Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Coplas lixeiras

ASILO DA LANDEIRA(Caradeixada 2ª parte)

Se queredes enterarvos
da segunda parte da cabra,
xa sabedes pola primeira
onde quedóu asilada.

Ó chegar a ?embaixadora?
procedente de Madrí,
encontrouse co suceso
e dixo: -¿Qué pasa aquí?.

Contáronlle a aventura
e despois de ben enterada,
solicitou a extradición
por mediación da embaixada.

Ó chegaren os papeis
á mesa do Presidente,
a que se devolvera a cabra
negóuse rotundamente.

Ó chegarlle a resposta
tanto mal lle pareceu,
que se declarou en guerra
e desta forma procedeu.

Xuntóu unha compañía
de francotiradores,
pra dar unha batida
por aqueles arredores.

Esta brava compañía
por un sarxento mandada,
bregóu noite e día
e non puido facer nada.


Estes nobres cazadores
como xa dixen son bravos,
á vista do resultado
non quedan desanimados.

Dan outra batida
xa máis adestrados,
e por fin ven a cabra
comendo nunhos nabos.

O cazador máis antigo
prepara a gran ofensiva,
dominando as posicións
que rodeaban á chiva.

Armóuse tal tiroteo
tirando todos a un tempo,
que a cabra deuse a fuga
pola posta do sarxento.

Persíguena moi de cerca
ata cruzar a fronteira,
pero non poden entrar
nos tarreos da ?Landeira?.

Alí encontrase segura
non fallan as matemáticas,
sabe que un día romperonse
as relaciós diplomáticas.

O tribunal que a xuzgóu
escribíulle dende o asilo,
porque a condenóu a morte
e non puido conseguilo.

Tamén mandaba saúdos
ó equipo de cazadores,
dixo que desque é cabra
non vira outros mellores.

Esta é a segunda parte
non creo que haxa terceira,
porque se queda prá sempre
no asilo da ?Landeira?.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 17-03-2009 11:49
Ligazón permanente a este artigo
Coplas lixeiras

CARA DEIXADA

Este caso que vos conto
pasóulle a ?Cara Deixada?,
prá pasar o ?Conde Santo?
no macho, trouxo unha cabra.

Era unha cabra de verdá.
Basta que veu importada,
nunha xaula de barrotes
dende os montes de ?Labrada?.

No galiñeiro de Manolo,
que parece un edificio,
foi onde esperóu á cabra
o día do gran xuicio.

Ó verse alí presa
sen poder carqueixar,
buscóu dende o cautiverio
a forma de se fugar.

O venres vintecinco
a ?Félix? foron avisar,
que afilara a ferramenta
prá ila sacrificar.

Coa ferramenta a punto
chega ?Félix de Xamón?,
Manolo tróugolle a cabra
prendida por un cordón.

Pégalle un tirón forte
...e Manolo descoidado!.
Deixao co cordón na mau
...e vaise ensinando o rabo!.

Escomeza a berrar Manolo
(cousa que sabe facer),
chamando polos veciños
que lla axuden a coller.

Duas ducias de persoas
no momento alí chegaron,
e a ?cabra fuxitiva?
contra o río a acurralaron.

Con risco pra súa vida,
a cabra tiróuse ó río,
e cruzóu prá ?Villapol?
burlando aquel desafío.

Pró, o intrépido Manolo
decidido cen por cen,
ó ver que se iba a cabra
cruzóu o río él tamén.

Todo barrio de ?Villapol?
cruzaron nunha galopada.
El, votando xuramentos,
non perdía de vista a cabra.

Pasaron pola ?Cazolga?
foron á ?Mina? e ó ?Vilar?,
e nos montes de ?Pousada?
foi onde a deixóu quedar.

Alí rematou o día
o home moi cansado:
-Prá seguir tanto a unha chiva
fai falla tar adestrado!.

Ó outro día co can e a carabina,
e duas caixas de cartuchos
que lle deixara seu padriño
cando marchóu para a Arxentina.

Cando chega ó monte
olla a cabra deitada,
da carreira que levara
parecía estar cansada.

Manolo a ollala deitada
como é ?bo cazador?,
vaise detrás do silveiro
prá asegurar o tiro mellor.

A dous metros de distancia
chega con moito coidado,
céivalle o primeiro tiro
que saíulle moi desviado.

A ouvir o fogonazo
ergueu-se a cabra asustada,
quedándose un intre
ollando a ?Cara Deixada?.

Él, ao ollala tan queda
rápido igual que o vento,
cargou outro cartucho
...disparóulle os dous a un tempo!.

Así se lle foi o día
de tirada en tirada.
Gastóu cincuenta cartuchos
sen poder mata-la cabra.

Despois de tanto disparo
foi cando se deu de conta:
-Isto é culpa dos cartuchos
que son do ano cuarenta!.

Tamén se deu conta a cabra
que non debía de andar por fora,
e pidíu asilo político
na casa de ?Eloi de Cora?.

Así foi indo ?Cara Deixada?,
sufrindo..., e pasando tanto,
que ata pasóu sen cabra
o día do ?Conde Santo?.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 17-03-2009 10:34
Ligazón permanente a este artigo
Coplas lixeiras

O CAN DE ?GOIOS?

Contaréivos un caso
que pasóu na Ferrería,
o can de ?Antoño de Goios?
levóu unha morte fría.

Como asomaba o tempo
que o tiña que vacunar
chamóu a ?Manolo da Rega?
prá que llo fose matar.

Manuela chegóu á ?Rega?
pola mañá ó mencer:
Tés que ir matarme o can
que me quería roer!.

Manolo colleu a escopeta
o home todo apurado,
e o can según o víu
escomezou a dar o rabo.

-¡Tí non tes máis que matalo!.
Manuela así lle esplicaba:
-Cando veña o noso Antoño
ha facerlle unha furada.

-Tí non te poñas nervioso
á hora de disparar,
o can ta ben amarrado
e non se pode soltar.

Acercóuse catro metros
prá lle dar no corazón
pero co primeiro tiro
foille dar nun xamón.

O can berraba de morte
pero naquel mesmo instante
sóltalle outro tiro
e rómpelle un pé de diante.

Volve a cargar a escopeta
Manolo todo apurado
e co terceiro tiro
deixa o can arrolado.

Marchóu prá casa tranquilo
pensando que xa o matara,
antes de chegar a casa
xa o can se levantara.

Cando veu o noso Antoño
deulle a morte segura,
ó momento de matalo
levóuno para sepultura.

Manuela chora de pena
cando se pon a contalo,
por dicir que iba roela
e foi por non vacunalo.

Aquí se acaba a historia
deste cazador famoso,
un caso moi parecido
xa lle pasóu cun raposo.

O que se queira enterar
de todo isto que pasóu,
que lle pregunte a Benito
que foi o que mo contóu.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 16-03-2009 18:29
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0