Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Coplas lixeiras de Bernabel |
|
 DOUS XATOS BRAVOS
Isto que vos vou contar
non pensedes que é mentira,
ó que mo contóu a min
créo-llo como se o vira.
Tróuxo Fernando do Licho
do monte dous xatos bravos,
do que lle pasóu con iles
xa estaredes enterados.
Asegún chegaron con iles
á corte os foi levar,
e ás súas amizades
íalle-los ensinar.
De estar na corte metidos
non nos debe de estrañar;
que ó chegar os visitantes
tratasen de se escapar.
Sempre todo confiado
os xatos ía ensinar,
salían un detrás de outro
e, ...lograron escapar.
Ó se ollaren asustados
saíron con moito brío,
brincaron unha parede,
...os dous caeron no río!.
Dúas ducias de veciños
de seguida alí chegaron,
no medio das duas pontes
alí os acorralaron.
Coa axuda de tanta xente,
un, puideron amarralo,
o outro marchou pró monte
e non se deu atopado.
¡Vaite con Deus!, dixo ?Licho?:
Non me volve a pasar,
a culpa foi miña
por irlle-lo a ensinar.
Formouse a montería
todos especializados,
unhos ían a cabalo
e outros motorizados.
Por fin, lograron collelo
gracias ós cas do ?Truán?,
que son espertos cazadores,
de raza ?pastor alemán?.
¡Nunca tal pensei ver!
-dixo a muller de Fernando.
Prá comprar istes xumentos,
¿en que estarías pensando?.
E os dous animaliños
viñeran de importación,
a ?San Lázaro? chegaran
os dous no mesmo vagón.
Así lles foi a aventura
de este par de sementales.
Segundo e mailo ?Rochudo?
foron os corresponsales.
|
|
|
|
Aldeiña de Vilamor |
|
 (Á miña dona)
Aldeiña, aldeiña,
aldeiña de Vilamor,
tesouro da terriña
berciño do `meu amor´.
Pepe Noriega
Mondañedo, primaveira do 2009
(Santa María de Vilamor berce de anterga nobreza) |
|
|
|
O macho dos `Piegos´ |
|
 ?Os Piegos? tiñan un macho
que de vello e aburrido,
tívo-se que suicidar
por non darlle o retiro.
Un día pola mañán
prá ?Silvaiana? marcharon,
con outro de corenta anos
que a Crisanto lle mercaron.
E Crisanto xa lles dixo:
Eu non vos quero enganar,
...o macho ten moitos anos
que eu compreino prá matar.
-¡Como coste pouco ?ferro?
val de calquera maneira,
porque se morre de vello
non a faltar quen o queira!.
Ó cabo dos tres meses
o macho non aguantaba,
chamaron o vitirinario
prá haber que lle pasaba.
Ollouno de diante á atrás
por certo, moi ben ollado,
o único que lle notou
que está moi debelexado.
Estivo dado de ?baixa?
quince días, máis ou menos.
Dixéronlle ó vitirinario:
-¡...Melloría non lle vemos!.
Antes de lle dar ?a alta?
terei que volver a ollalo,
e dareivos un ?volante?
prá levalo a outro lado.
Ollouno un especialista
pero non llencontrou nada.
-¡Héche que lle sobran anos,
...e fáltache-lle cebada!.
E sen teren ?a alta?
con él seguen traballando.
O animal pouco a pouco
¡...claro!, vaise ?entregando?.
Os obreiros da ?Hermida?
todos llo foron pedir,
e ó ver que taba tan fraque
non o quixeron repartir.
Os mecánicos de ?Dalber?
tiñan recomendación,
o ?Catuxo? e máis ?Cabanas?
consiguiron un xamón.
Os amos tamén dixeron:
-Queremos participar,
mentras que fostes buscalo
perdestes de traballar.
Ó que ?Cabanas? replicou:
Non vai chegar o xamón
por gardarlle un pedazo
ó noso amigo ?Pichón?.
Chamaron ós carniceiros
se o querían vir buscar,
e mandaron ó ?Lindego?
que o fose despedazar.
Como saía barato
Luis foi o primeiro,
Enrique chegou segundo
e ?California? o terceiro.
(Luis, Enrique e California son carniceiros)
Por: Suso de Bernabel |
|
|
|
|
|
|
|
|