Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Coplas lixeiras

O CAN SECUESTRADO

Pois tamén coa democracia
vemos cousas anormales,
escomezan a entrar en xogo
certa crase de animales.

Veciños de ?Vilanova?
mirai ben o que facedes,
ollade de gardar os cás
senon quedades sen eles.

O vintenove de Xuño
foi un día sinalado,
pois secuestraron un can
e non o deron atopado.

Sairon en busca del
pola parte da ?Mariña?,
andiveron de porta en porta
preguntando por ?Maíña?.

Rastrearon todo ?Celeiro?
por tódalas esquinas,
e díxolles ?Sivirino?
que marchara prás ?Karinas?.

¡Olla onde foi meterse!
dixo con mágoa a ama,
gústanlle tanto as mulleres
que vai lam... á cama.

Foi pasando tanto tempo
que xa tardaba en chegar,
ó que todos xa pensaban
que o deberan de secuestrar.

Botábanlle toda a culpa,
de perder o paradeiro,
a ?Manolo de Varela?
e a Rosendo, ?O Panadeiro?.

Culpados inxustamente
como despois se comprobóu
pois o quince de Agosto
unha mensaxe del chegóu:

-Ollade a quén culpades
do secuestro do animal,
que ?Maíña? está en Ferrol
nunha viaxe oficial!.

Pideuse a extradición
por medio da embaixada,
e o día dezasete
?Maíña? na casa estaba.

Deste tan largo viaxe
o pobre chegóu cansado,
destoncias marchóu prá cama
como tiña acostumado.

Corenta e nove días
votamos preocupados,
aínda que máis estarían
os que foron mal culpados.

Esta é a historia de ?Maiña?,
un can moi afertunado,
que corenta e nove días
tivo en Ferrol secuestrado.

Así rematou señores
un secuestro verdadeiro;
antes de culpar a naide
hai que enterarse primeiro.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 15-03-2009 22:19
Ligazón permanente a este artigo
Coplas de Bernabel

P´ATRÁS

Se queren e poden escoitar
atención lles pido señores,
o que pasóu con ?P´atrás?
a unhos cuantos cazadores.

Un Domingo pola tarde
da semana que pasóu
con dous francotiradores
así a cousa escomezóu.

Demetrio tiña un cadelo
que o probe taba pelando,
cando viñan os cazadores
sempre andaban protestando.

Como van comer alí
deixan os cás amarrados,
tiñan medo que ?P´atrás?
fose mentras infestalos.

Ó que Demetrio lles dixo:
¡Non vos privo de matalo,
non quero que sufra moito,
e que vaia Xorxe enterralo!

Colleron as repetidoras
Gumersindo e máis Ramiro,
e alí na volta ?da Noria?
xa lle pegaron un tiro.

Armaron tal tiroteo
que ós veciños asustaron,
prá poder matalo can,
once tiros lle pegaron.

Viña Ramiro moi serio:
-Foi moi malo de matar,
gracias as repetidoras
prá lle poder apuntar!.

Entre todos acordaron
que non fosen enterralo,
prá lle sacaren a pel
e despois aproveitalo.

Se o comemos pouco a pouco,
ha de sabernos mellor,
deixámolo con Demetrio
que o meta no conxelador.

Pero Isidro e máis Javier
deseguida protestaron,
como van comer á casa
as súas raciós levaron.

Moita xente quer saber
quen son os oito famosos,
que os Domingos todos xuntos
van a caza dos raposos.

Gumersindo e máis ?Fifino?,
Suso, (o xenro de ?Falcón?),
Ramiro, Isidro e Javier,
?Bernabel? e máis ?Marrón?.

Velaquí remata a historia
destes bravos cazadores;
anque non apuntan moi ben
prá comer nos hai mellores.
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 15-03-2009 22:17
Ligazón permanente a este artigo
Coplas lixeiras

DONISIO

¿Queren saber señores
o que en ?Guillade? pasóu,
con dous burros dos xitanos
que Donisio lles mercou?

Chegou á casa cansado
de tanto tirar por eles.
Dixo seu pai, todo teixo:
da noxo mirar prá eles!

¿A onde fuche mercalos?.
¿E o diñeiro que empregache?.
¡Ó comprar estas morrallas
pouca cousa gañache!

Despois de oilo rañar
Donisio non lle replicou,
agarrou os dous pollinos
e con eles se marchou.

Naquel mesmo intre que
?Pedro de Toño? baixaba,
a ollalo tan teimoso
preguntoulle que pasaba.

-Comprei istes dous xumentos
e meu pai nos quer na casa,
¿Alúgasme iste caseto?.
¡...Haber si o xenio lle pasa!

-Ti cando merques morrallas
dígoche de corazón:
-Aqui tés o meu bodego
a túa disposición.

Donisio quedou contento
porque tivo onde agochalos,
senon é Pedro de Toño
tiña que agasallalos.

Tivos alí catro meses
mantidos a pienso e herba;
acabaron por deixarlle
tres mil pesetas de perda.

Parez mentira nel!.
Ser tratante tantos anos
e ?picar? desa maneira
cos pollinos dos xitanos.

Vexan eiquí señores
o que é non desconfiar.
Donisio cos xitanos
xa non voltará a tratar.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 15-03-2009 09:23
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0