Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Alumaradas de Bernabel
Ó PARO POR PARADO

¡Onde imos a parar!
escoitaime se queredes,
antes mandaban os homes
agora mandan as mulleres.

Según polo que vóu vendo
isto non tá prá bromas,
cando menos o esperaba
despediron a Zafrañolas.

¡Claro que non estivo mal!
eu tamén o vexo claro,
cando un home non traballa
hai que metelo no paro.

Según din, O Cañita
interviníu no despido,
cousa que está moi mal
por ser do mesmo partido.

Creo que siguíu os pasos
da súa antiga compañeira,
que cansada de esperar
fixo da mesma maneira.

Bodega chora coa pena
porque está namorado,
sinte moito que se case
cun home tan acabado.

Por iso lle da consellos
porque na quer ver sufrir:
-¿A onde vas con ese home
que non fai máis que dormir?.


O Cañita como é tan listo
foi pedirlle matrimonio,
¡probe home!, se non cambia...
acaba no manicomio.

Cando se enteróu Fifino
pareceulle moito mal,
se lle levan a criada
xa non pode ir ó xornal.

Por iso lle dixo a ela:
¡Debes pensalo primeiro,
mira que vida se tran
como os bois dun carreteiro!

O Pepe díxolle o Cañi:
¡Mira ben ó que te agarras,
esa mula tirar tira
pró tamén tira patadas!

Ela tivo pouca sorte
tampouco a merecía,
por andar con dous a un tempo
un de noite, outro de día.

Prá Cañita val igual
porque a quer prá traballar,
como quén compra unha mula
prá podela aparellar.

Prá íl o demáis non conta
porque está acostumado,
a facer igual que o mono
que na xaula ta cerrado.

S. de Bernabel.
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 07-03-2008 22:59
Ligazón permanente a este artigo
Alumaradas de Bernabel
TESTAMENTO OLÓGRAFO

Con escaso xuicio
fago testamento,
véndome que morro
por agotamento.

-¡Xa non hai remedio!
dixo o vitirinario
prá este xumento
tan abandoado.

O que me atendía
foi ver os mundiales
e deste abandono
veñen estes males.

Pois cando volveron
da luna de miel
sóio tiña os osos
tapados coa piel.

Eu non me estrañaba
de estar mal cuidado,
levaba moito tempo
arreglando o peinado.

Tamén recoñezo
que o meu compañeiro,
tén que andar nas festas
porque está solteiro.

E por estas causas
vóume prá furada,
por moito traballo
e pouca cebada.

Deixo este mundo
sen ningún rencor
e déixolle todo
ao meu sucesor.

Morro mal cuidado
con todo o sentido,
sen forza nas pernas
e na corte metido.

Trinta e cinco anos
tiven de servicio,
sen causarlle o amo
ningún prexuicio.

Repartía pienso,
carrexaba herba,
e iba contento
camiño da Rega.

E naquela ponte
onde STOP facián
ben cousas galanas
alí se decían.

Pero un mal día
non sei que pasóu,
que naquel viaxe
naide me paróu.

O pasar a ponte
naide dixo: ¡Sóoo...!
porque se acabara
o ditoso STOP.

Vin ó amo triste
despois de pasar,
e aquela tristura
fíxome chorar.

E véxome agora
o fin acabado,
sen terme de pé
na corte tirado.

Deixo canto teño
ó meu sucesor,
desde a cabezada
ata o sudador.

Pídobos perdón
por este relato,
e ó meu sucesor
por este legato.

S. de Bernabel.
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 07-03-2008 20:45
Ligazón permanente a este artigo
Alumaradas de Bernabel
OS TABERNEIROS DE MASMA

O sábado fun a Masma
e cando cheguei a Retorta
vin as tabernas pechadas
e a xente diante a porta.

Estaban aborrecidos
dicindo unhos a outros:
¡Estes tan ben unidos
non fan coma nosoutros!

Como son tan proveitosos
queren atendelo todo,
deixan as portas pechadas
e marchan pró San Bartolo.

¡Home deberan turnarse!
sen facer esta labor,
eisí coa clientela
quedaban moito mellor.

Se Marquide fora máis cerca
habían desenganarse,
que eso de pechar as portas
logo había de acabarse.

Non lles volve a pasar
o de deixar todo pechado,
porque senon os clientes
han marchar prá outro lado.

Tivemos diante a porta
ata que nos deu a gana,
unhos foron prá Marquide
e otros foron prá casa.


Dixo un peisano ó chegar:
¡Deben de ir no inferno,
aló na veira do mar
tiñan que estar todo o inverno!

E os veciños da Retorta
debéranos de avisar,
senon cando haxa festa
han de volver a marchar.

Xa sei que os taberneiros
deben de estar unidos,
que sempre gañarán máis
ca se estiveran reñidos.

Pois tamén algún cliente
escomenzóu a razoar:
-Como son poucas veces
debémoslles de perdoar.

Tamén hai que darse conta
que nas noites de xiada,
aguantan a clientela
e o mellor sen gañar nada.

Na parroquia están contentos
con estes tres taberneiros,
sólo teñen unha falta:
que son algo festexeiros!.

S. de Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 06-03-2008 16:55
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0