foufeiro? teráeo que levar,
anque non che ten taberna:
...podemos aparentar!.
Alguns dos taberneiros
parece que protestaron,
porque a Rego e a Rexina
os dous xamós mandaron.
Como teñen comensales
teremos que razoar,
se repartimos entre todos
a pouco nos pode tocar.
Asi rematou o burro:
-...co servicio cumprido!.
Maximino tivo a culpa
senon está ben repartido.
|
|
|
|
Coplas lixeiras |
|
 Vicente "O Taberneiro"
Se queren saber señores
o que en Pedrido pasóu,
é que Vicente ?O taberneiro?
unha burra compróu.
O señor que lla vendeu
de leda forma lle falaba:
Ten cuidado coa pollina
porque vai embarazada!
Vicente viña moi contento.
E nada mais que chegóu
meteu a burra na corte
e a muller llo contóu.
Ramona mantiña nela
sen deixala de apiensar,
prá que trouxése un xumento
que fose un bo exemplar.
Da data que lle puxeron
trece meses transcurriron,
mira que mira prá burra
pero nada che lle viron.
Ramona despois de días
a Vicente o foi chamar,
para que a apalpase
porque escomezaba a ubrar
Ó que Vicente contestóulle:
de dudas te vóu sacar
avisarei a Atilano
e que no la veña mirar.
Chamaron o especialista
prá saber se era preñada,
pró xa según a víu
díxolles que non estaba.
Ramona preguntóulle:
-E logo por que aubraba?
E Atilano contestóulle:
-É porque no celo andaba!
Só pasaron tres días
que Atilano a fora mirar,
encontrárona parida
cun formoso exemplar.
Pero, con tan mala sorte
non o puideron salvar,
pois de alí a poucas horas
xa paróu de respirar.
Non lle morreu de desgracia
nin morreu de conxestión,
foi por falta de alimento
por non darlle o biberón.
Chegóu seu cuñado Xulio
prá lle axudar a enterralo,
pero Ramona e Vicente
trataron de aproveitalo.
Xulio fíxolle as raciós
e Vicente que é tranquilo,
a todos os do seu ramo
no coche foi repartilo.
E non quero ofender a naide
nin que lles pareza mal,
un señor de Mondoñedo
foi o meu corresponsal.
Aquí termina o relato
de este probiño exemplar,
que morreu necesitado
por non lle dar de mamar.
Bernabel |
|
|
|
|
|
|
|
|